Saltar ao contido

Sabadell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSabadell
Vista nocturna
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°32′54″N 2°06′27″L / 41.5483, 2.1075
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Occidental Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalSabadell (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación218.300 (2023) Editar o valor en Wikidata (5.775,13 hab./km²)
Número de fogares144 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
DioceseDiocese de Terrassa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie37,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Ripoll e riu Sec (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude190 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Arraona (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación1800 a. C. Editar o valor en Wikidata
Santo padrónFiz de Xirona Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivocasa consistorial de Sabadell Editar o valor en Wikidata
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataMarta Farrés (pt) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoPlenary Session of the Town Council of Sabadell (en) Traducir , (Escano: 27) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Moedaeuro Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08200–08208 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico93 Editar o valor en Wikidata
Código INE08187 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081878 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Matagalpa (pt) Traducir (1989–)
El Argoub (en) Traducir (1989–)
Saraxevo (1995–) Editar o valor en Wikidata

Sitio websabadell.cat Editar o valor en Wikidata
Parque de Cataluña.

Sabadell[1] (en catalán pronunciado [səβəˈðeʎ]) é un concello e cidade española da provincia de Barcelona, na comunidade autónoma de Cataluña. Tamén é a capital, xuntamente con Terrassa, da comarca do Vallès Occidental.

Con 207.338 habitantes é a quinta cidade catalá en poboación, tras Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat, Badalona e Terrassa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Sabadell está sita a uns 20,6 km ao noroeste de Barcelona, no centro da comarca, xunto ao río Ripoll. Limita ao norte con Castellar del Vallès e Sentmenat, ao leste con Terrassa e Sant Quirze del Vallès, ao oeste con Polinyà e Santa Perpètua de Mogoda e ao sur con Barberà del Vallès, Badia del Vallès e Cerdanyola del Vallès.

A poboación naceu ó redor da capela de Sant Salvador d'Arraona no século XII. Con todo, a época dourada de Sabadell chegou no século XIX co desenvolvemento económico arredor do sector téxtil. Grazas a este desenvolvemento Sabadell acadou o título de cidade no 1877.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A inmigración, potenciada sobre todo pola expansión industrial de Sabadell, provocou aumentos notables da poboación nas últimas décadas. O máis notable comezou nos anos 1950 e durou ata finais dos 70, cando se triplicou a poboación da cidade. A maioría dos inmigrantes procedían de diferentes zonas de España, especialmente de Andalucía, Estremadura e Murcia. A poboación da cidade aumentou tamén en varios miles os últimos anos, co aumento da inmigración extracomunitaria a Cataluña.

Gráfica de evolución demográfica de Sabadell[2] entre 1842 e 2021
     Poboación de dereito segundo os censos de poboación do INE.     Poboación de feito segundo os censos de poboación do INE.

Entidades

[editar | editar a fonte]

Sabadell está formado por cinco entidades de poboación:

  • Sabadell.
  • San Nicolau.
  • La Salut.
  • Berard.
  • Togores.

Edificios e obras salientables

[editar | editar a fonte]
  • Casa da Vila.
  • Igrexa de Sant Feliu: obra do arquitecto Enric Sagnier i Vilavecchia (1858-1931).
  • Monumento a Sallarès i Pla: obra do escultor Josep Clarà (1878-1958).
  • Sede da Caixa d'Estalvis de Sabadell: obra do arquitecto Jeroni Martorell (1877-1951).
  • Torre de l'Aigua.

Localidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para sabadellenco.
  2. Instituto Nacional de Estadística. "Alteracións dos concellos nos censos de poboación dende 1842". Consultado o 14 de outubro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]