Sant Cugat del Vallès
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Comarca | Vallès Occidental | ||||
Capital | Sant Cugat del Vallès (en) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 97.530 (2023) (2.023,44 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 126 (1553) | ||||
Lingua oficial | lingua catalá | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 48,2 km² | ||||
Bañado por | Riera de Rubí (en) | ||||
Altitude | 124 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Josep Maria Vallès i Navarro (pt) (2023–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 08172–08174 e 08195–08198 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 08205 | ||||
Código territorial IDESCAT | 082055 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | santcugat.cat | ||||
Sant Cugat del Vallès é unha cidade e municipio catalán da provincia de Barcelona. Pertence á comarca do Vallès Occidental. Situado entre a Serra de Collserola e a Serra de Galliners, limita con Barcelona polo sueste.
Ten 81.745 habitantes segundo cifras oficiais do INE do ano 2010. É a terceira cidade máis poboada do Vallès Occidental logo das capitais Sabadell e Terrassa e a décima máis poboada da provincia de Barcelona.
Historia
[editar | editar a fonte]Cara ao século IV, no lugar onde hoxe se atopa o mosteiro de Sant Cugat, xa se atopaba unha fortaleza romana, posteriormente coñecida como Castrum Octavianum, que protexía o cruzamento da Vía Augusta coa vía de Egara (Terrassa) a Barcino (Barcelona). A tradición cristiá sitúa neste lugar onde, no ano 313 foi martirizado Cucuphas (Cugat), vindo de África para predicar a fe cristiá en territorio romano. A construción do mosteiro no século IX contribuíu ao crecemento do pobo durante a idade media. A principios do século XX, a chegada dos Ferrocarrís de Cataluña en 1917 induciu que o pobo cambiase o seu carácter rural por un máis urbano e estival, coa creación de varios núcleos de casas de veraneo. Durante a República, entre 1936 e 1939 o nome oficial da poboación foi Pins del Vallès.
Trala transición, o municipio acolleu varias institucións importantes, como os estudos de Televisión Española en Cataluña, a sede do C.A.R. (Centro de Alto Rendemento), no que se adestran deportistas de elite, e a sede do Arquivo Nacional de Cataluña.
Actualmente Sant Cugat ten un dos PIB per cápita máis altos de España, así como un elevado índice de natalidade.
Demografía
[editar | editar a fonte]Na primeira década do século XXI Sant Cugat creceu preto de 30.000 habitantes. No ano 2000 tiña 52.654 habitantes empadroados, mentres que en 2010 a súa poboación é de 81.745 habitantes, 11.600 deles estranxeiros.
A poboación española creceu, pero ao mesmo tempo a poboación de nacionalidade estranxeira tamén creceu notablemente. No 2000 representaba o 4,4% da súa poboación e en 2010 o 14,2%. Destes 11.600 estranxeiros o 46% é procedente de América Latina.
1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|
2.120 | 5.190 | 6.992 | 20.669 | 31.184 | 52.654 | 76.274 |
Distritos
[editar | editar a fonte]Sant Cugat del Vallès está formado por cinco barrios ou distritos: Sant Cugat del Vallès, Mira-sol, Valldoreix, La Floresta e Les Planes.
O barrio de les Planes está dividido en dous, unha parte pertencente a Sant Cugat e a outra a Barcelona.
Lista de poboación por distritos:
Distrito | Habitantes (2010) |
---|---|
Sant Cugat del Vallès | 56.555
|
Mira-sol | 11.928
|
Les Planes | 1.217
|
La Floresta | 4.446
|
Valldoreix | 7.599
|
Fonte: INE |
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- Mosteiro de Sant Cugat. Románico. Século IX
- Ermida de Sant Medir. Románico. Século X
- Ermida de Sant Adjutori. Románico. Século X
- Torre negra. Románica. Século XII
- Ponte de Can Vernet. Gótico. Século XIV
- Casa Armet. Modernista. Ano 1898
- Casa Lluch. Modernista. Ano 1906
- Mercado de Pere San. Modernista. Ano 1911
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
A plaça Octavià nevada
-
Celler cooperatiu
-
Mosteiro de Sant Cugat
-
Ermida de Sant Adjutori
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sant Cugat del Vallès |