Mitoloxía galega
Parte da serie sobre o |
Pobo galego |
---|
Por país |
Demografía de Galicia Diáspora Alemaña · Arxentina · Brasil · Cuba · Estados Unidos de América · Francia · México · Reino Unido · Suíza · Uruguai · Venezuela |
Cultura |
Arquitectura · Arte · Baile · Gastronomía · Literatura · Loita · Música · Mitoloxía · Relixión · Símbolos · Traxe |
Linguas |
Galego Dialecto berciano Xergas: Barallete · Verbo dos arxinas |
Historia de Galicia |
A mitoloxía galega é o conxunto de mitos máis ou menos relacionados (ou mesmo sen conexións entre si): relatos que forman parte da cultura do pobo galego. Poden vir a través de discursos, narracións ou expresións culturais de orixe sagrada e que posteriormente foron secularizados, ou ben ser de orixe pagá que posteriormente foron sacralizados. En todo caso, os relatos mitolóxicos están tratados como discursos relativos a esta cultura, a unha época concreta ou indeterminada ou a unha serie de crenzas de carácter imaxinario.
Descrición
[editar | editar a fonte]Os mitos son relatos baseados na tradición e na lenda, creados para explicar a orixe do mundo e do universo, da humanidade e dos Deuses (o que se entende como cosmogonía), ou ben os fenómenos naturais e calquera outro concepto para o que non houbera unha explicación simple (mitos etiolóxicos).
Porén, non todos os mitos teñen por que ter este propósito explicativo. A maioría deles están relacionados cunha forza natural ou cunha deidade, pero moitos son simplemente historias e lendas que se foron transmitindo oralmente de xeración en xeración.
Seres míticos galegos
[editar | editar a fonte]Os seres míticos galegos son moi diversos e de difícil categorización. En primeiro lugar pódense citar os individuos que pertencen ás "razas míticas":
Por outra banda temos os seres que, aínda tendo aparencia humana, están dotados de características, poderes ou calidades que os achegan ou igualan aos sobrenaturais:
- Baluros
- Lobishomes
- Meigas
- Meigas chuchonas
- Nubeiros ou tronantes
- Mouros e Mouras
- Sabias
- Vedoiros
- Apalpador
Cabe destacar tamén aqueles personaxes míticos fundadores de cidades galegas:
Pódense diferenciar tamén distintos entes concretos que personifican algunha calidade ou condición humana, como:
- O Pedro Chosco
- A Compaña
E outro grupo de entes concretos persoais, como os anteriores, que aparecen nas lendas e nos contos populares, marabillosos ou non, e que quizais sexan supervivencias de cultos antigos:
- A Raíña Lupa
- Ana Manana
- Apalpador
- Brancaflor
- María Castaña
- O Meco
- Orcavella
- Pepa a Loba
Numerosos animais, algunhas veces reais, resultaron mitificados no imaxinario popular:
Pero outras veces trátase de animais totalmente imaxinarios, como o basilisco, a Coca, o urco, os dragóns ou o Unicornio.
Por outra banda, tamén poden adquirir propiedades míticas certas plantas, sexan reais (carballo, a herba de namorar ou o loureiro) ou imaxinarias (a Flor de Santo André, a Flor do Lirolai ou a Herba Cabreira).
Os etnógrafos discuten sobre a inclusión entre os seres míticos de entidades como Deus (ou a Virxe, os anxos e arcanxos, os santos, etc) e o Demo (e mailos chamados demos menores: Trasnos, Trasgos, Tardos, etc). O certo é que moitos santos son puramente imaxinarios (ou cunha biografía e martirio claramente magnificados), ata o punto de que a propia Igrexa rematou por eliminar algún deles do santoral.[1]
Xeografía mítica galega
[editar | editar a fonte]- Crenzas relacionadas co sol, a lúa, as estrelas etc.
- Crenzas relacionadas cos montes, rochas, augas (ríos, lagoas, mares), covas etc.
- Crenzas relacionadas coa auga, a terra, o aire e o lume
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Representación alemá do Lobishome, de 1722.
-
Queima de meigas.
-
Escultura do Olláparo, no paseo da praia de Barraña, Boiro.
-
As lavandeiras da noite, cadro do pintor bretón Yan' Dargent.
-
Unha interpretación dun Nubeiro.
-
Graffiti dun Lobishome en Pontevedra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ A Igrexa Católica revisou o santoral no Concilio Vaticano Segundo e en ocasións posteriores, eliminando do mesmo a supostos santos cuxa existencia non se pode acreditar, como San Cristovo, San Valentín, Santa Bárbara ou San Xurxo, entre moitos outros.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuba, Reigosa, Miranda; ilustracións de Enríquez, Lázaro (1999): Dicionario dos seres míticos galegos. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-8302-363-6.
- Miranda, Reigosa e Cuba (2001): Pequena mitoloxía de Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-8302-705-9.
- Antonio Reigosa ed., Noemí López ilustr. (2020): Guía de campo da Galicia Encantada. Dos seres míticos e dos lugares que habitan. Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 978-84-9121-646-9.
- Antonio Reigosa e Neira Brochs (2020): Cen historias máxicas pola Mariña encantada. Viveiro: Libros LAR. ISBN 978-84-9493-086-7.
- Antonio Reigosa (2020): Contrahistorias de Galicia. Ferrol: Edicións Embora. ISBN 978-84-1782-427-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Galicia encantada (en galego).