Xinzo de Limia
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | provincia de Ourense | ||||
Capital | Xinzo de Limia | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 9.529 (2023) (71,82 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 132,67 km² | ||||
Altitude | 621 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Amador Díaz Penín (2023–) | ||||
Eleccións municipais en Xinzo de Limia | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 32... | ||||
Código INE | 32032 | ||||
Sitio web | xinzodelimia.gal | ||||
Xinzo de Limia é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2015 tiña 10.043 habitantes (9.999 no 2006, 9.930 no 2005, 9.869 no 2004, 9.821 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «limiao», «limego» ou «límico».
Está situado a 35 km de Ourense e 30 de Verín.
Demografía
[editar | editar a fonte]Censo total | 10.043 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 1.352 (13.46 %) |
Entre 15 e 64 anos | 6.100 (60.74 %) |
Maiores de 65 anos | 2.591 (25.8 %) |
Fonte: Instituto Nacional de Estadística (INE), 1857-2011
Evolución da poboación de Xinzo de Limia Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
5.622 | 8.495 | 10.200 | 10.544 | 9.869 | 10.161 | 10.329 | 10.358 | 10.307 | 10.200 | 10.043 | 10.004 | 9.875 | 9.836 | 9.715 | 9.637 | 9.621 | 9.611 | |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Hidrografía[1]
[editar | editar a fonte]A rede hidrográfica, antes marcada pola lagoa de Antela despois da súa seca, pasou a organizarse arredor do río Limia, que cruza todo o municipio con escasa pendente e dificultades de drenaxe, polo que no inverno é frecuente ver zonas asolagadas. Pola súa beira esquerda únenselle varios afluentes que teñen o seu nacemento nas zonas mais meridionais do municipio: Faramontaos, Nocedo, Rego dos Arnos e Rego da Ribeira.
Historia
[editar | editar a fonte]Idade Antiga
[editar | editar a fonte]Xinzo de Limia ten as características dos pobos límicos, que se asentaron durante a dominación romana. Para uns autores como GÓNZALEZ DE ULLOA a capital deste pobo estaría en Sarreaus[2][3], na ladeira occidental do Monte Viso, a localización da capitalidade deste pobo non é compartida por tódolos investigadores[4], sobre todo despois dos importantes achados na vila de Xinzo de Limia que a convirten na outra "alternativa" para situar a capitalidade dos límicos durante o período galaico-romano (XUSTO RODRÍGUEZ, 1999. RIVAS FERNÁNDEZ, 2000)
No norte do municipio atópanse vestixios da vía XVIII do itinerario de Antonino, que unía Braga e Astorga.
Idade Media
[editar | editar a fonte]A cidade foi conquistada e reconquistada por parte do rei portugués Afonso Henriques. Concretamente no 1130, o Rei de Portugal, tentando recuperar as terras que posuía a súa nai D. Teresa, comandou unha ofensiva contra o sur de Galicia, e despois de tomar Tui encamiñouse a Limia, onde coa axuda do Tenente da Limia o Conde Rodrigo Pérez, incorporouna a súa Coroa construíndo daquela o Castelo de Celme[5].
O rei portugués tenta conquistar un punto clave cando ataca Badaxoz en 1169, o que redunda nun desastre militar. O seu obxectivo consistía en dominar a liña do Guadiana. Alfonso esnaquízase unha perna nesta campaña e queda en mans do seu xenro Fernando II. A cambio da súa liberdade, tivo que proceder á devolución das terras de Toroño e Limia que antes ocupara[6], pasando a constituír un condado.
Idade Contemporánea
[editar | editar a fonte]O concello de Moreiras foi creado por decreto de 15 de xullo de 1836 e o 9 de xaneiro de 1927 [7] incorporouse ao concello de Xinzo de Limia.
Entroido
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Entroido de Xinzo de Limia.
Xinzo de Limia ten un dos ciclos de entroido máis longos de Galicia, con cinco semanas de duración e que está declarado como Festa de Interese Turístico Internacional.
O ciclo iníciase o sábado anterior ao domingo fareleiro co petardazo, onde a xente se xunta na Praza Carlos Casares para dar a benvida ao entroido cunha conta atrás; no propio domingo ten lugar a primeira batalla co farelo.
A fin de semana seguinte ten lugar o "Colgamento do Meco": a procesión do Meco ten lugar o sábado antes do domingo oleiro desde o Barrio de Abaixo, que ao escurecer sae pola rúa dos Viños acompañado con fachucos de palla e unha gran comitiva formada polo carro cos bois, touro, choqueiros, máscaras, cura, gaiteiros, apeiros de labranza e gandeiros con vestimenta tradicional. O domingo oleiro celébrase na Praza Maior o xogo da ola, pásanse as olas de barro de Niñodaguia (Xunqueira de Espadanedo); despois o xogo repítese no Barrio de Abaixo.
A noite das mulleres (noite fémina ou sábado corredoiro), as mulleres da vila reúnense para cearen en restaurantes ou en locais particulares. O domingo corredoiro saen por vez primeira as pantallas ás rúas.
Desde o venres até o martes de entroido son os cinco días grandes, coa participación de charangas e bandas de gaitas locais. O venres de entroido ten lugar o desfile dos cativos de tódolos centros educativos da comarca. O martes de entroido pola tarde ten lugar o gran desfile de comparsas e carrozas. O mércores de cinza ten lugar o enterro da sardiña, logo do sermón e o pasarrúas.
O ciclo péchase o domingo de piñata con xogos infantís. No ano 2024 recuperouse o sábado de Piñata, onde se realiza o baile e a verbena de mascaritas e mailo xogo da cucaña na Praza Maior.
Política municipal
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Eleccións municipais en Xinzo de Limia.
O 11 de outubro de 2010 o pleno municipal elixiu como novo alcalde ao popular Antonio Pérez, logo da dimisión do senador Isaac Vila Rodríguez, que foi alcalde durante 25 anos. O 21 de marzo de 2018 Pérez presentou a súa dimisión como concelleiro e rexedor do concello tras ser condenado por prevaricación,[8] polo que foi substituído por Manuel López Casas.[9]
Tralas eleccións do 2019, foi investida alcaldesa a socialista Elvira Lama Fernández grazas á coalición co BNG e partidos locais (AXIL e XA). No 2024, a alcaldía virou cara a dereita, sendo investido alcalde Amador Díaz Penín (ÁXIL) grazas ao apoio do PP.
Xinzo na literatura popular
[editar | editar a fonte]- Home de Xinzo e boi de Vilar, non se afán en calquera lugar [10].
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Xinzo de Limia.
-
Torre da Pena da Portela.
-
Igrexa de San Pedro de Boado.
-
Casa do concello.
-
Marcador coa conta atrás para o Entroido.
-
Río Limia ao seu paso pola vila
Parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Xinzo de Limia
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Xinzo de Limia vexa: Lugares de Xinzo de Limia.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "A Limia". Páxina oficial do Concello de Xinzo. Consultado o 02/09/2022.
- ↑ García Valdeiras, Manuel (2001). "O Forum Limicorum". Minius IX: 39–50.
- ↑ González García, Francisco Javier (2007). Los pueblos de la Galicia Céltica. Akal. p. 541. ISBN 978-84-460-2260-2.
- ↑ J.C, Rivas Fernández (2000). "O Foro dos Límicos. Xinzo, Epicentro de Camiños en Época Romana". Lethes 2: 62–73.
- ↑ "As cen torres da Limia". O castelo de Portela da Pena. Consultado o 02/09/2022.
- ↑ Baquero Moreno, Humberto. "Afonso Enriques". Real Academia de la Historia. Consultado o 02/09/2022.
- ↑ Martínez Cerredelo, Edelmiro (2012). Grupo Pedro González de Ulloa de Estudos Históricos da Limia. Historia de Xinzo de Limia. ISBN 978-84-616-1499-8.
- ↑ F., L. (6 de abril de 2018). "Xinzo celebra pleno extraordinario para elixir novo alcalde tras a dimisión de Pérez". Faro de Vigo. Consultado o 6 de abril de 2018.
- ↑ "Manuel López Casas é o novo alcalde Xinzo". Consultado o 7 de abril de 2018.
- ↑ Elixio Rivas Quintas (2001).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xinzo de Limia |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Elixio Rivas Quintas: Frampas III, contribución al diccionario gallego, 2001, no Dicionario de Dicionarios.
Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |