Porqueira
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Forxa | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 841 (2023) (19,38 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 43,4 km² | ||||
Altitude | 635 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Susana Vázquez Dorado | ||||
Eleccións municipais en Porqueira | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 32062 | ||||
Porqueira é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 901 habitantes (1.151 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «porqueirés».
Poboación
[editar | editar a fonte]Censo total | 901 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 35 (3.88 %) |
Entre 15 e 64 anos | 430 (47.72 %) |
Maiores de 65 anos | 436 (48.39 %) |
Evolución da poboación de Porqueira Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
3.058 | 2.899 | 3.104 | 1.952 | 1.130 | 1.103 | 1.043 | 1.005 | 961 | 931 | 901 | 859 | 848 | 830 | 815 | 823 | 828 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Xeografía
[editar | editar a fonte]O concello ten 43 km² e abrangue 30 entidades de poboación repartidas en 6 parroquias. Limita ao norte con Rairiz de Veiga, ao sur con Calvos de Randín e Os Blancos, ao leste con Xinzo de Limia e ao oeste con Bande e Muíños. A capital é A Forxa, situada a 52 km de Ourense.
Dentro da comarca da Limia o concello atópase nun estreitamento entre as vertentes máis suaves da Raia Seca e o río Limia. O val do río en dirección leste a oeste é o límite setentrional do concello, encaixado entre os montes de Bande e a serra do Xurés.
Historia
[editar | editar a fonte]A historia de Porqueira ten o seu apoxeo na Idade Media, cando existían o mosteiro de Porqueira e o castelo de Porqueira, do que só se conserva a torre. No século XII o rei Fernando II concedeulle a terceira parte da poboación ao Conde Fernando Arias da Casa de Traba.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Castelo
[editar | editar a fonte]Non se coñece a data de fundación do mosteiro de Porqueira, pero posiblemente na súa orixe fose de carácter familiar e hereditario. A mediados do século XII foi rexentado pola Orde de Cóengos Regulares de San Agostiño. En 1157 o rei Afonso VII cedeullo á catedral de Ourense.
Na primavera de 1387 foi ocupado polo duque de Lancaster, no contexto da guerra contra Pedro I iniciada en 1366. A mediados do século XV pertencía aos Benavente, e viuse envolto na revolta irmandiña.
Ao longo da Idade Moderna sufriu un proceso de ruína común a moitos outros castelos, e foron desaparecendo as edificacións, quedando só a torre. En 1837, trala creación do municipio como tal, creáronse alí as oficinas do concello de Porqueira, e máis tarde pasou a ser propiedade privada. Isto puxo en perigo a existencia da torre, que se puxo a venda como canteira de perpiaños.
Mosteiro
[editar | editar a fonte]Non se coñece tampouco a orixe do mosteiro de Porqueira. Consérvanse varios documentos datados entre 1181 e 1228 nos que os reis Fernando II e Afonso IX doaban parte do mosteiro á diocese de Ourense.
Posteriormente foi ocupado por monxes da orde dos Xerónimos, sendo esta a súa única sede na actual provincia de Ourense. Foi nesta época cando tivo maior esplendor. Sendo prior Jordán construíuse a igrexa e o claustro. Este prior, así como os seus sucesores, recibían os títulos de abade de San Lourenzo, prior e señor de Guía e Cartelas, e señor xurisdicional da Forxa. Tiñan a facultade de nomear xuíz ordinario e escribán para cada unha das catro entidades.
O título de prior foi conservado polo párroco de Santa María a Real de Porqueira. Un deles peiteou coa Mitra acerca dos seus dereitos e regalía, e para eximirse de visita pastoral, a Cámara decidiu a favor do prior, posto que pertencía ó padroado real.
Porqueira na literatura popular
[editar | editar a fonte]- O río da Feira Nova/ pasa por baixo da ponte;/ as mozas de Paradela/ deixan o gado no monte [1].
- Ollos blancos, ollos negros,/ tenos a miña cadela/ para ir corre-los coellos/ nos montes de Paradela [2].
- Baixa abaixo Castelaus, que Porqueira xa baixou, Faramiñás leva a sona, porque sempre a levou (recollida por Antón Méndez Gándara en Faramiñás. Ano 1994).
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Porqueira.
-
Igrexa de San Martiño de Porqueira.
-
Igrexa de San Lourenzo de Abeleda.
-
Casa do concello.
-
Hórreos.
-
Rúa Estremadoiro.
-
Estrada OU-301 ó seu paso por Porqueira.
-
Torre da Forxa.
-
Placa altimétrica da casa do concello.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Porqueira
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Porqueira vexa: Lugares de Porqueira.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 124. Xaquín Lorenzo localiza esta Feira Nova na parroquia de San Fiz de Galez, no concello de Entrimo, pero o Nomenclátor non recolle tal lugar senón A Feira Vella; en todo caso, lémbrese que A Ponte Liñares, lugar da parroquia de Santiago de Güín, no concello de Bande, tamén se coñece como A Feira Nova. Finalmente, San Xoán de Paradela de Abeleda é parroquia do concello de Porqueira, tamén na comarca da Limia.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 118. No orixinal: correlos. Refírese a San Xoán de Paradela de Abeleda, Porqueira.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Porqueira |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |