Saltar ao contido

Premià de Mar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPremià de Mar
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°29′31″N 2°21′43″L / 41.492, 2.362
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaMaresme Editar o valor en Wikidata
CapitalPremià de Mar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación28.767 (2023) Editar o valor en Wikidata (13.698,57 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2,1 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude8 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataRafa Navarro Álvarez (en) Traducir (2020–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08330 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08172 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081727 Editar o valor en Wikidata

Sitio webpremiademar.cat Editar o valor en Wikidata
Facebook: 100069069765003 Twitter: ajpremiademar Instagram: ajpremiademar LinkedIn: ajpremiademar Youtube: UCLgjhK68r7NKISXECxoPAKg Editar o valor en Wikidata
Riera de Premià

Premià de Mar é un municipio español da provincia de Barcelona, Cataluña, situado no litoral do Maresme, a uns 20 quilómetros de Barcelona. En 1842 o seu nome oficial era Sant Cristòfol de Premià.[1]

Premià de Mar é a segunda localidade máis poboada do Maresme logo de Mataró. Os municipios que o circundan son El Masnou, Premià de Dalt, Vilassar de Dalt e Vilassar de Mar.

Medio ambiente

[editar | editar a fonte]
Vista xeral

A praia é areosa, pouco coidada e sofre unha gran regresión mariña que no seu día se intentou solucionar coa construción duns espigóns e que, nos últimos anos, corríxese temporalmente coa achega artificial de area do fondo mariño, sen a cal non existiría en moitos lugares. A ampliación do porto deportivo, iniciada antes dos Xogos Olímpicos e aínda inacabada, contribuíu en gran xeito, a alterar os volumes de area nas praias. Xunto ás praias hai uns paseos moi ben coidados, dotados de exercicios variados para deportistas, con grande amplitude para camiñar e ir en bicicleta, rodeados por unha banda de árbores, e do outro de plantas e flores que alegran a vista.

O Centro de Recuperación de Animais Mariños (CRAM) de Premià é unha iniciativa dun grupo de voluntarios e profesionais co obxectivo de salvar animais mariños feridos, especialmente tartarugas e outras especies do Mediterráneo. As súas instalacións están situadas nunha torre de veraneo situada no barrio de Casa Pou-Campo de Mar, que limita co termo de Vilassar de Mar e pódese visitar concertando unha cita previa.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
2.239 3.380 3.947 11.284 19.935 26.130 27.545

Economía

[editar | editar a fonte]

Na economía actual queda algún rastro da antiga actividade industrial (empresas como Metalogenia e Transmesa), algún reduto de floricultura e un mínimo sector servizos. A proximidade a Barcelona, Mataró ou outras poboacións moito máis potentes fan de Premià de Mar un pobo dormitorio.

A Gran Vía Lluís Companys constitúe o eixo básico ao redor do cal vira toda a actividade comercial da vila. Nesta rúa atópase o mercado de Sant Joan e unha gran cantidade de tendas, bares e comercios.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
  • Masia Can Manent
  • Escola d'Assís
  • Fábrica La Lió
  • Antiga Fábrica do Gas
  • Colexio La Salle Premià
  • Igrexa de Sant Cristòfol
  • Can Roure
  • Masia Ribas
  • Can Maristany
  • Jutjat de Pau

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]