12 anos de escravitude
12 anos de escravitude | |
---|---|
Logo título do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | 12 Years a Slave |
Director | Steve McQueen |
Produtor | Brad Pitt Dede Gardner Jeremy Kleiner Bill Pohlad Steve McQueen Arnon Milchan Anthony Katagas |
Guión | John Ridley |
Baseado en | Twelve Years a Slave de Solomon Northup |
Intérpretes | Chiwetel Ejiofor Michael Fassbender Benedict Cumberbatch Paul Dano Paul Giamatti Lupita Nyong'o Sarah Paulson Brad Pitt Alfre Woodard |
Música | Hans Zimmer |
Fotografía | Sean Bobbitt |
Montaxe | Joe Walker |
Estudio | Regency Enterprises Film4 River Road Entertainment Plan B Entertainment |
Distribuidora | Fox Searchlight Pictures (USA) Summit Entertainment (Internacional) Film4/Channel 4/eOne UK (RU) |
Estrea | 30 de agosto de 2013 |
Duración | 134 minutos |
Orixe | Reino Unido Estados Unidos |
Xénero | Drama, histórico |
Orzamento | $20 000 000[1] |
Recadación | $187 700 000[2] |
Na rede | |
http://www.12yearsaslave.com/ e https://www.searchlightpictures.com/12yearsaslave/ | |
12 anos de escravitude[3] (en inglés: 12 Years a Slave) é un filme británico-estadounidense dirixido por Steve McQueen que se estreou no 2013. Baséase nas memorias de Solomon Northup Twelve Years a Slave (1853), un afroamericano nado no Estado de Nova York que foi secuestrado en Washington, D.C., e vendido en 1841 como escravo. Traballou nunhas plantacións do estado de Luisiana durante doce anos antes da súa liberación. A primeira edición académica das súa memorias, co-editada en 1968 por Sue Eakin e Joseph Logsdon, foi coidadosamente validada e chegouse á conclusión de que é precisa e certa.[4]
Este é o terceiro filme dirixido por Steve McQueen. O guión foi escrito por John Ridley. Chiwetel Ejiofor interpreta a Solomon Northup. Michael Fassbender, Benedict Cumberbatch, Paul Dano, Paul Giamatti, Lupita Nyong'o, Sarah Paulson, Brad Pitt e Alfre Woodard realizan papeis secundarios. A rodaxe tivo lugar en Nova Orleáns, Luisiana, dende o 27 de xuño ó 13 de agosto de 2012. As localizacións empregadas foron catro plantacións anteriores á Guerra Civil Estadounidense: Felicity, Magnolia, Bocage e Destrehan. Deses catro lugares, Magnolia é o máis achegado á plantación real onde Northup foi escravizado.
12 anos de escravitude recibiu loanzas da crítica, e foi descrito como o mellor filme do ano por numerosos medios de comunicación. Tamén foi un éxito de recadación, gañando máis de $158 millóns sobre uns custos de produción de $20 millóns. O filme gañou tres Premios Oscar: mellor filme, mellor actriz secundaria para Nyong'o e mellor guión adaptado para Ridley. Tamén foi galardoado co Globo de Ouro ó mellor filme dramático, e co BAFTA ó mellor filme e mellor actor para Ejiofor.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Historia de Solomon Northup, un culto músico negro -e home libre- que vivía coa súa familia en Nova York. Tras compartir unha copa con dous descoñecidos, Solomon descobre que foi drogado e secuestrado para ser vendido como escravo no Sur nunha plantación. Solomon contempla como todos ó seu arredor sucumben á violencia, ó abuso emocional e á desesperanza. Entón decide correr riscos e confiar na xente menos aparente para intentar recuperar a súa liberdade e reunirse coa súa familia.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Chiwetel Ejiofor como Solomon Northup
- Michael Fassbender como Edwin Epps
- Lupita Nyong'o como Patsey
- Sarah Paulson como Mary Epps
- Benedict Cumberbatch como William Ford
- Brad Pitt como Samuel Bass
- Paul Dano como John Tibeats
- Adepero Oduye como Eliza
- Paul Giamatti como Theophilus Freeman
- Garret Dillahunt como Armsby
- Scoot McNairy como Brown
- Taran Killam como Hamilton
- Chris Chalk como Clemens Ray
- Michael K. Williams como Robert
- Kelsey Scott como Anne Northup
- Alfre Woodard como Mistress Harriet Shaw
- Quvenzhané Wallis como Margaret Northup
- Devyn A. Tyler como Adult Margaret Northup
- Cameron Zeigler como Alonzo Northup
- Rob Steinberg como Parker
- Jay Huguley como Sheriff Villiere
- Christopher Berry como James Burch
- Bryan Batt como Xuíz Turner
- Bill Camp como Radburn
- Dwight Henry como Tío Abram
- Ruth Negga como Celeste
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]- 2013: Globos de Ouro: 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director.
- 2013: Festival de Toronto: Mellor filme (Premio do público).
- 2013: National Board of Review (NBR): Mellores 10 filmes do ano.
- 2013: American Film Institute: Top 10 - Mellores filmes do ano
- 2013: Círculo de Críticos de Nova York: Mellor director.
- 2013: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Mellor actriz secundaria (Nyong'o).
- 2013: Premios Gotham: 3 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2013: Independent Spirit Awards: 7 nomeamentos, incluíndo mellor filme.
- 2013: Satellite Awards: 10 nomeamentos, incluíndo mellor filme e director.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BoxOfficeMojo.com
- ↑ "12 Years a Slave (2013)". Box Office Mojo. Consultado o 10 de agosto de 2014.
- ↑ sincroguia-tv.expansion.com (ed.). "12 anos de escravitude na TVG". Consultado o 5 de maio de 2022.
- ↑ Robert Brent Toplin (1969). "Twelve Years a Slave (review)". Civil War History (The Kent State University Press) 15 (1): 66. doi:10.1353/cwh.1969.0065.
- Filmes de 2013
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes dirixidos por Steve McQueen
- Filmes independentes dos Estados Unidos de América
- Filmes con banda sonora de Hans Zimmer
- Filmes de Summit Entertainment
- Filmes de Film4 Productions
- Filmes de Entertainment One
- Filmes de Icon Productions
- Filmes de Plan B Entertainment
- Filmes de Regency Enterprises
- Filmes de Fox Searchlight Pictures
- Filmes producidos por Brad Pitt
- Filmes rodados en Nova Orleáns
- Filmes ambientados en Nova Orleáns
- Filmes ambientados en 1841
- Filmes ambientados en 1853
- Filmes sobre temas raciais
- Filmes sobre a escravitude nos Estados Unidos de América
- Óscar ó mellor filme
- Filmes ambientados en Nova York
- Filmes de 2013 con versión en galego