Saltar ao contido

Xardíns de Méndez Núñez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaXardíns de Méndez Núñez
Imaxe
Tipoxardín Editar o valor en Wikidata
EpónimoCasto Méndez Núñez Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaA Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Mapa
 43°22′02″N 8°24′11″O / 43.367231, -8.403078
Reloxo floral.
Calendario floral; ao fondo o roseiral.

Os Xardíns de Méndez Núñez[1] son uns xardíns da cidade da Coruña situados entre os Cantóns e o porto. Están dedicados ao mariño Casto Méndez Núñez, heroe da Primeira Guerra do Pacífico.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os xardíns están estruturados en tres áreas:[2]

  • O paseo de palmeiras.
  • Masa arbórea central, na que se atopan o calendario e o reloxo floral.[3]
  • O roseiral.[4]
Ampliación do porto de Celedonio de Uribe.

Ata mediados do século XIX o único espazo axardinado da Coruña era o baluarte de San Carlos.[5] Co proxecto de ampliación do porto de Celedonio de Uribe apareceu unha área gañada ao mar que se chamou o Relleno (“Recheo”).[6] Esta zona foi axardinada a proposta do arquitecto municipal José María Noya[7] segundo o deseño de Narciso García de la Torre.[6]

En 1868 creouse a alameda pública, que o 8 de maio de 1871 recibiu o nome de Méndez Núñez.[5] O xardín foise mellorando grazas ás doazóns de capitalistas, cidadáns e persoeiros ilustres como Modesta Goicouría.[5]

Durante o século XIX instaláronse tamén quioscos de refrescos e para a celebración de feiras; o primeiro deles foi o deseñado por Faustino Domínguez Domínguez en 1877. Para poder levar a cabo bailes inaugurouse en 1884 un palco da música e a partir de 1896 colocáronse estatuas para recoñecer algunhas personaxes públicas.[5]

A principios do século XX comezou a construción de quioscos fixos.

Botánica

[editar | editar a fonte]

Os xardíns acollen especies moi diversas entre as que destacan os dous grupos de palmeiras canarias recoñecidas como árbores senlleiras de Galicia.[4]

Tamén están catalogados o Eucalyptus diversicolor, o ombú e as kentias.[8]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Entre os elementos arquitectónicos dos xardíns destacan:

Escultura

[editar | editar a fonte]
Monumento a Aureliano Linares Rivas

Nos xardíns de Méndez Núñez atópanse varias esculturas dedicadas a diversos persoeiros. A primeira foi a dedicada ao deputado Daniel Carballo, de Agustín Querol (1896), sobre un pedestal de Pedro Mariño. Porén, máis interesante artisticamente é o monumento que o mesmo autor dedicou a Aureliano Linares Rivas en 1912.[5]

Destacan tamén os monumentos a Concepción Arenal, de Rafael González Villar, e a Emilia Pardo Bazán, de Lorenzo Coullaut Valera, ambos os dous de 1916,[5] e o monumento a Curros Enríquez, de Francisco Asorey (1928-1934).[1]

As personaxes que teñen monumentos dedicados son Alfredo Suárez Ferrín (Ramón Conde), Valle-Inclán (Ramón Conde, 1986), Wenceslao Fernández Flórez (José Castiñeiras Igrexas, 1985), Castelao (Manuel Ferreiro Badía, 1986), Manuel Murguía (Fernando Cortés Bugía), Juan Fernández Latorre (José Escudero, 1958), o doutor Hervada (José Escudero), Eduardo Pondal (Fernando Cortés Bugía)[1] e John Lennon (José Luis Ribas Fernández, 2005).[17]

Existen ademais os monumentos ao libro e aos seus creadores (Buciños, 1976), o que conmemora o Ano Internacional do Neno (Mon Vasco)[1] e a escultura Xente, de Emilio Celeiro (instalada en 2021), en homenaxe ao persoal sanitario polo seu labor durante a pandemia de COVID-19.[18] Os monumentos de Felipe de Moratilla a Themys e Baco e ao pescador napolitano foron trasladados ao almacén municipal e ao Aquarium Finisterrae respectivamente.[16]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Xardíns de Méndez Núñez
  2. "Los jardines de Méndez Núñez de A Coruña cuentan ya con paseo virtual". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  3. Xardíns de Méndez Núñez
  4. 4,0 4,1 "Árbores e formacións senlleiras de Galicia" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de abril de 2016. Consultado o 15 de abril de 2016. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Fernández Fernández, Xosé. La Terraza y los kioscos de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña (en castelán). Recortables de La Coruña. 
  6. 6,0 6,1 "El ingeniero que ensanchó A Coruña". El Ideal Gallego (en castelán). 4 de novembro de 2011. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  7. "Xardíns de Méndez Núñez". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  8. Revisión e adaptación do plan especial de protección e reforma interior da Cidade Vella e a Pescadería. Concello da Coruña. xuño de 2012. 
  9. Palco da música
  10. 10,0 10,1 10,2 Fernández Fernández, Xosé. Una arquitectura desaparecida. Kioscos de refrescos y tinglados de ferias de los jardines de Méndez Núñez de La Coruña (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  11. Casabella López, Xosé Manuel; Suárez Brandariz, Roberto; Valle Rubín, Teresa. Edificio do Kiosco Alfonso nos Xardíns de Méndez Núñez. Recortables de La Coruña. 
  12. Edificio singular. Edificio Atalya
  13. "O edificio Atalaya". Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2015. 
  14. Especial Galicia
  15. "Acta do xurado." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 02 de marzo de 2017. 
  16. 16,0 16,1 Villar, Marta (14-9-2008). "El jardín de los secretos". La Opinión de A Coruña (en castelán). 
  17. "John Lennon “visita” A Coruña 25 años después de su muerte". Arquivado dende o orixinal o 08/12/2015. Consultado o 30/11/2015. 
  18. E.P. (09-11-2021). "O Concello da Coruña instala unha escultura en homenaxe aos sanitarios obra de Emilio Celeiro". Galicia Confidencial (A Coruña). Consultado o 11-11-2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]