Ría
A ría é unha entrada de costa, ou grande estuario, que se formou polo afundimento parcial dun val costeiro de río.[1] As rías diferéncianse dos fiorde porque o val non tivo unha orixe glacial. Apareceron durante a regresión do último período glacial, que foi o Holoceno.[2] Do mesmo xeito que no caso dos esteiros, para a ría, a confluencia de augas de mar e río é unha das súas características determinantes. A vida nelas está determinada pola influencia equilibrada de mar e río, maiormente en canto ás súas augas e correntes, estando por un lado rexido polas subidas e baixadas das mareas e por outro condicionado polo caudal do río. Polo feito de estar situadas na parte final dun río, as rías teñen tendencia ao ateigamento, é dicir, á recepción e enchido por materiais erosivos do propio río, así como doutros arrastrados polas correntes costeiras, que ó entrar no recuncho que ofrecen as rías suavizan a súa potencia e descargan materiais.
Rías
[editar | editar a fonte]En España son coñecidas as Rías Baixas e as Rías Altas en Galicia, aínda que tamén se podee atopar este tipo de desembocaduras en Asturias, Cantabria, País Vasco e Huelva. En Portugal están tanto a ría de Aveiro como a ría Formosa (Algarve).
Nas costas galegas e cantábricas, de sur a norte e de oeste a leste, están as seguintes rías:
Galicia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: rías de Galicia.
- Ría de Baiona [3][4][5][6][7][8]
- Ría de Vigo
- Ría de Pontevedra
- Ría de Arousa
- Ría de Muros e Noia
- Ría de Corcubión
Segundo o tempo de aparición xeolóxico das rías, as rías por riba de Cabo Fisterra pódense clasificar como rías Altas e Medias. O termo de rías Medias xorde para definir as rías que están entre Cabo Fisterra e Estaca de Bares e que apareceron posteriormente ás rías Baixas e antes que as cantábricas[9].
- Rías Medias ou centrais
- Rías Altas
Do resto do Mar Cantábrico
[editar | editar a fonte]Rías na Bretaña
[editar | editar a fonte]- Rias (chamadas aber en bretón e en francés) en Finistère :
- Aber-Wrac'h (Aber Ac'h en bretón)
- Aber-Benoît (Aber Benniged en bretón)
- Aber-Ildut (Aber Iltud en bretón)
- Ribeira do Trieux, en Côtes-d'Armor
- Val do río Rance, en Ille-et-Vilaine
Rías en Portugal
[editar | editar a fonte]Rías nas Illas Británicas
[editar | editar a fonte]Gales
[editar | editar a fonte]- Milford Haven, en Pembrokeshire.
Irlanda
[editar | editar a fonte]- Lough Swilly, situada na punta norte na rexión da península de Inishowen.
Inglaterra
[editar | editar a fonte]A costa sur do país ten numerosas rías (rias):
- Portsmouth Harbour
- Langstone Harbour,
- Chichester Harbour,
- Pagham Harbour,
- Southampton Water,
- Poole Harbour
Os esteiros do Exe, Teign e Dart, o Esteiro de Kingsbridge, e Plymouth Sound en Devon, e os esteiros do río Fowey e do río Fal en Cornualla.
Outras
[editar | editar a fonte]- Ría de Huelva
- O litoral atlántico norteamericano, entre Nova York e o cabo Hatteras tamén contén unha serie de rías.
- As Bocas de Kotor (Boka Kotorska), en Kotor, no Montenegro. Estas penetran uns 30 km no interior continental, ben protexidas do mar aberto, e constitúen o meirande porto natural do mar Adriático.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goudie A.S. et al. 2004. Encyclopedia Of Geomorphology. ISBN 10: 0415863007 ISBN 13: 9780415863001
- ↑ No caso das rías europeas este período dernomínase como a transgresión Flandriana
- ↑ "Baiona". Diccionario enciclopédico galego universal 7. La Voz de Galicia. 2003-2004. p. 44. ISBN 84-7680-429-6.
…A rede fluvial está dominada pola presenza do río Miñor, que forma a ría de Baiona…
- ↑ "Baiona". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 260.
- ↑ Enciclopedia Galega Universal 2. Ir Indo. 1999-2002. p. 497. ISBN 84-7680-288-9.
…A rede fluvial está dominada pola presenza do río Miñor, que forma a ría de Baiona…
- ↑ "Baiona". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
Ría pontevedresa na que desemboca o río Miñor a partir da Ramallosa…
- ↑ Santa María, Inés e Massó, Noé (2009). "Ría de Baiona". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 106 C2. ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Mapa Topográfico Nacional. WMTS de cartografía raster del IGN (Mapa). 1:25.000. Instituto Geográfico Nacional de España.
- ↑ J. R. Vidal-Romaní; A. Martelli, D. Fernández-Mosquera, E. de Uña and J. Yepes. Galicia region: Landforms and morphological evolution of granitic areas. Sith International Conference on Geomorphology of Granitic Areas. Zaragoza, 2005.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ría |