Saltar ao contido

Trasmiras

Modelo:Xeografía políticaTrasmiras
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°01′22″N 7°37′00″O / 42.022777777778, -7.6166666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalTrasmiras Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.228 (2023) Editar o valor en Wikidata (21,64 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie56,74 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude654 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataEmilio Pazos Ojea Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Trasmiras Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32082 Editar o valor en Wikidata

Sitio webtrasmiras.opennemas.com Editar o valor en Wikidata
Facebook: contrasmiras Instagram: contrasmiras Editar o valor en Wikidata

Trasmiras é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2014 tiña 1.456 habitantes (1.828 en 2003). O xentilicio é trasmirao.[1]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 1.456 (2014)
Menores de 15 anos 84 (5,77 %)
Entre 15 e 64 anos 751 (51,58 %)
Maiores de 65 anos 621 (42,65 %)
Evolución da poboación de Trasmiras   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
2.679 3.169 3.638 3.893 1.786 1.656 1.560 1.534 1.500 1.456
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello, de 56,7 km², abrangue 9 parroquias. O noroeste do concello está regado pola bacía do río Limia. Outras cuncas importantes son as do río Trasmiras e o Faramontaos. A Veiga de Limia é un espazo natural de 1.400 hectáreas, que se estende por este concello e o veciño de Xinzo de Limia. É unha zona húmida que quedou illada trala desecamento da lagoa de Antela.

O concello está atravesado pola estrada N-525 e pola autovía A-52.

A zona estivo poboada pola tribo dos límicos. Trala romanización de Galicia quedou baixo influencia do Forum Limucorum. Na idade media quedou baixo influencia do condado de Lemos.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Destacan varias igrexas de estilo románico: a de Santa María de Zos consérvase completamente neste estilo, cunha fachada con tres arquivoltas. As de San Xoán de Trasmiras e San Salvador de Vilar de Lebres sufriron reformas posteriores. A de San Martiño de Abavides tamén foi modificada, e o seu retablo foi restaurado. A carón da igrexa hai un cruceiro.

En Santa Mariña de Escornabois hai un peto de ánimas que forma conxunto cun cruceiro.

En Vila de Rei hai unha ermida sobre un outeiro.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Trasmiras

Abavides (San Martiño) | Chamosiños (Santa Baia) | Escornabois (Santa María) | Lobaces (Santa María) | Trasmiras (San Xoán) | Vila de Rei (San Salvador) | Vilar de Lebres (San Salvador) | Vilaseca (San Román) | Zos (Santa María)

Lugares de Trasmiras

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Trasmiras vexa: Lugares de Trasmiras.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.