Saltar ao contido

Martorelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMartorelles
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°31′41″N 2°14′15″L / 41.527921, 2.237507
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Oriental Editar o valor en Wikidata
CapitalMartorelles (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.904 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.362,22 hab./km²)
Número de fogares17 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3,6 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Besòs Editar o valor en Wikidata
Altitude96 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMarc Candela i Callado (en) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento9.751.099 € (2022) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08107 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08115 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081154 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmartorelles.cat Editar o valor en Wikidata

Martorelles é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental. Limita cos concellos de Montornès del Vallès, Santa Maria de Martorelles, Sant Fost de Campsentelles e Mollet del Vallès.

Durante a ditadura de Primo de Rivera coma consecuencia da necesidade derivada do rápido crecemento dalgunhas poboacións, apróbase unha lei que permite a segregación dos municipios. É nese período cando o antigo pobo de Martorelles, froito do forte crecemento demográfico, se estende cara á ribeira do río Besòs. Os servizos básicos coma as escolas e os médicos trasládanse á parte baixa da localidade, xerando descontento entre os veciños da parte alta. Doutra banda no 1911 o concello de Martorelles pide á Deputación de Barcelona que se faga cargo da construción da estrada que cruza toda a localidade. Por diversos motivos a construción da estrada quedou incompleta, afondando máis o sentimento de abandono de parte dos cidadáns.

Nestas circunstancias, no 1927, unha comisión de veciños de Martorelles de arriba, presenta unha instancia ó concello solicitando a segregación do municipio. Finalmente no 1927 apróbase a disposición real pola cal se concede a segregación solicitada e créase o novo concello de Santa María de Martorelles[1].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]