Saltar ao contido

Ben-Hur (filme de 1959)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ben-Hur
Póster do filme
Ficha técnica
Título orixinalBen-Hur
DirectorWilliam Wyler
ProdutorSam Zimbalist
GuiónKarl Tunberg
Sen creditar:
Gore Vidal
Christopher Fry
Maxwell Anderson
S. N. Behrman
Baseado enBen-Hur: A Tale of the Christ de Lew Wallace
IntérpretesCharlton Heston
Jack Hawkins
Haya Harareet
Stephen Boyd
Hugh Griffith
MúsicaMiklós Rózsa
FotografíaRobert L. Surtees
MontaxeJohn Dunning
Ralph E. Winters
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea 18 de novembro de 1959
Galicia 24 de decembro de 1988 (TVG)
Duración212 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$15 000 000
Recadación$146 900 000
Na rede
http://benhurmovie.com/
IMDB: tt0052618 Filmaffinity: 800123 Allocine: 1532 Rottentomatoes: m/benhur Mojo: benhur Allmovie: v4794 TCM: 415095 Metacritic: movie/ben-hur-1959 TV.com: movies/ben-hur-1959 Netlix: 70038486 Editar o valor en Wikidata

Ben-Hur é un filme estadounidense dirixido por William Wyler que se estreou en 1959. Baséase na obra de Lew Wallace Ben-Hur: A Tale of the Christ. Filme gañador de 11 Premios Oscar, entre eles os de mellor filme, director e actor.

Estreouse en galego na TVG o 24 de decembro de 1988.[1]

Judá Ben-Hur (Charlton Heston), fillo dunha familia nobre de Xerusalén, e Mesala (Stephen Boyd), tribuno romano que dirixe os exércitos de ocupación, son dous vellos amigos, pero un accidente involuntario convérteos en inimigos irreconciliables: Ben-Hur é acusado de atentar contra a vida do novo gobernador romano, e Mesala encarcérao a el e á súa familia. Cando Ben-Hur é trasladado a galeras para cumprir a súa condena, Xesús de Nazaret apiádase del e dálle de beber. Unha vez a bordo, grazas á súa amigable relación co comandante da nave (Jack Hawkins) recupera a liberdade. Máis tarde, entrará en contacto cun xeque árabe (Hugh Griffith) que participa cos seus magníficos cabalos nas carreiras de carros do circo.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
  • 1959: 11 Oscars, incluíndo filme, director, actor (Charlton Heston), actor secundario (Griffith) e montaxe.
  • 1959: Globo de Ouro: Mellor filme: Drama.
  • 1959: BAFTA: Mellor filme.
  • 1959: Círculo de críticos de Nova York: Mellor filme.
  • 1960: Premios David di Donatello: Mellor actor (Charlton Heston) e produción estranxeiros.
  1. La Voz de Galicia, 24 de decembro de 1988. Páx. 143

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]