Alguén voou sobre o niño do cuco
Alguén voou sobre o niño do cuco | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | One Flew Over the Cuckoo's Nest |
Director | Miloš Forman |
Produtor | Saul Zaentz Michael Douglas |
Guión | Lawrence Hauben Bo Goldman |
Baseado en | E un voou sobre o niño do cuco de Ken Kesey |
Intérpretes | Jack Nicholson Louise Fletcher William Redfield Brad Dourif Danny DeVito Christopher Lloyd Will Sampson |
Música | Jack Nitzsche |
Fotografía | Haskell Wexler |
Montaxe | Richard Chew Sheldon Kahn Lynzee Klingman |
Distribuidora | United Artists |
Estrea | 19 de novembro de 1975 6 de outubro de 1989 (TVG) |
Duración | 133 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | $3 000 000[1] |
Recadación | $108 981 275 |
Na rede | |
Alguén voou sobre o niño do cuco (en inglés: One Flew Over the Cuckoo's Nest) é un filme americano de 1975 dirixido por Miloš Forman. A historia foi adaptada da novela de Ken Kesey E un voou sobre o niño do cuco. Na historia do cine, a película foi a primeira que gañou os cinco Premios Óscar máis cobizados (Mellor filme, Mellor actor protagonista, Mellor actriz protagonista, Mellor guión, e Mellor director) desde It Happened One Night (1934), un logro que non se volvería repetir ata 1991 co filme O silencio dos cordeiros. O filme foi rodado no Hospital Estatal de Oregón, en Salem.
Estreouse en galego na TVG o 6 de outubro de 1989.[2]
Título
[editar | editar a fonte]O título é unha tradución case literal do inglés, equivalente ás que se fixeron en castelán, catalán e italiano. En inglés cuckoo significa 'cuco' pero tamén en argot 'tolo'. Aparece na novela como parte duns versos que un dos amigos de McMurphy lembra da súa nenez. Os versos proceden dun poema de Louis Untermeyer: "One flew east, one flew west,/ and one flew over the cuckoo's nest" ('Un voou ó leste, un voou ó oeste,/ e un voou sobre o niño do cuco'). O cuco non ten niño propio e pon os ovos nos niños doutros paxaros. Por conseguinte as crías do cuco son hóspedes alimentados por paxaros que non son seus pais. No filme o niño está representado polo manicomio no que se mantén os seus hóspedes baixo unha férrea e sádica disciplina, só en aparencia terapéutica.
A novela homónima de Ken Kesey fora publicada en 1962. O autor escribiuna inmediatamente despois da experiencia que tivera no hospital psiquiátrico onde traballara como enfermeiro. Foi traducida ao galego en 2020 por Neila García Salgado co título E un voou sobre o Miño do cuco.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Randle Patrick McMurphy (Jack Nicholson), para non ter que ir a prisión, faise pasar por tolo e é enviado a un hospital psiquiátrico. Nel intentará animar a vida dos internos organizando partidas de cartas e partidos de básquet, influíndo no comportamento dos outros enfermos. Ó infrinxir as regras de disciplina do centro e rachar as súas rutinas comeza a ser perseguido pola sádica enfermeira Mildred Ratched (Louise Fletcher).
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Jack Nicholson como Randle McMurphy
- Louise Fletcher como Enfermeira Ratched
- William Redfield como Dale Harding
- Will Sampson como "Xefe" Bromden
- Brad Dourif como Billy Bibbit
- Sydney Lassick como Charlie Cheswick
- Danny DeVito como Martini
- Christopher Lloyd como Max Taber
- Dean R. Brooks como Doutor John Spivey
- William Duell como Jim Sefelt
- Vincent Schiavelli como Frederickson
- Delos V. Smith como Scanlon
- Michael Berryman como Ellis
- Nathan George como Washington
- Lan Fendors como Enfermeira Itsu
- Mimi Sarkisian como Enfermeira Pilbow
- Mews Small como Candy
- Scatman Crothers como Orderly Turkle
- Louisa Moritz como Rose
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 1975: 5 Premios Óscar: Filme, director, actor (Jack Nicholson), actriz (Fletcher) e guión adaptado.
- 1975: Globos de Ouro: Mellor filme: Drama.
- 1975: Premios BAFTA: Mellor filme.
- 1975: Premios David di Donatello: Mellor director e actor estranxeiro (Jack Nicholson).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Box Office Mojo (en inglés)
- ↑ La Voz de Galicia, 6 de outubro de 1989. Páx. 71
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Filmes de 1975
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Miloš Forman
- Filmes de Warner Bros.
- Filmes de United Artists
- Filmes rodados en Oregón
- Filmes ambientados en 1963
- Filmes sobre psicópatas
- Óscar ó mellor filme
- Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director
- Filmes preservados no National Film Registry
- Filmes de 1975 con versión en galego