Saltar ao contido

Canovelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCanovelles
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°37′03″N 2°16′53″L / 41.61759, 2.28137
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Oriental Editar o valor en Wikidata
CapitalLa Barriada Nova (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Bellulla (en) Traducir
Can Diviu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación17.051 (2023) Editar o valor en Wikidata (2.544,93 hab./km²)
Número de fogares23 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie6,7 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRiu Congost (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude175 m Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoPuig Solell (en) Traducir (237 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataEmilio Cordero Soria (en) Traducir (2016–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08420 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08041 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT080410 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcanovelles.cat Editar o valor en Wikidata

Canovelles é un municipio español, pertencente á provincia de Barcelona, en Cataluña. Forma parte da comarca do Vallès Oriental e está situado a 2 km de Granollers, a súa capital.

Igrexa románica de Sant Feliu

En Canovelles atopáronse xacementos arqueolóxicos da época neolítica e da época romana, especialmente desde que se iniciaron as obras para a construción da Rolda Nord, cando se atoparon restos do 5000 a.C. aproximadamente. O 'Menhir' é a mostra máis representativa e unha reprodución do mesmo atópase exposta na sala de exposicións do Auditorio de Can Palots.

A primeira vez que aparece o termo "Canovelles" é no ano 1008, nun documento onde Ingilberto e Incúncia intercambian cinco pezas de terra por un mosteiro situado noutro lugar pertencente ao Abade de Sant Cugat del Vallès.

Entre 1950 e 1970 chegaron a Canovelles moitas familias de orixe estremeño e andaluz multiplicando por vinte a poboación do municipio. Posteriormente, e desde finais da década de 1990 están chegando un gran número de marroquís, africanos e suramericanos.

Durante a década de 1970 diversos grupos clandestinos de ideoloxía marxista organizaron a loita contra a ditadura franquista no municipio, chegando a existir organizacións de máis dun centenar de militantes.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Conta cunha poboación de 17 051 habitantes (INE 2023).

Gráfica de evolución demográfica de Canovelles[1] entre 1842 e 2021

Economía

[editar | editar a fonte]

Canovelles viu aumentar moito a súa poboación debido ás emigracións masivas dos anos 50 e 60 (século XX) desde outras partes de España e á súa proximidade respecto de Barcelona. A actividade económica actualmente baséase no sector servizos e na industria.

Outro dos polos económicos da cidade é o mercado ambulante semanal dos domingos no que hai máis dun centenar de paradas. O mercado dos domingos céntrase sobre todo en alimentación, roupa, complementos e diversos aparellos electrónicos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Instituto Nacional de Estadística (España). "Alteraciones de los municipios en los Censos de Población desde 1842". Consultado o 14 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]