Saltar ao contido

CODA (filme de 2021)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

CODA
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalCODA
DirectorSian Heder
Produtor
GuiónSian Heder
Baseado enLa Famille Bélier de Victoria Bedos, Thomas Bidegain, Stanislas Carré de Malberg e Éric Lartigau
Intérpretes
MúsicaMarius de Vries
FotografíaPaula Huidobro
MontaxeGeraud Brisson
Estudio
DistribuidoraApple TV+
EstreaFestival de Sundance: 28 de xaneiro de 2021
13 de agosto de 2021
Duración111 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Francia
XéneroDrama e comedia
Orzamento10 millóns de dólares[1]
Recadación2,2 millóns de dólares
Na rede
https://tv.apple.com/us/movie/coda/umc.cmc.3eh9r5iz32ggdm4ccvw5igiir
IMDB: tt10366460 Filmaffinity: 193148 Allocine: 276170 Rottentomatoes: m/coda_2021 Allmovie: v727992 Metacritic: movie/coda-2021
Instagram: codamovie Editar o valor en Wikidata

CODA é un filme franco-estadounidense de 2021 escrito e dirixido por Sian Heder. É unha adaptación en lingua inglesa do filme franco-belga de 2014 La Famille Bélier. Está protagonizado por Emilia Jones como Ruby Rossi, o único membro oínte da súa familia, unha adolescente que intenta axudar ao negocio pesqueiro da súa familia en dificultades mentres persegue as súas propias aspiracións de ser cantante. O filme conta con actores xordos para intepretar os papeis de xordos, os cales, xunto con Jones, se comunican empregando a lingua de sinais americana. Eugenio Derbez, Troy Kotsur, Ferdia Walsh-Peelo, Daniel Durant e Marlee Matlin compoñen o resto do elenco. Philippe Rousselet de La Famille Bélier retoma a súa función como produtor, e o filme rodouse en Gloucester, Massachusetts, nos Estados Unidos.

CODA gañou numerosos premios, incluíndo os tres que conseguiu na 94ª edición dos Óscar nas categorías de mellor filme, mellor actor secundario para Kotsur e mellor guión adaptado, converténdose no primeiro filme en distribuírse nun servizo en liña e no primeiro filme estreado no Festival de Cinema de Sundance en gañar o premio ó mellor filme.[2]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "Berlin: International Buyers Up in Arms Over Buy-Back Proposals Post-'Coda' (Exclusive)". The Hollywood Reporter. marzo de 2021. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2021. Consultado o 2 de novembro de 2021. 
  2. "'CODA' Wins Best Picture in a Streaming First at the Oscars". International Business Times. 27 de marzo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2022. Consultado o 5 de abril de 2022. 
  3. "Movie Review – CODA (2021)". 6 de agosto de 2021. Arquivado dende o orixinal o 19 de marzo de 2023. Consultado o 16 de xaneiro de 2023. 
  4. "CODA: La conmovedora película con Eugenio Derbez que ha triunfado". 31 de xaneiro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2023. Consultado o 16 de xaneiro de 2023.