Portal:Ourense
Artigo destacado
La Región é un xornal galego en lingua castelá publicado en Ourense. O primeiro número do jornal saíu á rúa o 15 de febreiro de 1910 e segue a distribuírse na actualidade.
Conta con seccións dedicadas ás noticias locais das comarcas de Allariz, Baixa Limia, O Carballiño, Celanova, A Limia, Monterrei, Ourense, O Ribeiro e Valdeorras entre outras. Complétase con seccións centradas no resto de Galicia, España, o estranxeiro, Deportes, Economía, Cultura e Sociedade. Ademais conta con delegacións noutras localidades como Verín, Ribadavia, Santiago de Compostela e Madrid. Segundo o día da semana inclúe suplementos centrados en distintos temas, por exemplo deportes, motor, educación, pasatempos, agricultura e sociedade. O actual director é Xose Pastoriza Martínez, e Oscar Outeiriño Vila o seu editor. Lugar de interese
O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense é un dos museos provinciais máis importantes da Península Ibérica, tanto polos seus fondos como polo propio edificio que ocupa. Localízase no antigo Pazo Episcopal no centro da cidade de Ourense ao carón da Casa Consistorial e a Igrexa de Santa María Nai, na Praza Maior (Rúa Bispo Carrascosa, 1, Ourense).
Dende 1951 a súa sede é o antigo Pazo Episcopal, un edificio de fábrica románica iniciado no ano 1131, e que sufriu diversas transformacións en estilo gótico (Torre de Santa María), renacentista (soportal ao xardín, cuartos...) e barroco (portada, patio dianteiro). O edificio foi declarado Monumento Histórico-Artístico polo Decreto de 3 de xuño de 1931. O actual museo ten a súa orixe no ano 1845 cando a Comisión Provincial de Monumentos creou o Museo de Pinturas de Ourense, e en maio de 1895 a propia Comisión decidiu a creación dun Museo arqueolóxico provincial que recollería os fondos do anterior museo así como as pezas arqueolóxicas que se foran atopando na provincia. Foi creado un ano despois, en 1896. O museo conta con dúas seccións: unha adicada á arqueoloxía e outra ás Belas Artes. Imaxe destacada
Biografía destacada
Valentín Lamas Carvajal, nado en Ourense o 1 de novembro de 1849 e finado na mesma cidade o 4 de setembro de 1906, foi un autor e xornalista galego. No ano 1972 dedicóuselle o Día das Letras Galegas. Entre outros feitos, Lamas realizou dúas iniciativas importantes en relación co xornalismo e coa literatura en lingua galega, contando ambas con moi boa acollida: fundar o primeiro semanario en lingua galega, titulado O Tio Marcos d'a Portela, e publicar o Catecismo do labrego.
En 1906 foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega. Sabías que...?
Artigos de calidade e bos
Portais relacionados
Proxectos irmáns
|