Saltar ao contido

Galiña dos ovos de ouro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ilustración da galiña dos ovos de ouro

A galiña dos ovos de ouro é un ser mitolóxico galego que pon ovos de ouro e pertence a unha princesa moura encantada en serpe. Habita nas fragas, en Campo Lameiro, no gurgullón de Santa mariña. A esta princesa vese nos amenceres cunha flor na boca e quen a bique nos labios desencántaa e convértea en muller. A cambio de romper o feitizo recibes a galiña dos ovos de ouro e podes ver por onde vai a trabe de ouro que conduce ao castro da Andoriña. Nesta mesma fonte móllanlle os pés á imaxe de Virxe da parroquia se queren auga; se queren tempo seco, móllanlle a cabeza.[1]

Noutras culturas

[editar | editar a fonte]

Entre pedra e Penalba e Rotea de Mendes, en Campo Lameiro, hai unha fonte cunha moura que coida dunha galiña de ovos de ouro e dun berce de ouro.

No castro da igrexa de Cazás, en Xermade, hai unha pedra cunha inscrición. Ao descifrar a pedra sae unha galiña que pon ovos de ouro.

Pode lembrarnos á pita que aparece no conto de Xan o das fabas máxicas,[cando?] propiedade do ogro.

  1. Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]