Saltar ao contido

Sant Sadurní d'Anoia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSant Sadurní d'Anoia
Imaxe

EpónimoSadurniño de Tolosa Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°25′34″N 1°47′06″L / 41.426111111111, 1.785
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
ComarcaAlt Penedès Editar o valor en Wikidata
CapitalSant Sadurní d'Anoia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación12.945 (2023) Editar o valor en Wikidata (681,32 hab./km²)
Número de fogares30 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie19 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porAnoia (en) Traducir e riera de Lavernó (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude162 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataPere Vernet Caldu (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Orzamento17.268.320 € (2024) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal08770 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE08240 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT082401 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio websantsadurni.cat Editar o valor en Wikidata
Igrexa de Sant Sadurní d'Anoia.

Sant Sadurní d'Anoia é un municipio español da comarca do Alt Penedès, na provincia de Barcelona, Cataluña.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

O termo Sadurní procede do antropónimo latino Saturninus, diminutivo de Saturnus 'Saturno'. O predicado ao río Anoia, do latín amnucula 'regato'.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Pertence á comarca do Alt Penedès e linda cos termos municipais de Piera e Sant Llorenç d'Hortons ao norte, Gelida ao leste, Subirats ao leste e sur, e Torrelavit ao oeste, todos de Barcelona. O termo contén os núcleos rurais de Can Benet de la Prua, Can Catassús, Espiells e Monistrol d'Anoia.

As súas orixes están na antiga parroquia de Sant Sadurní de Subirats documentada en 1080. A súa situación privilexiada respecto ao resto de parroquias da zona, aceleraron a súa prosperidade conseguindo ser municipio independente en 1764, momento no que adquire o seu nome actual.

Aínda que o cultivo da viña é anterior, será no século XVIII cando empece a desenvolverse grazas á demanda do mercado americano. Durante os anos 1869 e 1880 vivirase o momento de maior crecemento debido á praga da filoxera que sufrían os viñedos franceses. Desgraciadamente, en 1887, a praga tamén chegaría a San Sadurní arruinando viñas e a economía da poboación. Con todo, campesiños e arrendadores, baixo a dirección de sete propietarios locais, que posteriormente serían alcumados como "os sete sabios de Grecia", emprenderon a ardua tarefa de loitar contra a filoxera. Deste xeito o municipio convértese no principal núcleo catalán na loita contra a praga. Comezouse a replantar as viñas con pés de cepa americana, inmunes á praga, e aos poucos a produción foi crecendo ata chegar aos nosos días nos que San Sadurní é o principal produtor de cava do país.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
2.671 4.198 4.168 7.074 8.591 9.539 11.909

Monumentos

[editar | editar a fonte]
  • Ermida de Sant Benet d'Espiells: entre os séculos X e XI de estilo prerrománico.
  • Casa Consistorial.
  • Fonte do Mingo.
  • Antigo Hospital.
  • Do 1 ao 16 de setembro: Fires i Festes, onde destacan a "Festa da Fil·loxera", en recordo da temible praga, a Festa dels Barris" e a "Festa Major".
  • Doutra banda, a primeira fin de semana de outubro celébrase o chamado "Cavatast". Este evento reúne todas as empresas da denominación do cava, así como outras empresas relacionadas coa gastronomía, nunha verdadeira feira. Toda a céntrica Rambla de la Generalitat prepárase para o evento, onde cada cavista ofrece unha copa de cava no seu posto (caseta) aos visitantes a cambio dun tícket, que compran previamente. Desta forma, inténtase promover a degustación da incriblemente variada oferta de cava, ademais de embutidos, chocolate e outros aperitivos. Os visitantes gozan tamén dunha oferta lúdica extraordinaria.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]