Quiroga
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital de | |||||
Capital | Quiroga | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.099 (2023) (9,71 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 319 km² | ||||
Altitude | 267 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Julio Álvarez Núñez | ||||
Eleccións municipais en Quiroga | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27320 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27050 | ||||
Páxina web | concellodequiroga.com |
Quiroga é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Quiroga e á Ribeira Sacra. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 3.257 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Quiroga está situada ó sueste da provincia de Lugo nas beiras do río Sil. Limita co concello de Folgoso do Courel ao norte, coa provincia de Ourense ó sur, Ribas de Sil e A Pobra do Brollón ó oeste e Vilamartín de Valdeorras e provincia de León polo leste.
Dista 84 km da capital provincial, Lugo e ten unha superficie de 319 km².
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 3.257 (2018) |
---|---|
Menores de 15 anos | 269 (8.26 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1.713 (52.59 %) |
Maiores de 65 anos | 1.275 (39.15 %) |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Na igrexa de Santa María da Ermida, do século XII, atopouse un relevo paleocristián en mármore, do século V, coñecido como Crismón de Quiroga. En 1925 trasladouse ó Museo da Catedral de Lugo, onde se expón actualmente.
Na parroquia de Sequelos consérvanse os restos do Castelo dos Novais e da Torre de Sequeiros. Quiroga conta coa ruta homologada de sendeirismo PR-G 141 Ruta do Ouro e do Camiño Real, unha ruta sendeirista circular de 16 km con principio e fin na aldea de Margaride.
Deporte
[editar | editar a fonte]No concello de Quiroga hai varias entidades deportivas:
- Quiroga FC, equipo de fútbol que xoga na Segunda Galicia. Fundado en 2011 é herdeiro do Club Deportivo Quiroga, que competiu entre 1980 e 2006.
- Quiroga FSF, equipo de fútbol sala.
- Club de Montaña Formigueiros
- Motoclube A Curuxa
- Enduro Quiroga
- Quiroga Volei
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Quiroga.
-
Auditorio municipal e Museo Etnográfico.
-
Albergue municipal.
-
Museo xeolóxico de Quiroga.
-
Explotación romana de ouro Covas do Medo en Margaride.
-
Túnel romano en Montefurado.
-
Dobramento xeolóxico de Campodola-Leixazós.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Quiroga
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Quiroga vexa: Lugares de Quiroga.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quiroga |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |