Saltar ao contido

A forza do cariño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A forza do cariño
Ficha técnica
Título orixinalTerms of Endearment
DirectorJames L. Brooks
ProdutorJames L. Brooks
GuiónJames L. Brooks
Baseado enTerms of Endearment de Larry McMurtry
IntérpretesShirley MacLaine
Debra Winger
Jack Nicholson
Danny DeVito
Jeff Daniels
John Lithgow
MúsicaMichael Gore
FotografíaAndrzej Bartkowiak
MontaxeRichard Marks
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea 23 de novembro de 1983
Duración131 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$8 000 000[1]
Recadación$108 423 489
Na rede
IMDB: tt0086425 Filmaffinity: 560543 Allocine: 33966 Rottentomatoes: m/terms_of_endearment Mojo: termsofendearment Allmovie: v49104 TCM: 4266 Metacritic: movie/terms-of-endearment TV.com: movies/terms-of-endearment Netlix: 60004508 Editar o valor en Wikidata

A forza do cariño (en versión orixinal inglesa Terms of Endearment) é un filme estadounidense dirixido, producido e escrito por James L. Brooks que se estreou en 1983. É unha adaptación da novela de Larry McMurtry, e está protagonizada por Shirley MacLaine, Debra Winger, Jack Nicholson, Danny DeVito, Jeff Daniels e John Lithgow. A historia abrangue 30 anos da relación entre Aurora Greenway (MacLaine) e a súa filla Emma (Winger).

O filme recibiu 11 nomeamentos ós Premios Oscar e gañou cinco. Brooks gañou o premio polo mellor filme, mellor director e mellor guión adaptado, mentres que MacLaine gañou o Oscar á mellor actriz e Nicholson gañou o Oscar ó mellor actor secundario. Ademais, gañou catro Globos de Ouro.

Aurora (Shirley MacLaine) e Emma (Debra Winger) son unha nai e unha filla moi unidas, pero con puntos de vista moi distintos sobre a vida. Aurora, que está viúva, é unha muller temperamental pero de bo corazón, e Emma é unha moza rebelde que está desexando saír de casa e independizarse; o malo é que para conseguilo segue o camiño máis convencional: casar. Pola súa parte, Aurora ten un romance cun exastronauta (Jack Nicholson). A través dos anos, nai e filla intentan sempre buscar o mellor xeito de soportarse e atopar a felicidade.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Shirley MacLaine como Aurora Greenway
  • Debra Winger como Emma Greenway Horton
  • Jack Nicholson como Garrett Breedlove
  • Danny DeVito como Vernon Dahlart
  • Jeff Daniels como Flap Horton
  • John Lithgow como Sam Burns
  • Lisa Hart Caroll como Patsy Clark
  • Betty R. King como Rosie Dunlop
  • Huckleberry Fox como Ted "Teddy" Horton
  • Troy Bishop como Tom "Tommy" Horton
  • Shane Serwin como Tom "Tommy" Horton de cativo
  • Megan Morris como Melanie Horton
  • Tara Yeakey como Melanie Horton de bebé
  • Edward Johnson como Norman Bennett
  • Jennifer Josey como Emma Greenway de nena
  • Kate Charleson como Janice
  • Tom Wees como Dr. Budge
  • Paul Menzel como Dr. Maise
  • F. William Parker como Doutor

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]