Gladiator (filme de 2000)
Gladiator | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Gladiator |
Director | Ridley Scott |
Produtor | David Franzoni Branko Lustig Laurie MacDonald Terry Needham Walter F. Parkes Douglas Wick Ridley Scott. |
Guión | David Franzoni John Logan William Nicholson |
Intérpretes | Russell Crowe Joaquin Phoenix Connie Nielsen Richard Harris Oliver Reed Derek Jacobi Ralf Moeller Djimon Hounsou Spencer Treat Clark Tommy Flanagan Sven-Ole Thorsen Tony Curran |
Música | Hans Zimmer Lisa Gerrard |
Fotografía | John Mathieson |
Montaxe | Pietro Scalia |
Estudio | Scott Free Productions Red Wagon Entertainment[1] |
Distribuidora | DreamWorks SKG / Universal Pictures |
Estrea | 2000 |
Duración | 155 minutos[2] |
Orixe | Reino Unido[3] Estados Unidos[3] |
Xénero | Acción, Drama, Peplum |
Orzamento | $103 000 000[4] |
Recadación | $457 640 427[4] |
Na rede | |
Gladiator é un filme estadounidense dirixido por Ridley Scott que se estreou no ano 2000. Pertence ó xénero cinematográfico peplum, ou filmes de romanos. Está protagonizado por Russell Crowe, Joaquin Phoenix, Connie Nielsen, Ralf Möller, Oliver Reed, Djimon Hounsou, Derek Jacobi, John Shrapnel e Richard Harris. Crowe interpreta o Xeneral romano Maximus Decimus Meridius, que é traizoado cando o ambicioso fillo do Emperador, Cómodo, asasina o seu pai e toma o poder. Convertido nun escravo, Maximus gaña gloria como gladiador coa intención de vingar o asasinato da súa familia e do seu emperador.
Foi estreado nos Estados Unidos o 5 de maio de 2000. Gladiator foi un éxito de recadación, recibindo críticas positivas, e foi acreditado como o filme que reavivou o interese pola épica histórica. O filme gañou varios galardóns, destacando os cinco Premios Oscar da 73ª edición, incluíndo o premio ó mellor filme e o mellor actor para Crowe.
Sinopse
[editar | editar a fonte]No ano 185, o Imperio Romano domina o mundo coñecido. Trala vitoria sobre os bárbaros xermanos, o ancián emperador Marco Aurelio (Richard Harris) decide transferir o poder a Máximo (Russell Crowe), un valente xeneral dos seus exércitos e leal militar ó imperio, pero o seu fillo Cómodo (Joaquin Phoenix) non o acepta e mata o seu pai e ordena matar o xeneral Máximo, e a súa familia. Pero este loita contra os seus executores e consegue viaxar malferido ó seu fogar en Hispania. Ó chegar atopa a súa muller e o seu fillo mortos, e farto pola pena e o cansazo desvanécese no chan. Tempo despois esperta nunha caravana de escravos no norte de África, e é obrigado a loitar como gladiador.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Russell Crowe como Maximus Decimus Meridius.
- Joaquin Phoenix como Cómodo.
- Connie Nielsen como Lucilla.
- Djimon Hounsou como Juba.
- Oliver Reed como Antonius Proximo.
- Derek Jacobi como Senador Graco.
- Ralf Möller como Hagen.
- Spencer Treat Clark como Lucius Verus.
- Richard Harris como Marco Aurelio.
- Tommy Flanagan como Cicerón.
- Tomas Arana como Xeneral Quintus.
- John Shrapnel como Gaius.
- David Schofield como Senador Falco.
- Sven-Ole Thorsen como Tigris da Galia.
- David Hemmings como Cassius.
- Giannina Facio como a Muller de Máximo.
- Giorgio Cantarini como o Fillo de Máximo.
Influencias
[editar | editar a fonte]A trama está influída por dous filmes de Hollywood dos anos 60, Spartacus e The Fall of the Roman Empire, compartindo moitos puntos chave do argumento do segundo. Nel, cóntase a historia de Livius, que, ó igual que Maximus en Gladiator, é o sucesor do emperador Marco Aurelio. Livius está namorado de Lucilla e pretende casar con ela, mentres Maximus, que está felizmente casado, tivo un romance xuvenil coa filla do emperador. Ámbolos dous filmes retratan a morte de Marco Aurelio coma un asasinato.
Banda sonora
[editar | editar a fonte]A banda sonora nomeada ó Oscar foi composta por Hans Zimmer e Lisa Gerrard, e dirixida por Gavon Greenway. Orixinalmente, Zimmer elixiu a vocalista israelí Ofra Haza para a banda sonora, despois do seu traballo con ela en The Prince of Egypt. Porén, Ofra morreu traxicamente en febreiro do 2000, antes de que puidese gravar nada, polo que Gerrard foi elixida no seu lugar. A voz de Lisa Gerrard é semellante á doutro traballo seu na banda sonora do filme The Insider.[5] A música das escenas de batalla ten semellanzas coa feita por Gustav Holst para "Mars: The Bringer of War", e en xuño de 2006, a Fundación Holst emprendeu accións legais contra Hans Zimmer por plaxio.[6][7]
Premios
[editar | editar a fonte]- 2000: 5 Oscars: Mellor película, mellor actor (Russell Crowe), vestiario, son, efectos visuais.
- 2000: 2 Globos de Ouro: Mellor película: Drama, banda sonora. 5 nomeamentos.
- 2000: 5 Premios BAFTA, incluíndo mellor película, fotografía, montaxe. 15 nomeamentos.
- 2000: 2 premios National Board of Review: Mellor deseño de produción, actor secundario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ NYTimes.com (ed.). "Gladiator - Cast, Crew, Director and Awards". Consultado o 30 de xullo de 2010.
- ↑ British Board of Film Classification (ed.). "Gladiator". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2014. Consultado o 2 de xuño de 2013.
- ↑ 3,0 3,1 British Film Institute (ed.). "Gladiator (2000)". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 20 de xullo de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 Box Office Mojo (ed.). "Gladiator (2000)". Consultado o 16 de marzo de 2015.
- ↑ "Zimmer and Gladiator". Reel.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2009.
- ↑ Priscilla Rodriguez (12 de xuño de 2006). KNX 1070 NEWSRADIO, ed. ""Gladiator" Composer Accused of Copyright Infringement". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2009.
- ↑ Michael Beek (xuño de 2006). "Gladiator Vs Mars – Zimmer is sued:". Music from the Movies. Arquivado dende o orixinal o 18 de xuño de 2008. Consultado o 27 de febreiro de 2009.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- Ficha en AllRovi (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Filmes de 2000
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dirixidos por Ridley Scott
- Filmes con banda sonora de Hans Zimmer
- Filmes de Universal Pictures
- Filmes de DreamWorks
- Filmes de Scott Free Productions
- Filmes rodados en Marrocos
- Filmes rodados en Inglaterra
- Filmes rodados en Malta
- Filmes ambientados en Alxeria
- Filmes ambientados en África
- Filmes ambientados en Roma
- Filmes ambientados no século II
- Filmes ambientados no Imperio Romano
- Filmes ambientados na Roma antiga
- Filmes sobre vinganza
- Óscar ó mellor filme