Saltar ao contido

Xan Quinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXan Quinto

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xuño de 1847 Editar o valor en Wikidata
O Araño, España Editar o valor en Wikidata
Mortevalor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Portugal Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbandoleiro Editar o valor en Wikidata

Antonio Rodríguez Otero, coñecido como Xan Quinto e ás veces tamén como Xoán Quinto, nado no Araño (Rianxo) o 6 de xuño de 1847[1] e finado en Portugal, foi un bandoleiro mítico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

A lenda conta que foi procesado por varios xulgados entre 1870 e 1880 e que a súa sona chegou até o sur da Península Ibérica así como incluso até algúns territorios de Suramérica. Ao igual que Robin Hood en Inglaterra ou a mesma Pepa a Loba en Galiza, Xan Quinto representa o prototipo de ladrón sanguinario cos ricos, e xeneroso e nobre cos pobres. Foi trasladado á literatura por figuras do talle de Valle-Inclán, co seu conto en lingua castelá Juan Quinto. Valentín Paz Andrade asinou algúns artigos na prensa co pseudónimo Xan Quinto.

  1. Borobó (16 de febreiro de 2003). "O bandido do Araño contaba 20 anos máis que Valle-Inclán". O Correo Galego. p. 28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]