Saltar ao contido

Terrasa

(Redirección desde «Terrassa»)
Modelo:Xeografía políticaTerrasa
Terrassa (ca) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°33′40″N 2°00′29″L / 41.561111111111, 2.0080555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Provinciaprovincia de Barcelona
Ámbito funcional territorialÁmbito metropolitano de Barcelona
ComarcaVallès Occidental Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación225.277 (2023) Editar o valor en Wikidata (3.209,07 hab./km²)
Número de fogares308 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie70,2 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRiera de Rubí (en) Traducir e riu Sec (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude277 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJordi Ballart Pastor (pt) Traducir (2011–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal08221–08229 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico(+34) 93 Editar o valor en Wikidata
Código INE08279 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT082798 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webterrassa.cat Editar o valor en Wikidata
BNE: XX451110

Terrasa[1] ou Terrassa[2] (en catalán: Terrassa, pronunciado [təˈrasə]) é un municipio e cidade española da provincia de Barcelona, en Cataluña. É, xunto con Sabadell, a capital da comarca do Vallès Occidental, ademais de ser a cuarta cidade en poboación de Cataluña.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Terrasa sitúase aos pés da Cordilleira Prelitoral Catalá (Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac) a 286 metros sobre o nivel do mar e 41º33'40" latitude norte, e a 2º0'29" de lonxitude leste. A 28 km de Barcelona e 20 de Montserrat.

Os vestixios atopados indican que a zona na que se asenta Terrasa estivo habitada desde a prehistoria. En 2005, durante os traballos de soterramento dunha das liñas do ferrocarril da cidade, atopouse uns restos arqueolóxicos con ferramentas de pedra e fósiles de animais datados entre 700000 e 900000 anos de antigüidade, que o converten nun dos poucos con restos dos primeiros poboadores de Europa [Cómpre referencia].

Herdeira da antiga Egara romana, sé episcopal no século V, conserva un importante patrimonio medieval no que destaca o conxunto monumental das igrexas románico-visigóticas de Sant Pere, Sant Miquel e Santa María. Outros vestixios medievais importantes son o castelo cartuxa de Vallparadís (hoxe museo municipal) e a torre do Palau. No século XIX a cidade foi protagonista da revolución industrial con especial dedicación aos tecidos de la, da importancia que chegou a conseguir son froito edificios modernistas como a Masía Freixa (actual conservatorio de música), o vapor Aymerich Amat i Jover (actual Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña), o Teatro Principal, o Mercado da Independencia, o concello ou a casa museo Alegre de Sagrera.

Demografía

[editar | editar a fonte]
Evolución demográfica
1900 1930 1950 1970 1981 2000 2008
20.360 39.975 58.880 138.697 155.360 171.794 206.245

Distritos e barrios

[editar | editar a fonte]
Distrito 1: Plaça de Catalunya i Escola Industrial, Cementiri Vell, Centre, Vallparadís e Antic Poble de Sant Pere.
Distrito 2: Montserrat, Vilardell, Torre-sana e Ca n'Anglada.
Distrito 3: Can Parellada, Les Fonts (parte do barrio está dentro do termo municipal de Sant Quirze del Vallès), Can Jofresa, Guadalhorce i Guadiana, Can Palet II, Xúquer, Segle XX e Can Palet.
Distrito 4: Ca n'Aurell, La Maurina, La Cogullada, Roc Blanc, Les Carbonelles e Can Palet de Vista Alegre.
Distrito 5: Sant Pere, Pla del Bon Aire, Can Roca, Poble Nou i Zona Esportiva, Torrent d'en Pere Parres, Can Boada del Pi, Can Gonteres, Pla del Bon Aire i el Garrot.
Distrito 6: Les Arenes, La Grípia, Can Montllor, Sant Llorenç, Sant Pere Nord, Ègara, Can Tusell.


Terrassa vista desde o oeste; algúns barrios están sinalados.

Terrassa vista desde o oeste; algúns barrios están sinalados.


Cultura e tradicións

[editar | editar a fonte]

A cidade, é herdeira dun rico patrimonio medieval, modernista e industrial, conta cunha extensa rede de bibliotecas (entre as cales a moderna Biblioteca Central de Terrasa, que acolle o legado, entre outras, da histórica Biblioteca Soler i Palet), arquivos e museos.

  • O Arquivo Histórico Comarcal de Terrasa / Arquivo Comarcal del Vallès Occidental
  • O Arquivo Municipal Administrativo de Terrassa
  • O Arquivo Tobella
Museo da Ciencia e da Técnica de Cataluña.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para terrasenco.
  2. Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. ISBN 9788482893600. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]