Portal:Hóckey sobre xeo
Artigo destacado
O Hockey Club Lev Poprad, máis coñecido como Lev Poprad, foi un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Poprad (Eslovaquia) que competiu na División Bobrov da Kontinental Hockey League (KHL) durante a tempada 2011-12, para posteriormente disolverse e refundarse en Praga (República Checa) como HC Lev Praha en 2012. O Lev Poprad xogaba os seus partidos como local no Zimný štadión mesta Poprad, un pavillón con capacidade para 4 500 persoas. Na única tempada que o equipo eslovaco xogou na KHL non conseguiu a clasificación para os play-offs, finalizando na última posición da súa división e sendo o 21º clasificado ao final da liga cun total de 54 puntos noutros tantos partidos.
O eslovaco Ľuboš Bartečko foi o capitán do equipo e o máximo puntuador do equipo, metres que o checo Tomáš Netík foi o máximo goleador e o tamén eslovaco Juraj Mikúš foi o máximo asistente. O equipo estivo dirixido polo adestrador checo Radim Rulík. O Lev Poprad estaba integrado principalmente por xogadores checos e eslovacos. Categorías
Personalidade destacada
Noora Helena Räty, ou simplemente Noora Räty, nada o 29 de maio de 1989 en Espoo (Finlandia), é unha porteira finlandesa de hóckey sobre xeo. Na tempada 2021-22 asinou co HPK de Hämeenlinna da Naisten Liiga finlandesa, con todo, antes de comezar a segunda fase da competición asinou co KRS Vanke Rays da liga rusa.
En 2014 Räty converteuse na segunda muller en xogar un partido na segunda categoría do hóckey sobre xeo masculino de Finlandia, a Mestis, logo do debut de Hayley Wickenheiser en 2003, deste xeito Räty converteuse na primeira muller finlandesa e a primeira porteira en xogar na Mestis. A nivel internacional, Noora Räty conseguiu unha medalla de prata e catro de bronce coa selección finlandesa nos campionatos do mundo, así como dous bronces olímpicos. Imaxe destacada
Artigos de calidade e bos
editar Artigos de calidade (12)
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|