Saltar ao contido

Sant Pere de Vilamajor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSant Pere de Vilamajor
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°41′00″N 2°23′35″L / 41.68339, 2.39295
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Oriental Editar o valor en Wikidata
CapitalSant Pere de Vilamajor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación4.862 (2023) Editar o valor en Wikidata (140,12 hab./km²)
Número de fogares100 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie34,7 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Tordera Editar o valor en Wikidata
Altitude305 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of San Pedro (en) Traducir Editar o valor en WikidataPamela Isus i Saurí (–2023)
Susanna Martori Rodellas (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08458 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08234 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT082346 Editar o valor en Wikidata

Sitio webvilamajor.cat Editar o valor en Wikidata

Sant Pere de Vilamajor é un concello español da provincia de Barcelona, en Cataluña. Está situado na comarca do Vallès Oriental.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O municipio sitúase no extremo setentrional da comarca do Vallès Oriental, no límite meridional do coñecido coma Pla de la Calma. A súa densidade de poboación é moi baixa. A parte norte do concello é moi montañosa e sitúase dentro dos límites do Parque Natural do Montseny. Esta zona vivía da gandería e da explotación forestal. Hoxe en día, o sector turístico vive un certo auxe. A parte sur é a máis poboada, con preto do 90% do censo. Se antigamente a agricultura era o sector fundamental, hoxe son a construción e os servizos os sectores económicos máis salientábeis.

Historia e patrimonio

[editar | editar a fonte]

A localidade ten a súa orixe en asentamentos romanos, que posteriormente deron lugar a pequenas poboacións medievais. No século XI, o condado de Barcelona construíu un palacio, que servía de repouso ós viaxantes e nobres que viaxaban dende Barcelona a Xirona. Coa construción do palacio, comezou a época de esplendor da vila. No 1148, un forte terremoto destruíu o palacio e gran parte das vivendas. Posteriormente no 1604, construíuse na antiga localización do palacio, unha igrexa de estilo gótico e renacentista. Porén a vila entrou en decadencia e foise ruralizando cada vez máis. Na segunda metade do século XX, volveuse vivir un forte crecemento da vila mediante a construción de urbanizacións.

Ademais do importante patrimonio natural (o Parque Natural do Montseny ocupa o 61% do termo municipal), hai importantes mostras de arquitectura relixiosa e civil. Cómpre citar o castelo de Vilamajor, a igrexa de San Pedro, a ermida de San Elías ou a reitoría de Vilamajor, actualmente transformada en centro de arte.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]