Saltar ao contido

Montcada i Reixac

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMontcada i Reixac
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°29′12″N 2°11′16″L / 41.486653, 2.187913
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Occidental Editar o valor en Wikidata
CapitalMontcada i Reixac (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación36.891 (2023) Editar o valor en Wikidata (1.569,83 hab./km²)
Número de fogares45 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie23,5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Besòs e Río Ripoll Editar o valor en Wikidata
Altitude36 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataBartolomé Egea Sabaté (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento47.400.000 € (2022) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08110 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08125 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT081252 Editar o valor en Wikidata

Sitio webmontcada.cat Editar o valor en Wikidata
O río Besòs e o Turó de Montcada, onde se asenta o concello

Montcada i Reixac é unha cidade e municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Vallès Occidental.

Forma parte do área metropolitana de Barcelona e limita con Barcelona, Cerdanyola del Vallès, Santa Coloma de Gramenet, Badalona, Ripollet e Mollet del Vallès.

O lugar de Montcada é mencionado xa no ano 989, e a primeira testemuña do castelo de Montcada, que se alzaba no monte do mesmo nome, dominando a antiga vía romana e o camiño ral, é de 1023.

Foi o lugar de orixe da famosa familia Montcada e centro da baronía de Montcada, que en 1390 pasou a ser propiedade da cidade de Barcelona.

En 1713 o castelo de Montcada foi derribado por orde de Filipe V para evitar que os cataláns puideran volver a utilizalo contra os casteláns despois da Guerra de Sucesión.

A igrexa de Santa María de Montcada, ao lado do castelo, románica (xa mencionada en 1134), subsistíu até 1808, cando foi derribada polas tropas napoleónicas durante a Guerra da Independencia española.

O río Besòs en Montcada i Reixac

Do termo de Montcada derivaba a auga do Besòs cara ao famoso rego Comtal, que alimentaba os muíños de Barcelona. No século XV eran coñecidos os oficios de curtir as peles e traballar o vidro, que aproveitaban a abundancia de auga no municipio; dos séculos XVI e XVII consta a fabricación de papel. A inicios do século XX as augas de Montcada proviñan do antigo pobo de Sant Andreu de Palomar e, en parte, Barcelona. A función de lugar de veraneo da burguesía barcelonesa que fora adquirindo desde o século XIX foi completamente freada pola instalación da fábrica de cemento Asland, en 1917, que marcou o inicio da industrialización do municipio.

Desde os anos 1950 foi afectada pola onda inmigratoria da rexión de Barcelona, que desbordou a vila e motivou a creación de novos núcleos e o crecemento doutros e a perda da vida tradicional da vila.[Cómpre referencia] Entre 1950 e 1960 houbo un novo grande impulso industrial (talleres mecánicos, pequenas e medianas industrias), continuado na década seguinte con novas fábricas, como Levivier, Bosuga, Ignis ou Prebetong. Á esquerda do Besòs, na zona máis montañosa, hai o pobo de Reixac e la Vallençana, núcleo residencial e de veraneo.

Demografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten unha superficie de 23,34 km² e en 2008 tiña unha poboación de 32.750 habitantes. A súa densidade ascendía a 1.403,17 hab/km².

Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2009
1.710 6.513 8.656 22.462 25.582 27.952 33.453

O municipio está formado polos seguintes barrios: Can Cuiàs, Can Pomada, Can Sant Joan (Bifurcació), Carrerada (Montcada Nova), Font Pudenta, La Ribera (Valentine), Mas Duran, Mas Rampinyo, Montcada Centre, Pla d'en Coll, Terra Nostra (Santa María de Montcada) e Vallençana-Reixac.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía tradicional de Montcada i Reixac baseouse sempre na agricultura: viña, trigo, patacas, fresa e árbores froiteiras. En 1917 produciuse unha importante industrialización coa instalación de diversas empresas, entre as que destacou a fábrica de cemento Asland.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

Montcada i Reixac establécese como un nó ferroviario polo que transcorren tres liñas. A cidade ten cinco estacións de ferrocarril en activo (Montcada Bifurcació, Montcada i Reixac-Manresa, Montcada i Reixac Santa Maria, Montcada-Ripollet e Montcada i Reixac). Desde 2003 existe tamén unha estación de Metro de Barcelona no termo municipal, Can Cuiàs.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]