Barcelona (en catalán pronúnciase [bərsəˈɫonə]), situada no nordés da Península Ibérica, é a capital de Cataluña, da provincia homónima e da comarca do Barcelonès, así como a meirande cidade dos Países Cataláns. Situada ás beiras do mar Mediterráneo, atópase a uns 120 km ao sur da cadea montañosa dos Pireneos e da fronteira con Francia, nunha chaira limitada polo mar ao leste, a serra de Collserola ao oeste, o río Llobregat ao sur e o río Besòs ao norte. É coñecida co alcume da Cidade Condal, por ser a capital do antigo Condado de Barcelona.
Cunha poboación de 1.615.448 habitantes, Barcelona é a segunda cidade máis poboada de España e da península tras Madrid, e a undécima da Unión Europea. A súa área metropolitana, integrada por 36 concellos, ten unha poboación de 3.161.081 habitantes e unha superficie de 633 km². Esta área é a delimitación como núcleo urbano definida oficialmente, con todo a Rexión Urbana de Barcelona, que se estendería por todo a área de influencia da cidade, chega aos 4.928.852 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km². 2007. Padró municipal d'habitants (en catalán).
Barcelona foi escenario de diversos eventos mundiais, que contribuíron a configurar a cidade e darlle proxección internacional. Os máis relevantes foron a Exposición Universal de 1888, a Exposición Internacional de 1929, os Xogos Olímpicos de verán de 1992 e o Fórum Universal das Culturas 2004. É tamén sede do secretariado da Unión polo Mediterráneo.
Na actualidade, Barcelona é recoñecida como Cidade global pola súa importancia cultural, financeira, comercial e turística. Posúe un dos portos máis importantes do Mediterráneo e é tamén un importante punto de comunicacións entre España e Francia, debido ás conexións por autoestrada e tren de alta velocidade. O aeroporto de Barcelona-El Prat foi utilizado por máis de 35 millóns de pasaxeiros en 2013.
Artigo destacado
Lugar de interese
editar
O
Hospital de la Santa Creu i Sant Pau (
Hospital da Santa Cruz e San Paulo), coñecido habitualmente como
Hospital de Sant Pau, é un conxunto
modernista situado en
Barcelona, proxectado polo arquitecto
Lluís Domènech i Montaner. Foi construído entre
1902 e
1930 en dúas fases: a primeira, realizada por el mesmo entre 1902 e 1913, consta de 13 edificios modernistas; a segunda, realizada polo seu fillo
Pere Domènech i Roura a partir de 1920, conta con seis edificios máis, dun modernismo moderado, ademais doutras construcións posteriores. Aínda que non se desenvolveu integramente todo o proxecto orixinal, a súa notoriedade foi recoñecida por varios premios e co recoñecemento como
Patrimonio da Humanidade pola
UNESCO en
1997.
Edificado como centro hospitalario moderno e innovador, logo de cen anos deixou de cumprir esa función e, actualmente, está sendo restaurado para albergar centros vinculados coa secretaría xeral da Unión polo Mediterráneo, situada en Barcelona. As súas funcións hospitalarias foron trasladadas a un novo hospital dentro do mesmo perímetro do recinto en sintonía coas necesidades do século XXI.
Sabías que...?
- ...Arquivo