Argelès-sur-Mer
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Francia | ||||
Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
Rexións | Occitania | ||||
Departamento | Pireneos Orientais | ||||
Capital de | canton of Côte Vermeille (en) canton of Argelès-sur-Mer (en) (–2015) canton of Côte Vermeille (en) (2015–) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 10.792 (2021) (183,94 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Perpinyà metropolitan concentration area (en) Sant Cebrià de Rosselló urban unit (en) | ||||
Superficie | 58,67 km² | ||||
Bañado por | Río Tec | ||||
Altitude | 0 m-1.099 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Mayor of Argelès-sur-Mer (en) | Antoine Parra (2020–2026) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 66700 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | ville-argelessurmer.fr | ||||
Argelès-sur-Mer (en occitano: Argelers de Mar, en catalán: Argelers de la Marenda) é unha localidade e comuna francesa situada no departamento de Pireneos Orientais e a rexión da Occitania, pertencente á comarca histórica do Rosellón.
Coñecida estación balnearia situada na costa, limita con Elne, Palau-del-Vidre, Saint-André, Sorède, Banyuls-sur-Mer e o municipio xironés de Espolla (Cataluña).
Historia
[editar | editar a fonte]Argelès foi fundada por Hércules segundo as lendas. A presenza de dous dólmens de entre o 2500 a.C. e o 1500 a.C., indica que o territorio se atopou habitado por seres humanos desde a prehistoria. Porén, empezou a cobrar importancia na época feudal pola súa posición estratéxica.
A vila estivo baixo a dependencia dos condes do Rosellón até finais do século XII, cando foi legada ao Condado de Barcelona. Pouco despois, xa integrado o condado na Coroa de Aragón, entre os séculos XIII e XV foi motivo de confrontacións co Reino de Mallorca, que a tomou en 1276. En 1298 Xaime II de Mallorca e Xaime II o Xusto asinaron un tratado de paz, mais esta durou pouco. En 1344 Pedro IV o Cerimonioso asediou a vila e acabou co Reino de Mallorca. Conforme o Tratado dos Pireneos (1659) pasou a pertencer á coroa francesa. En 1793 foi asediada e tomada o 4 de agosto polas tropas españolas do xeneral Ricardos, quen a abandonou tras a derrota na batalla de Le Boulou (1794).
Guerra civil española e segunda guerra mundial
[editar | editar a fonte]En 1939, finalizada a guerra civil española, decenas de miles de republicanos cruzaron a fronteira franco-española. As autoridades francesas confináronos no campo de concentración de Argelès-sur-Mer, situado na praia norte da vila, onde as condicións de vida foron inhumanas.
Celestino Alfonso, José Cabrero Arnal, Josep Bartolí, Anna Delso, Amparo López Jean, Gori Muñoz, Conxa Pérez Collado, Elisa Piqueras, Julián Antonio Ramírez, Adelita del Campo, Manolo Valiente e os irmáns Javier e José Vilató (sobriños de Pablo Picasso), entre outros, foron vítimas do campo.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]- A igrexa parroquial do século XIV está dedicada a Notre Dame dels Prats.
- Igrexa de Sainte-Marie de Torreneules, do século IX.
- Abadía de Vallbona, cisterciense do século XIII.
- Castelos medievais de Ultrère e Poujol (século XII) e torre da Massane, do século XIII.
- Castelo de Valmy, de finais do século XIX: alberga o museo dedicado á memoria dos españois confinados no campo en 1939 e un parque de 5 hectáreas aberto ao público.
- A Casa de les Albères, museo de tradicións e artes populares do «país catalán».
- Reservas naturais da Massane (na serra da Albera) e do Mas Larrieu, na costa, e un dos poucos espazos con dunas do sur de Francia.
- Dólmens clasificados Monuments Historiques, entre eles a Cova de l'Alarb e o Collet de Cotlioure.
- Monólito-memorial situado na praia da localidade, no lugar onde estivo o campo de internamento.
Cidades irmás
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Argelès-sur-Mer |