Saltar ao contido

Montgat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMontgat
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°28′00″N 2°16′44″L / 41.4667, 2.279
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaMaresme Editar o valor en Wikidata
CapitalMontgat Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación12.462 (2023) Editar o valor en Wikidata (4.297,24 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Mediterráneo Editar o valor en Wikidata
Altitude20 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAndreu Absil Solà (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08390 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08126 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081265 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmontgat.cat Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100064583056109 Twitter: Montgat Instagram: ajuntament_montgat LinkedIn: ajuntament-de-montgat Youtube: UCwrcmYotd2Sk4jdPuHl-daw Vimeo: montgat Flickr: fotografiesmontgat Editar o valor en Wikidata

Montgat é un municipio catalán da comarca do Maresme, na provincia de Barcelona. O seu nome provén do latín monte katum (monte dos gatos), que era o nome co que se coñecía a vila popularmente durante o Imperio Romano.

É o municipio máis meridional da comarca do Maresme, situada na costa no límite coa comarca do Barcelonès, entre Badalona e el Masnou.

Nas súas orixes Montgat foi un pequeno poboado ibérico. As escavacións que se levaron a cabo demostran a existencia duns asentamentos neolíticos no termo, aproximadamente do 3.500 antes de Cristo.

Da época romana atópase documentado o Turó de Montgat co nome de Promontorium Lunarium. O actual termo municipal estaba atravesado, pola Vía Augusta.

Na Idade Media había un castelo que vixiaba todo o norte da costa, pero Filipe V de España, logo da Guerra de Sucesión fíxoo derrubar. Sobre as ruínas os fundadores da Asociación Catalanista de Excursións Científicas realizaban, no século XIX, frecuentes encontros.

Torre de defensa de Ca l'Alsina.

Montgat tivo o primeiro túnel ferroviario de Cataluña e España cando, en 1848 púxose en funcionamento a liña do tren Barcelona-Mataró. En 1867 estableceuse unha parroquia.

Ata o ano 1933 Montgat formou parte do termo de Tiana. Separouse, tras o Decreto da Generalitat de Cataluña o 6 de xullo dese mesmo ano, en que se aprobou a separación do distrito e a constitución dun concello independente.

A partir dos anos 60 a poboación creceu considerablemente a raíz do expansionismo económico español e os movementos migratorios asociados, o que comportou as urbanizacións de bloques de pisos, algúns bastante altos (Turó del Mar), así como barrios cun urbanismo desordenado (Les Costes). Tamén atopamos zonas residenciais como o Pla de Montgat e Residencial Camí d'Alella.

Hoxe a agricultura e a pesca, que no pasado foron actividades principais, desapareceron case por completo. Hai algunhas industrias de materiais de construción (cemento), de porcelana, de produtos químicos e farmacéuticos, e metalurxia. O seu barrio Els Mallorquins, antigamente industrial e hoxe día maioritariamente residencial, forma un continuo urbano con Badalona.

A proximidade de Barcelona, como gran cidade cunha extensa área de influencia, xunto coa dispersión do tecido urbano de pobo debida á presenza de numerosas infraestruturas viarias e ferroviaria que dividen o termo municipal, representa unha ameaza para a identidade de Montgat como municipio independente, ameaza que os sucesivos concellos democráticos, xunto coas entidades veciñais e culturais do municipio, tratan de paliar.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O núcleo antigo atópase situado cerca do montículo de Montgat, unha pequena elevación diante do mar, cruzado pola estrada e un túnel por onde pasa a vía do tren da costa. O termo municipal está rodeado pola serra do Litoral e pequenos montes como Les Guixeres (112 metros) ou a Marquesa (64 metros). Á saída da localidade, cara ao norte, dirección a el Masnou, atópase o pequeno núcleo de Montsolís.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1940 1950 1960 1970 1981 2000 2008
2.411 2.911 3.728 5.020 7.107 8.305 10.197

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Torre de defensa de Ca l'Alsina
  • Igrexa románica de Sant Martí (século XI)
  • Casa señorial dos marqueses de Monsolís.
  • Ca n'Humet
  • Franxa costeira
  • Parc del Turonet
  • Parc del Tramvia
  • Parc de la Riera d'en Font
  • Barrio Antigo (Sant Joan)
  • Montsolís

Localidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]