Pico Sacro
Tipo | montaña | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
Continente | Europa | |||
División administrativa | Boqueixón, España | |||
| ||||
Cordilleira | Macizo Galaico | |||
Características | ||||
Altitude | 490 m | |||
O Pico Sagro, chamado modernamente Pico Sacro e coñecido na antigüidade como monte Ilicino, está situado no concello de Boqueixón, na parroquia da Granxa.[1]
Descrición
[editar | editar a fonte]No cume existen unha ermida, unha cova con varias entradas, os restos dun castelo medieval e un vértice xeodésico.
O monte é un filón de cuarzo de 533 m de altura, illado doutras montañas.[2] O cume está dividido por unha fenda, posibelmente artificial, chamada Rúa da Raíña Lupa,[3] desde alí vense os cimentos dunha pequena fortaleza, reconstruída polo arcebispo de Compostela Alonso II de Fonseca en 1473.[4]
Poucos metros por baixo da cima está a ermida de San Sebastián, fundada no século X e restaurada en varias ocasións. O 20 de xaneiro celébrase unha romaría neste lugar.[5]
Unha cova estreita e profunda atravesa o pico, lugar que segundo a tradición xacobea era unha das entradas ao inferno. A Vía da Prata, chamado ás veces camiño seabrés ou mozárabe, bordea a aba do pico.[6]
Lendas
[editar | editar a fonte]Na mitoloxía galega, a Raíña Lupa mandou os discípulos do apóstolo Santiago ó Pico Sacro (Mons Illicinus tal como se recolle no códice Calixtino)[7] para que construísen un sepulcro para o apóstolo, sen saber estes que no lugar estaba a cova do Inferno, e que alí vivía un dragón.
A uns 2 km ao SE do pico atopamos unha capela dedicada a Santiago coñecida como "de Santiaguiño" e unha fonte do século XVII que narra o encontro dos discípulos de Santiago co dragón do Pico Sacro.[8]
Cando o ergotismo (fogardente ou lume de Santo Antón) inzaba Galicia, había o costume de que os doentes fosen ó Pico Sacro e, tras facer no cume unha ofrenda dun pan, rezaban a seguinte oración:
- Pico Sagro, Pico Sagro,
- que te consagróu o bendito Sant-Iago,
- líbrame deste fogo airado,
- pola intercesión de la Virgen María,
- un Padre-nuestro e un Ave María.
Ou, simplemente: "Pico Sagro, Pico Sagro, sáname do mal que eu trago".
Vicente Risco, que supón que este ensalmo data do século XIII, fai fincapé no feito de que non se dirixe a santo ningún, senón ó monte mesmo, como se este puidese escoitar e sandar[9].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Vista do Pico Sacro desde o pé.
-
Vista do pico desde o pé
-
Vista desde o pé
-
Panorama polar do Pico Sacro
-
Vista da crista do Pico Sacro desde o cume, cos cimentos do castelo en primeiro plano.
-
Cume do pico
-
Gabia denominada Rúa da Raíña Lupa, que divide o cume do pico.
-
Cova do Pico Sacro, acceso Norte.
-
Cova do Pico Sacro, acceso occidental, situado máis preto da cima.
-
Ermida de San Sebastián do Pico Sacro.
-
Fonte do Santiaguiño en San Pedro de Vilanova (Vedra), onde se narra o encontro co dragón.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "O monte sagrado de galicia - Concello de Boqueixón". www.boqueixon.gal. 2016-03-01. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ España, Instituto Geológico y Minero de. "IELIG - GM041: Filón de cuarzo de Pico Sacro". info.igme.es. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "RÚA DA RAÍÑA LUPA". www.boqueixon.gal - Concello de Boqueixón. 2016-10-14. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "A Granxa" (PDF). www.romanicodigital.com.
- ↑ Máxica, Galicia (2016-03-03). "Capilla de San Sebastián del Pico Sacro". GALICIA MÁXICA; Turismo (en castelán). Consultado o 2023-10-20.
- ↑ "O Pico Sacro nas guías de turismo dos peregrinos do Camiño de Santiago - Concello de Boqueixón". www.boqueixon.gal. 2016-10-06. Consultado o 2023-10-20.
- ↑ Liber Sancti iacobi. Libro III, cap. 1. Catedral de Santiago de Compostela, s. XII
- ↑ "San Pedro de Vilanova" (PDF). www.romanicodigital.com.
- ↑ Risco 1962, p. 271-272.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pico Sacro |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- As montañas de Galiza. A Nosa Terra. 2006. ISBN 978-8483411261.
- Risco, Vicente (1962). "Etnografía: Cultura espritual". En Ramón Otero Pedrayo. Historia de Galiza I. Buenos Aires: Akal. pp. 255–777.