Saltar ao contido

Olivella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaOlivella
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°18′37″N 1°48′39″L / 41.310415, 1.810898
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
ComarcaGarraf Editar o valor en Wikidata
CapitalOlivella (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación4.414 (2023) Editar o valor en Wikidata (113,76 hab./km²)
Número de fogares10 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie38,8 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRiera de Begues (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude211 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Olivella (en) Traducir Editar o valor en WikidataMarta Verdejo Sánchez (pt) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08818 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08148 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081483 Editar o valor en Wikidata

Sitio webolivella.cat Editar o valor en Wikidata

Olivella é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona. Forma parte da comarca do Garraf.

O primeiro pequeno núcleo habitado de Olivella xurdiu do Castell Vell cara ao ano 992, no monte do Puig Molí. A súa poboación vivía da agricultura de secaño.

Logo destes inicios houbo unha diminución da poboación polo mal funcionamento das colleitas e a devastación pola peste negra.

A partir do século XIV a poboación volveu medrar e foise consolidando pola aparición de diferentes masías preto da vila: Can Suriol, les Piques del Masseguer, Mas Liona, Mas Bargalló, la Crivillera, Can Grau, la Masia del Rector e Can Martí.

Actualmente o municipio compóñeno gran parte destas masías, que aínda se conservan, o núcleo urbano, onde está o concello e a Igrexa Nova, e as urbanizacións, que concentran a maioría da poboación.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O municipio está formado pola vila de Olivella (313 hab.) e as urbanizacións de Can Surià, Les Colines, Mas Guineu, Mas Mestre, Mas Milà e Plana Novella (3.027 hab). Ademais a histórico poboación de Jafre atópase abandonada.

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 1986 2008
350 233 182 115 111 200 3.123

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]
Mosteiro budista de Olivella

No concello atopamos o Palau Novella, coñecido tamén como Mosteiro budista do Garraf, unha antiga casa convertida actualmente en mosteiro budista –Sakya Tashi Ling. Atópase na urbanización de Plana Novella, no Parque Natural do Garraf.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]