Saltar ao contido

Donón, O Hío, Cangas

Donón

O Facho, en Donón.
ParroquiaO Hío
ConcelloCangas
Coordenadas42°16′20″N 8°51′33″O / 42.272251432314, -8.8591525682335
Poboación173 hab. (2011)
editar datos en Wikidata ]

Donón é unha pequena aldea da parroquia do Hío, ao oeste do concello de Cangas, famoso polas súas praias e vistas privilexiadas das illas Cíes e Ons. Segundo o IGE[1], en 2011 tiña 173 habitantes (83 homes e 90 mulleres).

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

Donón é un termo derivado do celta "dunium"[Cómpre referencia], relaciónase co deus Donn "O Escuro", o deus celta da morte (era un dos fillos de Mil na saga irlandesa), consérvase unha casa de Donn na costa irlandesa onde se despedía ao morto na súa derradeira viaxe.

O Santuario do Facho

[editar | editar a fonte]

Está coroado polo "Facho", un antigo santuario romano dedicado ao deus lar Berobreo. A escavación no Monte do Facho forma parte dun proxecto de investigación adicado ao estudo da romanización dos santuarios indíxenas no occidente hispánico. A primeira campaña levou ao achado do santuario de Berobreo ata agora descoñecido. Atopáronse máis de 180 aras, moitas delas in situ, e observouse a existencia dos lugares da súa colocación exacta. Algunhas localizacións forman parte dun recinto maior. O santuario dátase entre os séculos III-IV d.C. e construíuse enriba dun castro anteriormente abandonado. O primeiro asentamento parece datar da Idade de Bronce e ter un gran tamaño, o segundo xa pertencente á segunda metade do primeiro milenio é un castro da mediano tamaño. Foi abandonado pola grande influencia romana aínda que seguiu existindo como santuario de peregrinación sobre as ruínas do poboado.

Posúe dúas praias principais, a de Melide e a de Barra, esta última unha das praias nudistas máis coñecidas de Galiza.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares do Hío

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia do Hío, no concello pontevedrés de Cangas

Donón | O Igrexario | Liméns | Nerga | Pinténs | Vilanova | Vilariño

Parroquias de Cangas

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias de Cangas

Aldán (San Cibrán) | Cangas (Santiago e San Salvador) | Coiro (San Salvador) | Darbo (Santa María) | O Hío (Santo André)

  1. IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 23 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Guía Completa del mundo Celta. Miranda Green. Oberón, 2004. É a versión en castelán do "Dictionary of Celtic Mith and Legend" (Thomas&Hudson, 1992).