Saltar ao contido

Portal:Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cataluña (en catalán: Catalunya, en aranés: Catalonha) é un país situado no nordeste da Península Ibérica constituído como unha comunidade autónoma española. Nomeada tradicionalmente Principado de Cataluña, é unha nación, segundo se expresa no seu estatuto de autonomía.

Ocupa un territorio duns 32.000 km² que limita ao norte con Francia (Mediodía-Pireneos e Languedoc-Rosellón) e Andorra, ao leste co mar Mediterráneo ao longo dunha franxa marítima duns 580 quilómetros, ao sur coa Comunidade Valenciana (Castelló), e ao oeste con Aragón (Zaragoza, Teruel e Huesca). Esta situación estratéxica favoreceu unha relación moi intensa cos territorios da conca mediterránea e coa Europa continental. A capital de Cataluña é a cidade de Barcelona.

No territorio catalán habitan actualmente 7 467 423 habitantes nun total de 946 municipios dos que 63 superan os 20.000 habitantes (nos que vive o 70 por cento da poboación catalá). Dous terzos da poboación vive na Rexión metropolitana de Barcelona. Constitúe un territorio moi denso e altamente industrializado, liderando o sector en España desde o século XIX e a súa economía é a máis importante de entre as comunidades autónomas, ao xerar o 18,7% do PIB español, sendo a cuarta en PIB per cápita, tras País Vasco, Navarra e Comunidade de Madrid.

Cataluña foi durante a Idade Media un dos territorios principais da Coroa de Aragón. Co declive da Coroa decaeu Cataluña, que non volveu destacar ata a industrialización. A súa historia e a súa lingua son moi valoradas polos seus habitantes e para moitos son a base da súa identidade colectiva.

Artigo destacado

editar

O catalán é unha lingua románica falada nalgúns territorios de España, Francia e Italia, así como tamén en Andorra, feito que propicia a denominación destes territorios como Países Cataláns, dada a súa unidade lingüística e cultural. Cómpre sinalar por outra banda que na Comunidade Valenciana o catalán recibe o nome de valenciano.

É lingua oficial de Andorra, cooficial en Cataluña, País Valenciano e as Illas Baleares xunto ó castelán, e carece de oficialidade na Franxa de Aragón, na Cataluña do Norte (Francia), na cidade sarda de L'Alguer e na zona de El Carche (Murcia). É a lingua habitual duns 4,4 millóns de persoas; ademais, son capaces de falalo uns 7,7 millóns e é comprendido por preto de 10,5 millóns de persoas.

É a máis diferente das linguas romances ibéricas debido á súa adscrición á póla galorrománica, polo que está emparentada filoxeneticamente co francés e o occitano.

Cidade destacada

editar

Xirona (en catalán: Girona, pronunciado [ʒiˈɾonə]) é unha cidade do nordeste de Cataluña, capital da comarca do Gironès e da provincia de Xirona. Tiña 96.188 habitantes segundo os datos de 2009.

A cidade de Xirona está sita na confluenxia dos ríos Onyar, Güell, Galligants e Ter, a unha altitude de 70 metros, na chaira do mesmo nome. A pouca distancia dos Pireneos e da costa do Mediterráneo. Fica nunha posición estratéxica entre, o porto de montaña e fronteira con Francia de La Jonquera e a cidade de Barcelona.

Esta situación privilexiada, xa de seu, vese potencializada coa existencia do seu aeroporto, perfectamente ligado ao resto do mundo como segundo aeroporto de Barcelona e importante base de operacións de Ryanair.

Malia ser unha cidade de tradición pausada e tranquila ten dous momentos de festa en que é visitada por persoas vindas de Cataluña toda. Estes son: as feiras de Sant Narcís, patrón da cidade; e Temps de flors, a terceira semana de maio.

Categorías
Biografía destacada

editar

Mireia Belmonte García, nada en Badalona o 10 de novembro de 1990, é unha nadadora catalá, campioa mundial, europea e dobre subcampioa olímpica.

Participou en dous Xogos Olímpicos, nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, con tan só 17 anos, e nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde conseguiu dúas medallas de prata, en 200 metros bolboreta e 800 metros libre, rebaixando o récord de España desta última modalidade en catro décimas.

Imaxe destacada

editar

Vista de Montserrat dendo o cumio de Sant Jeroni.
Vexa o artigo montes de Cataluña.


Sabías que...?

editar

Pica d'Estats.

Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons