Pireneos
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Tipo | cordilleira | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Pyrene (en) | ||||
Parte de | cinturón alpino | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Aquitania-Lemosín-Poitou-Charentes, Francia, Occitania, Francia, País Vasco, España, Aragón, España, Navarra, España e Cataluña, España | ||||
Localización | Sudoeste Europeu (pt) | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Val do Ebro, sur Aquitaine Basin (en) | ||||
Conéctase con | Península Ibérica | ||||
Composto por | |||||
Características | |||||
Altitude | 3.404 m | ||||
Dimensións | 491 () km | ||||
Punto máis alto | Pico Aneto (3.404 m ) | ||||
Atravesa | España, Francia e Andorra | ||||
Material usado | Rocha metamórfica | ||||
Superficie | 19.000 km² | ||||
Historia | |||||
Período de tempo | Eoceno, Paleozoico e Mesozoico | ||||
Os Pireneos[1][2] (en aragonés: Pireneus, en castelán: Pirineos, en catalán: Pirineus, en éuscaro: Pirinioak, en francés: Pyrénées, en occitano: Pirenèus) ou o Pireneo constitúen unha cordilleira no suroeste da Europa que forma unha fronteira natural entre a Península Ibérica e Francia, e esténdense entre o mar Cantábrico (golfo de Biscaia) e o mar Mediterráneo (cabo de Creus) durante aproximadamente 415 km. Na súa parte central chega a ter uns 150 km de largo.
Na súa maior parte, a súa crista principal forma a fronteira franco-española, co principado de Andorra entre os seus dous grandes veciños. A principal excepción a esa regra constitúea o Val de Arán, que pertence a España mais se localiza na cara norte da cordilleira. Outra anomalía orográfica inclúe a catarata de Cerdanya e o enclave español de Llívia.
A súa orixe está no pregamento alpino. Os materiais predominantes son calcarias, cuarcitas e lousas. O seu relevo é máis abrupto na parte central, con altitudes máximas de 3.356 m no Monte Perdido e 3.404 m no Aneto.
Formación
[editar | editar a fonte]Está formada a partir de sedimentos costeiros as eras Paleozoica e Mesozoica, coa colisión das placas ibérica e eurasiática hai entre uns 100 e 150 millóns de anos, seguida de intensa erosión de xeo e auga.[3]
Montes
[editar | editar a fonte]Os montes dos Pireneos que superan os 3.200 metros de altitude, ordenados segundo altitude, recóllense na seguinte táboa.
Principais montañas dos Pireneos | |||
Nome | Cordilleira | Altitude (msnm) | |
---|---|---|---|
01 | Pico Aneto | Macizo da Maladeta | 3.404 |
02 | Punta de Llardana | Macizo de Posets | 3.375 |
03 | Monte Perdido | Macizo do Monte Perdido | 3.355 |
04 | Pico Maldito | Macizo da Maladeta | 3.350 |
05 | Pico Espadas | Macizo de Posets | 3.332 |
06 | Cilindro de Marboré | Macizo do Monte Perdido | 3.328 |
07 | Pico da Maladeta | Macizo da Maladeta | 3.309 |
08 | Viñamala | 3.298 | |
09 | Pico Tempestades | Macizo da Maladeta | 3.290 |
10 | Soum de Ramond | Macizo do Monte Perdido | 3.259 |
11 | Marboré | Macizo do Monte Perdido | 3.252 |
12 | Margalida | 3.241 | |
13 | Perdiguero | 3.222 | |
14 | Pico Russell | Macizo da Maladeta | 3.205 |
Fonte: Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional (España) |
Réxime pluvial
[editar | editar a fonte]Os Pireneos Occidentais reciben máis precipitación que os orientais, ó chegar a masas nubosas dende o océano Atlántico e atoparse primeiro as alturas occidentais.[3]
Glaciares
[editar | editar a fonte]Debido a que a glaciación da Era cuaternaria afectou aos Pireneos de modo máis decisivo que ás outras cordilleiras españolas, existen pegadas de modelaxe glaciar desde o Canigó ata o pico de Adi. A maioría dos actuais lagos son de orixe glaciar. Hoxe en día os Pireneos só posúen glaciares de circo ou con pequenas linguas por encima dos 2.700 metros: Aneto, Balaitus, Viñamala, Monte Perdido e Maladeta no lado español e Ossue ou Troumouse no lado francés.
Ríos
[editar | editar a fonte]Nesta cordilleira nacen importantes ríos:
- Na vertente francesa, os ríos Adur, Garona, Nivelle, Tec, Têt, Aglí e Aude.
- Na vertente española, os ríos Bidasoa, Aragón-Subordán, Aragón, Gállego, Ara, Cinca, Ésera, Noguera Ribagorzana, Noguera Pallaresa, Valira, Segre, Ter, Llobregat, Muga e Fluvià.
A inclinación das cuncas dá lugar a algunhas das fervenzas máis altas de Europa, como a Fervenza de Gavarnie, que con 422 m de desnivel é a máis alta de Francia.
Estacións de esquí
[editar | editar a fonte]Conta esta cordilleira con grandes espazos acondicionados para o lecer, ao ofrecer grandes posibilidades polo seu clima. As instalacións para a práctica do esquí son as que precisan dun espazo máis extenso e modificaron profundamente o uso do solo na alta montaña. A continuación móstranse as estacións de esquí que existen nos Pireneos.
Na parte española:
Candanchú, Astún, Formigal, Panticosa-Los Lagos, Cerler, Boí Taüll, Baqueira Beret, Port Ainé, Port del Comte, Espot Esquí, Tavascan, La Molina, Masella, Port del Comte, Vall de Núria, Vallter, Rasos de Peguera.
En Andorra:
Ordino Arcalis, Pal Arinsal, Pas de la Casa-Grau Roig, Soldeu el Tarter, La Rabassa.
Na parte francesa:
La Pierre-st Martín, Artouste, Gourette, Luz Ardiden, Cauterets, Hautacam, Bareges, Gavarnie-Gèdre, La Mongie, Piau Engaly, Saint Lary, Val Louron, Peyragudes, Luchon Superbagneres, Porte Puimorens, Ax-les-Thermes, Font-Romeu, Les Angles, Puyvalador, Formigueres, Puigmal, Cambré d´Aze, Guzet, Les Mont d´Olmes, Ascou-Pailheres, Mijanes-Donezan.
Flora e fauna
[editar | editar a fonte]O macizo acolle o Parque Nacional de Ordesa e Monte Perdido e o Parque Natural de Potsets-Maladeta.[3]
Flora
[editar | editar a fonte]A icona por excelencia da flora pirenaica foi dende sempre o Edelweiss ou flor de neve, na actualidade só se atopa en certas zonas de difícil acceso, como na baixada entre Canón de Añisclo e Pineta, ou nas zonas altas do val de Ordesa.
O pino negro e as faias nas zonas húmidas tamén son moi comúns.
Fauna
[editar | editar a fonte]O Pireneo supón un lugar único para a contemplación de varias especies animais, polo escarpado do terreo, que limitou a presenza humana, factor que sempre é un perigo para a biodiversidade. Entre as case 200 especies animais que sobreviven na cordilleira, destaca sobre todas a presenza do mítico oso pardo, o cal parece recuperarse moi lentamente do seu declive, mais a súa poboación apenas alcanza os 20-25 exemplares.
Entre os mamíferos destaca a camurza, que estivo ao bordo da extinción a comezos do século XIX até os 45.000 exemplares actuais, historia igualmente repetida no caso do cervo ou o corzo, estendidos por todo o monte baixo, así como o omnipresente xabarín. Non ocorre o mesmo co bucardo ou cabra montesa dos Pireneos que se extinguiu no ano 2000. Abundan as marmotas, ás que se observa con frecuencia entre os pastos alpinos. Moito máis difícil de mirar é a auganeira ou desmán dos Pireneos (Galemys pyrenaicus), un pequeno e estraño insectívoro nocturno, endémico desta cordilleira e algunhas áreas do Sistema Central. En total existen 42 especies de mamíferos no Pireneo.
Entre as aves, o rei indiscutíbel e o quebraosos. Extinguido en case toda Europa, é no Pireneo onde a especie encontrou o seu último refuxio, actualmente en expansión e provendo exemplares para proxectos de cría e recuperación nos Alpes. Crese que existen unhas 90-95 parellas e 500-600 quebraosos. O gran depredador dos aires pirenaicos é a aguia real, seguida dunha amálgama de especies nocturnas e diúrnas como son os abelleiros, miñatos reais ou negros, falcóns, lagarteiros, bufos reais ou o rarísimo moucho boreal que pasou de considerarse extinto a ofrecer unha poboación en torno ás 80 parellas, así como aves necrófagas, como o voitre leonado, os voitres pequenos e ultimamente un recentemente chegado en expansión, o voitre negro.
No bosque a pita do monte atópase en perigo de extinción. Xunto a ela, unhas 120 especies de pequenas aves entre as que destacan o peto negro e o peto real. Na alta montaña vive unha das grandes xoias pirenaicas, a Lagopus muta.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pirenaico.
- ↑ "Pireneos". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1639.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Earth from Space: Snowy Pyrenees". www.esa.int (en inglés). Consultado o 2022-03-04.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pireneos |
- Información turística dos Pireneos (en castelán)
- Guía de aloxamento no Pireneo (en castelán)
- Revista Dixital do Pireneo Aragonés (en castelán)
- Pireneo Catalán (en castelán)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |