Saltar ao contido

San Tomé, San Tomé e Príncipe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSan Tomé, San Tomé e Príncipe
São Tomé (pt) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoTomé Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 0°20′N 6°44′L / 0.33, 6.73
EstadoSan Tomé e Príncipe
Distritos (pt) TraducirDistrito de Água Grande Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación65.468 (2010) Editar o valor en Wikidata (3.851,06 hab./km²)
Xeografía
Superficie17 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porgolfo de Guinea Editar o valor en Wikidata
Altitude137 m Editar o valor en Wikidata
Creación1485 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Outro
Irmandado con

San Tomé (portugués: São Tomé) é o nome da illa principal de São Tomé e Príncipe e da capital do país. É a maior cidade da nación, con 56.166 habitantes, consonte datos de 2005.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

San Tomé está situada a 0º 20' 10" N e a 6º 4o' 53" L. Localízase na baía de Ana Chaves, no noroeste da illa homónima. Está unida por varias estradas a outras localidades da illa, aínda que a vía de comunicacións principal é a autovía que percorre o perímetro da illa.

A cidade foi fundada polos portugueses en 1485, desenvolvéndose arredor da catedral erguida no século XVI. O forte de São Sebastião, construído en 1575, de innegábel interese histórico, está hoxe convertido nun museo. A partir de 1493, os portugueses deportaran para a illa os xudeus renuentes do seu territorio inérico. No ano 1599, San Tomé e o arquipélago foron tomados polos holandeses durante un par de díasla città. En 1641, os holandese volveron, mais esta vez ficaron durante un ano. Outras edificacións salientes da cidade son o Pazo Presidencial e máis a Igrexa dos Pescadores.

Infraestruturas

[editar | editar a fonte]

San Tomé posúe os equipamentos a destacar seguintes:

  • 2 mercados,
  • 1 hospital,
  • 1 aeroporto,
  • 1 emisora de radio e televisión

Economía

[editar | editar a fonte]

A cidade ten tamén porto marítimo, mais o feble calado das súas augas impide que buques de certa tonelaxe poidan fondear nel, polo que existe un sistema de barcazas para cargar os contedores en augas máis profundas. Para remediar esta falla, existe o proxecto de construír un porto en augas máis fondas. O porto é así mesmo destacábel polas súas actividades pesqueiras, especialmente de espadarte e merlín; a liña captúranse sobre todo peixes voadores.

O tratamento de cacao, bananas e copra, das plantacións da illa e a súa exportación é outra das actividades da cidade. Posúe tamén industrias lixeiras e de bebidas e alimentos.