Portal:A Coruña
Artigo destacado
O Deportivo da Coruña, que ten por nome oficial Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D., e que tamén se coñece popularmente como Deportivo ou Dépor, é un club de fútbol galego fundado no 1906 na cidade da Coruña. Actualmente xoga na Primeira División, logo de ascender na tempada 2013–14. Con todo, xogou 21 das últimas 23 tempadas en Primeira División, 20 delas consecutivas (1991-2011) e 16 delas entre os 10 primeiros clasificados.
Historicamente, o Deportivo da Coruña tivo dúas épocas de maior éxito: Unha entre 1992 e 1996, co popularmente chamado "Superdépor", onde gaña unha Copa do Rei, e unha Supercopa de España, e outra entre 1999 e 2004, co "Eurodépor". En total, o club ten no seu haber unha Liga, dúas copas do Rei e tres Supercopas de España como máximos logros nacionais, e unha clasificación á semifinal da Recopa de Europa e outra á da Liga de Campións como éxitos internacionais. Logo de 42 temporadas en Primeira, o club ocupa o posto 11º na Clasificación histórica da Primeira división española, sendo o primeiro equipo galego neste ránking. Ademais é o 9º equipo en número de afeccionados en España (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007. Mantén historicamente unha gran rivalidade co Celta de Vigo, chamándose os partidos entre eles Derbis galegos. Lugar de interese
O Monte de San Pedro é un lugar da parroquia de Visma no concello da Coruña. Dende 1933 albergou unha batería de costa do exército, pero tralo abandono da mesma en 1996, o lugar foi convertido nun parque, aínda que se conservaron moitos elementos da antiga instalación militar, coma os canóns, algúns deles antiaéreos. Pódese acceder ao parque mediante un ascensor panorámico.
No monte de San Pedro existe unha duna fósil de 28 000 anos de antigüidade, e separadas do monte por unha canle de apenas 1 km atópanse as illas de San Pedro. O parque ten unha superficie de 78 339 m2 e foi inaugurado 1999 sobre a antiga área militar inaugurouse en 1999 un parque de 78 339 m2. No parque hai un estanque de parrulos, un labirinto vexetal e o Centro de Interpretación da batería. A Cúpula Atlántica é un miradoiro de 360º cuberto, inaugurado en 2010, localizado sobre un antigo depósito de auga. Imaxe destacada
Categorías
Biografía destacada
Francisca Herrera Garrido, nada na Coruña o 6 de marzo de 1869 e finada o 4 de novembro de 1950, foi unha escritora galega, primeira muller elixida académica na Real Academia Galega. En 1987 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Herrera Garrido naceu na rúa do Príncipe no seo dunha familia da alta burguesía coruñesa, vivindo na súa cidade natal até agosto de 1909, cando marchou cunha irmá a Madrid, volvendo no verán e no nadal a Galicia, concretamente a Oleiros, ata que no transcurso da guerra civil española volveu definitivamente á Coruña. Alumna e amiga de Rosalía de Castro, foi unha escritora autodidacta aínda que segue o estilo literario daquela. Escribiu case toda a súa obra en galego, así como algunhas novelas en castelán, cunha temática céntrada no ruralismo, a muller como nai, e a renuncia feminina. A súa obra amosa unha gran riqueza lingüística, cun galego rico e coidado. O 4 de marzo de 1945 foi nomeada membro numerario da RAG, ocupando o lugar de Lisardo Rodríguez Barreiro, porén non chegou a ler o seu discurso de ingreso. Sabías que...?
Este mes
Cita destacada
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|