Corzo
Corzo | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho (esquerda) e femia (dereita) | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Capreolus capreolus (L., 1758) | |||||||||||||||
Distribución en Galiza
| |||||||||||||||
Distribución global
|
O corzo ou corza (Capreolus capreolus) é un pequeno cervídeo comunmente encontrado na Europa e Asia, posuidor de galladas curtas, puntiagudas, e pelaxe avermellada no verán, e marrón-acinzentada no inverno.
Localización
[editar | editar a fonte]En Europa esténdese dende a rexión occidental do continente, estando só ausente de Irlanda, o sur de Portugal, Grecia e o norte de Escandinavia cunha área de distribución que se estende ata o norte da China.
Características
[editar | editar a fonte]No estado adulto, o corzo ten unha altura na cruz de só 76 cm como máximo e un peso entre 15 e 30 quilos. Os machos presentan cornos pequenos de tres puntas que mudan cara comezos do inverno e que volven medrar ata comezos da primavera. A pelaxe é dunha cor castaña cunha lixeira tonalidade vermella en ámbolos dous sexos durante o verán, adquirindo unha tonalidade cincenta no inverno, momento que aparece unha mancha branca no lombo. O ventre é dunha cor máis clara que o lombo. Pola contra, os corciños presentan un pelico avermellado con pintas brancas que actúan como camuflaxe co seu contorno. Os seus berros son semellantes ós ladridos dos cans.
O corzo é un animal predominantemente forestal, e só sae a campo aberto en contadas ocasións durante o verán para engadir algunhas herbas á súa dieta, baseada no consumo de follas de arbustos e árbores baixas, así como brotes tenros. Adoita mostrarse activo cara ao solpor, e durante o día permanece agochado entre a vexetación.
As femias conviven cunha ou dúas crías que tiveron no ano. O normal é que pasen agochadas a maior parte do tempo e a femia só acode a elas para darlles de mamar, aínda que vixíe dende as inmediacións. Pola súa parte os machos acostuman ser solitarios ou vivir cunha femia e as súas crías. Na época de apareamento (inicios da primavera) vólvense fortemente territoriais e tratan de manter ós outros machos lonxe da súa área de influencia en todo momento, ó tempo que tratan de atraer ás femias para aparearse con elas. O corzo é un dos poucos ungulados con implantación diferida, polo que a fecundación case nunca se produce no momento do apareamento, senón ás veces varios meses despois. De tódolos xeitos, o normal é que o alumbramento das crías (unha soa nas nais primeirizas, dous nos partos seguintes) se produza no mes de maio.
O corzo é unha especie cinexética en toda a súa distribución, sendo a súa caza unha actividade moi frecuente en toda Europa central e na Península Ibérica. En España abunda especialmente na parte norte, e chega polo sur ata o mar de Alborán. Na provincia de Cádiz está en regresión pola perda de árbores.
Notas
[editar | editar a fonte]- Animal: The Definitive Visual Guide to the World's Wildlife, DK Adult Publishing, (2001), px. 241.
- Boyle, K.V. 2006. Neolithic wild game animals in Western Europe: The question of hunting, pp 10 – 23. In Animals in the Neolithic of Britain and Europe, Serjeantson, D, e Field, D (eds). Oxbow Books: Oxford.
- Lyneborg, L. (1971). Mammals. ISBN 0-7137-0548-5.
- Reader's Digest, The Wildlife Year, p. 228, ISBN 0-276-42012-8.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Corzo |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Roe Deer Research Group. (en inglés)
- Roe Deer - Photos (en inglés)