Xogos Olímpicos de 2012
Os Xogos Olímpicos de 2012, correspondentes aos Xogos da XXX Olimpíada, tiveron lugar en Londres entre o 27 de xullo e o 12 de agosto de 2012.
Proceso de candidatura
[editar | editar a fonte]Rolda previa
[editar | editar a fonte]O COI avaliou as nove candidaturas e clasificaron á fase final aquelas que obtiveran máis de 6 puntos.
As nove candidatas e a puntuación obtida foron:
- París (Francia): 8,5 puntos
- Madrid (España): 8,3 puntos
- Londres (Reino Unido): 7,6 puntos
- Nova York (Estados Unidos): 7,5 puntos
- Moscova (Rusia): 6,5 puntos
- Río de Xaneiro (Brasil): 6,0 puntos
- Leipzig (Alemaña): 5,1 puntos
- Istambul (Turquía): 4,8 puntos
- A Habana (Cuba): 3,6 puntos
Outras postulantes
[editar | editar a fonte]- São Paulo (Brasil) (derrotada por Río de Xaneiro),
- Cincinnati, Dallas, Houston, Pittsburgh, San Francisco, Tampa-Orlando e Washington-Baltimore (Estados Unidos) (derrotadas por Nova York),
- Sevilla (España) (derrotada por Madrid),
- Hamburgo, Stuttgart, Frankfurt e Düsseldorf (Alemaña) (derrotadas por Leipzig).
Votación final
[editar | editar a fonte]O 6 de xullo de 2005 realizouse a Sesión 117 do COI, á que asistiron 116 votantes e os representantes das cinco candidatas finalistas, entre as que se destacan personalidades como o presidente Jacques Chirac por París, a Princesa Ana de Inglaterra e David Beckham por Londres, a senadora Hillary Clinton por Nova York e a Raíña Sofía de España por Madrid.
Resultados das votacións | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Cidade | País | Rolda 1 | Rolda 2 | Rolda 3 | Rolda 4 | |
Londres | Reino Unido | 22 | 27 | 39 | 54 | |
París | Francia | 21 | 25 | 33 | 50 | |
Madrid | España | 20 | 32 | 31 | - | |
Nova York | Estados Unidos | 19 | 16 | - | - | |
Moscova | Rusia | 15 | - | - | - |
Sedes
[editar | editar a fonte]Os xogos de Londres disputáronse en tres zonas principais: o Parque Olímpico, a Zona Fluvial e a Zona Central. Á marxe diso, algúns recintos están fóra de Londres.
Zona Fluvial
[editar | editar a fonte]A Zona Fluvial inclúe catro sedes principais a carón do río Támese.
- O ExCeL Exhibition Centre, para o boxeo, esgrima, judo, tenis de mesa, taekwondo, halterofilia, e loita.
- O North Greenwich Arena, para a final de baloncesto e ximnasia artística.
- Greenwich Park, para as competicións de equitación e péntatlon moderno.
- Os Royal Artillery Barracks, para o tiro.
Zona Central
[editar | editar a fonte]- O All England Lawn Tennis and Croquet Club en Wimbledon foi a sede das competicións de tenis.
- O Earls Court Exhibition Centre para o voleibol.
- O Horse Guards Parade para o volei praia.
- No Hyde Park disputarase o tríatlon e a natación en augas abertas 10 km.
- O Lord's Cricket Ground para o tiro con arco.
- O Wembley Arena para o bádminton e a ximnasia rítmica.
- O novo Estadio de Wembley, acolleu as finais de fútbol.
Arredores de Londres
[editar | editar a fonte]- O Lago Dorney, en Buckinghamshire, para as competicións de remo e piragüismo.
- Hadleigh Farm, en Essex, para a modalidade de mountain bike no ciclismo.
- O Lee Valley White Water Centre, en Hertfordshire acolleu os eventos de piragüismo en slálom.
- O Weymouth and Portland National Sailing Academy, en Dorset na costa sur de Inglaterra, acolleu as competicións de vela.
Estadios de fútbol
[editar | editar a fonte]Os seguintes estadios acolleron as primeiras roldas das competicións de fútbol:
- Hampden Park en Glasgow
- Millennium Stadium en Cardiff
- Old Trafford en Manchester
- St James' Park en Newcastle
- Ricoh Arena en Coventry
Calendario
[editar | editar a fonte]Nestes Xogos Olímpicos leváronse a cabo 302 competicións correspondentes a 28 deportes. Na seguinte táboa amósanse as datas de cada competición, así como o número de finais que se disputaron cada xornada.
Evento | Mér 25 |
Xov 26 |
Ven 27 |
Sáb 28 |
Dom 29 |
Lun 30 |
Mar 31 |
Mér 01 |
Xov 02 |
Ven 03 |
Sáb 04 |
Dom 05 |
Lun 06 |
Mar 07 |
Mér 08 |
Xov 09 |
Ven 10 |
Sáb 11 |
Dom 12 |
TOT |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Inauguración | ||||||||||||||||||||
Atletismo | 2 | 5 | 7 | 5 | 4 | 4 | 5 | 6 | 8 | 1 | 47 | |||||||||
Bádminton | 1 | 2 | 2 | 5 | ||||||||||||||||
Baloncesto | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Balonmán | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Boxeo | 3 | 5 | 5 | 13 | ||||||||||||||||
Ciclismo | 1 | 1 | 2 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 3 | 2 | 1 | 1 | 18 | |||||||
Esgrima | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 10 | ||||||||||
Fútbol | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Halterofilia | 1 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 15 | |||||||||
Hípica | 2 | 1 | 1 | 2 | 6 | |||||||||||||||
Hóckey | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Judo | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 2 | 14 | ||||||||||||
Loita | 2 | 3 | 2 | 2 | 2 | 2 | 3 | 2 | 18 | |||||||||||
Natación | 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 4 | 1 | 1 | 34 | |||||||||
Natación sincronizada | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Péntatlon moderno | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Piragüismo | 1 | 1 | 2 | 4 | 4 | 4 | 16 | |||||||||||||
Remo | 3 | 3 | 4 | 4 | 14 | |||||||||||||||
Saltos de trampolín | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 8 | |||||||||||
Taekwondo | 2 | 2 | 2 | 2 | 8 | |||||||||||||||
Tenis | 2 | 3 | 5 | |||||||||||||||||
Tenis de mesa | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||||
Tiro | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 1 | 2 | 15 | |||||||||
Tiro con arco | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||||
Tríatlon | 1 | 1 | 2 | |||||||||||||||||
Vela | 2 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 10 | ||||||||||||
Voleibol | 1 | 1 | 1 | 1 | 4 | |||||||||||||||
Ximnasia | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 3 | 3 | 4 | 1 | 1 | 18 | ||||||||
Clausura | ||||||||||||||||||||
Evento | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 | 01 | 02 | 03 | 04 | 05 | 06 | 07 | 08 | 09 | 10 | 11 | 12 | TOT |
Medalleiro
[editar | editar a fonte]Véxase o artigo Medalleiro dos Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Posición | País | Ouro | Prata | Bronce | Total |
1 | Estados Unidos | 46 | 29 | 29 | 104 |
2 | China | 38 | 27 | 23 | 88 |
3 | Reino Unido | 29 | 17 | 19 | 65 |
4 | Rusia | 24 | 26 | 32 | 82 |
5 | Corea do Sur | 13 | 8 | 7 | 28 |
6 | Alemaña | 11 | 19 | 14 | 44 |
7 | Francia | 11 | 11 | 12 | 34 |
8 | Italia | 8 | 9 | 11 | 28 |
9 | Hungría | 8 | 4 | 5 | 17 |
10 | Australia | 7 | 16 | 12 | 35 |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Atletismo masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
- Baloncesto masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
- Fútbol masculino nos Xogos Olímpicos de Londres 2012
- Galegos nos Xogos Olímpicos de Londres 2012