Eusebio da Guarda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1825 A Coruña, España |
Morte | 20 de marzo de 1897 (71/72 anos) A Coruña, España |
Lugar de sepultura | igrexa de Santo André da Coruña |
Actividade | |
Ocupación | empresario, filántropo |
Descrito pola fonte | Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada Dicionario biográfico de Galicia Enciclopedia Galega Universal |
Eusebio da Guarda González, nado na Coruña en 1825 e finado na mesma cidade o 20 de marzo de 1897, foi un empresario e filántropo galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo dun zapateiro portugués chamado Gonzalo da Guarda e dunha coruñesa chamada Lorenza González, formouse como piloto e ingresou na mariña mercante. Traballou co armador de orixe cubana Juan Menéndez Fuertes[1] e acadou para A Coruña a representación dos vapores de Antonio López e da Compañía Transatlántica Española.
Menéndez finou en 1852 e dous anos despois da Guarda casou coa súa viúva, Modesta Goicouría Cabrera, once anos máis vella ca el.[1] Xunto con ela reuniu unha gran fortuna que empregou na construción de grandes edificios. Construíu o Instituto de Segunda Ensinanza, as Escolas da Guarda e o mercado da praza de Lugo. Realizou a reconstrución da igrexa de Santo André, propiedade do gremio de mareantes (cos que mantivo un preito de nove anos) coa condición de que el e a súa dona fosen enterrados nela.[2] A igrexa é unha capela castrense dende 1937.[2]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Modesta Goucouría, que anteriormente estivera casada co seu socio Juan Menéndez Fuertes.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Retrato de Eusebio da Guarda (1896) por Gumersindo Pardo Reguera.
-
Monumento a Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra, A Coruña.
-
CEIP Eusebio da Guarda na praza de Pontevedra, A Coruña.
-
Igrexa de Santo André.
-
Eusebio da Guarda na portada de El Duende, poucas semanas antes do seu pasamento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Eusebio da Guarda, el benefactor de la ciudad". El Ideal Gallego (en castelán). 17 de maio de 2015. Consultado o 6 de decembro de 2015.
- ↑ 2,0 2,1 "De capilla para pescadores a templo de los militares". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de novembro de 2004. Consultado o 6 de decembro de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eusebio da Guarda |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Guarda González, Eusebio da". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 187.
- "Guarda González, Eusebio da". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Alonso Álvarez, Luis (7/6/2024). "A propósito de Eusebio da Guarda e o tráfico de escravizados na Galicia do século XIX". Praza Pública.
- Curros Enríquez (1911). "Eusebio da Guarda" pp. 253-256. Hijos ilustres de Galicia. Obras Completas v. IV. Madrid. Hernando (en castelán).
- Meijide Pardo, Antonio (1991). Eusebio da Guarda y el Instituto de 2ª enseñanza de La Coruña. La Voz de Galicia. ISBN 84-85287-84-3 (en castelán).
- Vilanova, Alberto; et al. (2005). "Guarda González, Eusebio da". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.