Saltar ao contido

Larouco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLarouco
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°20′48″N 7°09′48″O / 42.3466, -7.1632
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalLarouco Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación444 (2023) Editar o valor en Wikidata (18,74 hab./km²)
Xeografía
Superficie23,69 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude542 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcaldesa Editar o valor en WikidataPatricia Lamela Rodríguez (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Larouco Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32358 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32038 Editar o valor en Wikidata

Larouco é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Valdeorras. Segundo o IGE en 2018 tiña 455 habitantes (570 en 2003).

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello ten 23,7 km², e está dividido en catro parroquias. Está situado nun macizo montañoso, entre os concellos da Rúa, Petín, O Bolo e Manzaneda (tamén da provincia de Ourense) e o concello lucense de Quiroga.

A vexetación está formada principalmente por soutos de castiñeiros.

Orografía

[editar | editar a fonte]

A morfoloxía do territorio de Larouco, situado entre os 500 e 700 m de altitude, aparece definida por vales e bocarribeiras coa presenza de pequenos retrincos de superficies de aplanamento. A este respecto, é necesario ter en conta que neste sector as vellas superficies de aplanamento formadas durante o Secundario e Terciario foron basculadas pola tectónica NeoxenoCuaternario e degradadas pola acción dos ríos Sil, Bibei e Xares. O resultado traduciuse nunha serie de vales profundamente encaixados e de pequenas superficies aplanadas, os primeiros predominantes nas parroquias de Larouco e Portomourisco, e as segundas nas de Seadur e Freixido, sobre todo na última. Así pois, pódese dicir que sobre materiais de lousa e xistos, encartados e metamorfizados polo Herciniano, e basculados pola tectónica Neóxeno – Cuaternario, actuaron os diferentes sistemas morfoxenéticos (subtropical, semiárido, glaciar, tépedo) ao longo do Terciario e Cuaternario, orixinando o relevo actual.[1]

Edafoloxía

[editar | editar a fonte]

Os materiais xeolóxicos que se presentan no concello son principalmente os gneises seguidos de areíscas, cuarcitas e filitas, así como rocas sedimentarias.

A tipoloxía de solo é moi pouco variada cun claro predominio de solos rexuvenecidos pola erosión.

Como contraposición a estes, temos os solos asociados á ribeira do Sil e ao val cara a Portomourisco. Os sedimentos cuaternarios depositados no fondo do val deron lugar a solos permeables e porosos, abundando o cambisol úmbrico bastante profundo. Este solo é sobre o que está asentado o núcleo urbano.

O granito aflora ao noroeste, con solo protorranker xerofítico, así como terra parda coluvial e pseudogley, sobre granito moi alterado. Ademais existen: leptosoles úmbricos, leptosoles líticos, cambisoles úmbricos, cambisoles glaicos, cambisoles úmbricos, protorranker xerofítico, lehm pardo, ránker e pseudogley.

O pH destes solos é eminentemente acedo, oscilando entre 5 e 5,5. Nos cumes montañosos orientados cara ao oeste, o pH descende máis de 1 punto.[1]

Hidrografía

[editar | editar a fonte]

Os río e arroios non son importantes pola achega de auga ao municipio, senón polas súas fontes, situadas nas terras orientais. Así, o Bibei, que bordea o municipio polo sur, ou o Xares que o fai polo leste, traen as súas augas dos macizos de Trevinca, directamente e do de Manzaneda a través do Camba, Conso etc. Os arroios que nacen en terras de Larouco, eminentemente invernais, son intermitentes e en certo xeito pódense asimilar aos leitos de auga meseteños, levan auga mentres duran as choivas e secan na primavera ou comezos de verán.[1]

Río Xares
Vista panorámica
Adega Seadur

As características do relevo, fundamentalmente a cerrazón dos vales, sumadas á situación do municipio na Galicia sur oriental, explican, en gran medida, a peculiaridade do seu clima, claramente diferenciado da imaxe tradicional da Galicia húmida. En efecto, trátase dunha zona con evidentes influencias mediterráneas, cuxo clima, denominado oceánico – mediterráneo, caracterízase por unhas temperaturas medias da orde dos 15 ºC, oscilación térmica acusada, meses estivais cálidos (22 ºC en xullo e agosto) e invernos fríos (5 ºC en xaneiro e febreiro, xeadas frecuentes e escasas precipitacións (700 mm ao ano). Ademais, é unha zona rica en tormentas estivais, debido especialmente ao desenvolvemento de nubes de orixe vertical, á súa vez froito do forte quecemento do chan nos meses estivais. Pola contra, no inverno son frecuentes os investimentos térmicos, que orixinan a aparición de néboas no fondo dos vales.[1]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 455 (2018)
Menores de 15 anos 23 (5.05 %)
Entre 15 e 64 anos 202 (44.4 %)
Maiores de 65 anos 230 (50.55 %)
Evolución da poboación de Larouco   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
1.618 1.813 1.576 1.102 570 584 544
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

En estreita relación co clima, as formacións vexetais de Larouco ofrecen un bo exemplo de mediterranización, coa presenza de érbedos (Arbutus unedo), xaras (Cistus ladanifer) e sobreiras, que destacan á beira da uz branca (Erica arborea) e uz vermella (Erica australis), ou dos soutos de castiñeiros. No abundante monte baixo coexisten tamén o romeu, o tomiño, etc, é dicir, unha vexetación moi diferente da habitual no chan galego.[1]

Na zona predomina a vide, de aí a importancia da produción vitivinícola na economía familiar. Dentro das variedades comúns destacan o Xerez e a Garnacha, das variedades autóctonas predominan o Godello, o Mencía, o Merenzao, a Mozafresca ou o Rabo de ovella.[2]

Tamén é de destacar as plantación de oliveiras, aínda que foi minguando a súa cantidade co paso do tempo.

Olivo Centenario Seadur

En canto á fauna, a presenza de especies faunísticas está fortemente condicionada polo medio circundante, especialmente pola cobertura vexetal natural e a presenza humana. A fauna que se pode atopar na contorna do concello de Larouco é:

Anfibios

Ra verde (Pelophylax perezi), ra patilonga (Rana iberica), rela europea (Hyla arborea), salamántiga (Salamandra salamandra), sapo raxado (Discoglossus galganoi), sapo corredor (Bufo calamita), sapo parteiro (Alytes obstetricans), tritón común (Lissotriton boscai) e tritón verde (Triturus marmoratus).

Réptiles

Cobregón (Malpolon monspessulanus), cobra de escada (Rhinechis scalaris), cobra lagarteira meridional (Coronella girondica), cobra viperina (Natrix maura), lagarta rabuda norteafricana (Psammodromus algirus), lagarta galega (Podarcis bocagei), lagarta dos penedos (Podarcis hispanica), lagarto arnal (Lacerta lepida) e osga común (Tarentola mauretanica).

Peixes

Reñosa (Chondrostoma arcasii), boga do Douro (Chondrostoma duriense), escalo (Squalius carolitertii) e troita común (Salmo trutta).

Mamíferos

Coello (Oryctolagus cuniculus), lebre ibérica (Lepus granatensis), corzo (Capreolus capreolus), algaria (Genetta genetta), lobo (Canis lupus), barbastelo das fragas (Barbastella barbastellus), morcego grande de ferradura (Rhinolophus ferrumequinum), morcego pequeno de ferradura (Rhinolophus hipposideros), morcego de Natterer (Myotis nattereri), lontra (Lutra lutra), teixugo (Meles meles), toupa ibérica (Talpa occidentalis) e xabarín (Sus scrofa).

Aves
Aula da Natureza Freixido
Aula da Natureza Freixido
Via Nova

Abellaruco europeo (Merops apiaster), abelleiro europeo (Pernis apivorus), bubela (Upupa epops), azulenta común (Prunella modularis), gabeador común (Certhia brachydactyla), cobreira común (Circaetus gallicus), aguia calzada (Hieraaetus pennatus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus), picanzo vermello (Lanius collurio), laverca común (Alauda arvensis), cotovía pequena (Lullula arborea), pato frisado (Anas strepera), lavanco común (Anas platyrhynchos), gaio común (Garrulus glandarius), moucho de orellas (Otus scops), andoriña de cu branco (Delichon urbicum), andoriña dos penedos (Ptyonoprogne rupestris), andoriña das barreiras (Riparia riparia), azor común (Accipiter gentilis), pica dos campos (Anthus campestris), miñato común (Buteo buteo), cardeal común (Pyrrhula pyrrhula), avelaiona (Strix aluco), ferreiriño real (Parus major), ferreiriño carboeiro (Parus ater), peneireiro común (Falco tinnunculus), carriza (Troglodytes troglodytes), noiteboa cincenta (Caprimulgus europaeus), cegoña branca (Ciconia ciconia), paspallás (Coturnix coturnix), rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus), rabirrubio común (Phoenicurus ochruros), chasco cincento (Oenanthe oenanthe), corvelo (Corvus corone), cuco común (Cuculus canorus), corvo común (Corvus corax), papuxa de cabeza negra (Sylvia melanocephala), papuxa das amoras (Sylvia atricapilla), papuxa carrasqueira (Sylvia cantillans), papuxa do mato (Sylvia undata), papuxa común (Sylvia communis), escribenta amarela (Emberiza citrinella), escribenta riscada (Emberiza cia), escribenta común (Emberiza cirlus), estorniño negro (Sturnus unicolor), galo copo (Fulica atra), galiña do río (Gallinula chloropus), tartaraña azulada (Circus cyaneus), gabián eurasiático (Accipiter nisus), andoriña común (Hirundo rustica), andoriña dáurica (Cecropis daurica), pardal común (Passer domesticus), pardal montés (Passer montanus), falcón peregrino (Falco peregrinus), ferreiriño azul (Parus caeruleus), xílgaro (Carduelis carduelis), lavandeira branca (Motacilla alba), curuxa común (Tyto alba), picapeixe común (Alcedo atthis), millafre negro (Milvus migrans), millafre real (Milvus milvus), melro común (Turdus merula), ferreiriño rabilongo (Aegithalos caudatus), moucho común (Athene noctua), picafollas europeo (Phylloscopus collybita), picafollas ibérico (Phylloscopus ibericus), picafollas de Bonelli (Phylloscopus bonelli), ouriolo (Oriolus oriolus), pombo das rochas (Columba livia), pombo torcaz (Columba palumbus), pombo pequeno (Columba oenas), liñaceiro común (Carduelis cannabina), perdiz común (Alectoris rufa), paporrubio (Erithacus rubecula), peto real (Dendrocopos major), pimpín común (Fringilla coelebs), peto verde eurasiático (Picus viridis), zurrasca común (Rallus aquaticus), estreliña riscada (Regulus ignicapilla), melro rubio (Monticola saxatilis), melro azul (Monticola solitarius), rousinol bravo (Cettia cetti), rousinol común (Luscinia megarhynchos), mergullón cristado (Podiceps cristatus), chasco común (Saxicola torquatus), peto formigueiro eurasiático (Jynx torquilla), rola común (Streptopelia turtur), rola turca (Streptopelia decaocto), trepadeira azul (Sitta europaea), trigueirón (Emberiza calandra), pega (Pica pica), cirrio común (Apus apus), xirín (Serinus serinus), verderolo común (Carduelis chloris), mergullón pequeno (Tachibaptus ruficollis), folosa poliglota (Hippolais polyglotta), tordo do visgo (Turdus viscivorus) e tordo común (Turdus philomelos).[1]

Consérvanse restos da cultura castrexa na parroquia de Seadur. O castro de Cabanelas está rodeado de murallas, cun foxo e un parapeto de grandes rochas graníticas; polo norte está defendido por un profundo precipicio cara ao río Sil, funcionando de miradoiro sobre os vales de Petín e A Rúa.

Restos O Castrillon
Restos O Castrillon

Os Codos de Larouco, situados entre os concellos de Trives, Manzaneda e Larouco, son os restos da vía XVIII do Itinerario de Antonino, nun trazado extremadamente sinuoso. A Via Nova, unía Braga con Astorga.

Toponimia

[editar | editar a fonte]

Larouco era unha divindade local da cultura castrexa[3].

O seu nome, segundo os profesores Rodríguez Colmenero e L.Fontes, é coñecido dende tempos remotos xa que "LARAVCUS o LARAVCOS era unha divindade prerromana", divindade que ao chegar os romanos ao Noroeste xa recibía culto, tendo os mesmos atributos que Xúpiter.

Segundo a teoría destes profesores "o topónimo LARAVCO é anterior á romanización". Máis tarde, coa invasión romana seguiron as crenzas nesta deidade, localizadas preferentemente na serra de Larouco situada ao suroeste da provincia de Ourense e ao norte da comarca lusa de Barroso.[2]

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Patrimonio arqueolóxico

[editar | editar a fonte]

Son abundantes as testemuñas da época prerromana. Dentro do termo municipal localizáronse os seguintes asentamentos castrexos:

  • O Castro: atópase coroando o monte do Viso, dende o que se ten unha fermosa panorámica da calzada romana que vai dende Nemetobriga ata a aldea de Larouco.
    Via Nova
  • O Castrillón: localizado nun terreo de lousa, pódese observar unha muralla e un foxo de 200m.
  • Castro Cabanelas: sito na aldea de Seadur. Distínguese a muralla e o foxo do castro.

Están localizados diferentes xacementos tipo "villae":

  • O Poulo: na actualidade atópase o núcleo urbano "o Barrio do Poulo". Próximo á calzada romana.
  • Seoane: barrio de Larouco asentado nun primitivo xacemento romano. Nos muros das casas hai fragmentos de pedras de muíño de man, circular e barquiforme.
  • O Pombal: coñecido como O Pombal da Casa Grande en Freixido. Atopáronse restos de muros de edificacións, cerámica romana e estatuas de bronce.[2]

Patrimonio natural

[editar | editar a fonte]

Macizo Central:

  • Zonas Especiais de Conservación (ZEC)
  • Rede Natura 2000
  • Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN)

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Galería de imaxes de Larouco.

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Larouco

Freixido (Sagrado Corazón de Xesús) | Larouco (Santa María) | Portomourisco (San Víctor) | Seadur (Santa Mariña)

Lugares de Larouco

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Larouco vexa: Lugares de Larouco.

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Plan Municipal de Prevencion e Defensa contra incendios forestais do Concello de Larouco. Seaga
  2. 2,0 2,1 2,2 Castro Voces, Antonio (2002). Larouco tierra de paso (en castelán). Diputación Provincial de Ourense. ISBN 84-96011-10-0. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2021. Consultado o 15 de abril de 2021. 
  3. "Deuses e deusas na raia (e III): Mirarlle a cara a un antigo deus", artigo de Manuel Gago Mariño en Capítulo Cero, 25 de xaneiro de 2012.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]