Departamento de Reunión
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
La Réunion (fr) | |||||
Lema | «Florebo quocumque ferar (en) » | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Francia | ||||
Capital | Saint-Denis | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 871.157 (2021) (346,8 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua francesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.512 km² | ||||
Bañado por | Océano Índico | ||||
Punto máis alto | Piton des Neiges (pt) (3.070 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Creación | 21 de marzo de 1946 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Huguette Bello (pt) (2021–) | ||||
Membro de | |||||
Moeda | euro | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .re | ||||
Prefixo telefónico | +262 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 | ||||
Código de país | RE | ||||
ISO 3166-2 | FR-974, FR-RE e FR-LRE | ||||
Código NUTS | FRA4 | ||||
Código de departamento INSEE | 974 | ||||
INSEE region code (en) | 04 | ||||
Páxina web | regionreunion.com | ||||
Reunión (en francés La Réunion) é un departamento francés no océano Índico, localizado ao leste de Madagascar. A illa principal é unha das dúas maiores illas Mascareñas, sendo o seu veciño máis próximo a outra: Mauricio. Reunión ten, ademais, varias dependencias, espalladas en torno de Madagascar, no Índico e na Canle de Mozambique. A súa capital é Saint-Denis.
Ten estatuto de rexión administrativa, así como Martinica, Guadalupe e Güiana.
Coa creación do seu parque nacional, a illa foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO o luns 2 de agosto de 2010. Nomeouse como Os pitóns, circos e escarpas da Illa da Reunión.
Historia
[editar | editar a fonte]Xunto á Illa Mauricio (ex-colonia francesa antes chamada Île de France) conforma o arquipélago das Illas Mascareñas. Os navegantes árabes chamárona Dina Morgabin (Illa occidental). Cando chegaron os portugueses en 1513 atopárona deshabitada e chamárona Santa Apolonia.
En 1638 foi ocupada por Francia. En 1642, por decreto do rei Lois XIII a illa pasa a chamarse Île Bourbon. Durante a Revolución francesa recibiu o seu nome actual.
Desde os séculos XVII a XIX, a inmigración francesa completouse con aquelas provenientes de África, a China, Malaisia e a India, dándolle á poboación o carácter diverso que hoxe ten. A apertura da Canle de Suez en 1869, restou importancia estratéxica á illa como base de aprovisionamento na ruta marítima a Asia.
A Reunión converteuse en Departamento de Ultramar o 19 de marzo de 1946.
Política
[editar | editar a fonte]Administrativamente, Reunión divídese en 24 communes (concellos) agrupados en catro arrondissements (distritos). Tamén se subdivide en 25 cantóns, que só teñen sentido para fins electorais a nivel departamental ou rexional.[1] É un departamento francés de ultramar, e tamén unha rexión de Francia. Constitúe unha rexión ultraperiférica da Unión Europea. A súa capital, San Denis, está situada no extremo norte da illa. O baixo número de "comunas", en comparación cos departamentos metropolitanos franceses de tamaño e poboación semellantes, é único: a maioría das súas "comunas" abarcan varias localidades, ás veces separadas por distancias significativas.
Concellos (comunas)
[editar | editar a fonte]Nome | Área (km2) | Poboación | Escudo de armas | Distrito | Mapa |
---|---|---|---|---|---|
Bras-Panon | 88.55 | 12,768 | Saint-Benoît | ||
Cilaos | 84.4 | 5,492 | Saint-Pierre | ||
Entre-Deux | 66.83 | 6,914 | Saint-Pierre | ||
L'Étang-Salé | 38.65 | 14,108 | Saint-Pierre | ||
La Plaine-des-Palmistes | 83.19 | 6,568 | Saint-Benoît | ||
La Possession | 118.35 | 32,633 | Saint-Paul | ||
Le Port | 16.62 | 33,531 | Saint-Paul | ||
Le Tampon | 165.43 | 79,385 | Saint-Pierre | ||
Les Avirons | 26.27 | 11,246 | Saint-Pierre | ||
Les Trois-Bassins | 42.58 | 7,076 | Saint-Paul | ||
Petite-Île | 33.93 | 12,308 | Saint-Pierre | ||
Saint-André | 53.07 | 56,747 | Saint-Benoît | ||
Saint-Benoît | 229.61 | 37,274 | Saint-Benoît | ||
Saint-Denis | 142.79 | 150,535 | Saint-Denis | ||
Saint-Joseph | 178.5 | 37,517 | Saint-Pierre | ||
Saint-Leu | 118.37 | 34,196 | Saint-Paul | ||
Saint-Louis | 98.9 | 53,589 | Saint-Pierre | ||
Saint-Paul | 241.28 | 103,492 | Saint-Paul | ||
Saint-Philippe | 153.94 | 5,149 | Saint-Pierre | ||
Saint-Pierre | 95.99 | 84,961 | Saint-Pierre | ||
Sainte-Marie | 87.21 | 33,234 | Saint-Denis | ||
Sainte-Rose | 177.6 | 6,296 | Saint-Benoît | ||
Sainte-Suzanne | 58.84 | 23,718 | Saint-Denis | ||
Salazie | 103.82 | 7,224 | Saint-Benoît |
Dependencias
[editar | editar a fonte]As seguintes illas e arquipélagos son dependentes de Reunión:
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa ten 63 quilómetros de leste a oeste e 45 de norte a sur, cunha superficie total de 2150 km². Está por riba dun punto quente na codia terrestre. O Pitón da Fournaise, un volcán en escudo activo no extremo leste da illa da Reunión, elevase máis de 2631 m. sobre o nivel do mar e ás veces chámase irmá dos volcáns hawaianos debido á semellanza do clima e da natureza volcánica. Entrou máis de 100 veces en erupción desde 1640 e está baixo un seguimento constante, a máis recente o 2 de abril de 2020.[2] Durante outra erupción en abril de 2007, o fluxo de lava estimouse en 3,000,000 m³ por día.[3] O punto quente que alimenta Piton da Fournaise tamén creou as illas de Mauricio e Rodrigues.
O volcán Piton des Neiges, o punto máis alto da illa con 3070 m. sobre o nivel do mar, está ao noroeste do Piton da Fournaise. As caldeiras e canóns colapsados están ao suroeste da montaña. Aínda que o Piton da Fournaise é un dos volcáns máis activos da Terra, o Piton des Neiges está latente. O seu nome é francés para "pico das neves", pero as nevadas no cumio da montaña son raras. As ladeiras de ambos os volcáns están cubertas de bosque tropical. As terras cultivadas e cidades como a capital de Saint-Denis concéntranse nas terras baixas costeiras circundantes. Alén da costa, parte da costa oeste caracterízase por un sistema de arrecifes de coral da Illa da Reunión. A Reunión ten tamén tres caldeiras ou circos: o Cirque de Salazie, o Cirque de Cilaos e o Cirque de Mafate. Ao último só se pode acceder a pé ou en helicóptero.
-
Reunión dende o espazo (imaxe da NASA): os tres circos, formando unha especie de forma de trevo de tres follas, son visibles no centro noroeste da imaxe. O Pitón da Fournaise está no sueste.
-
Lingua de lava emitida en 2005 polo Pitón da Fournaise
-
Praia "Plage de l'Ermitage".
Xeoloxía e relevo
[editar | editar a fonte]A illa da Reunión é unha illa volcánica que naceu hai uns tres millóns de anos[4] coa aparición do volcán Piton des Neiges que é hoxe, cunha altitude de 3.070,50 m, o pico máis alto das Illas Mascareñas e o océano Índico. A parte oriental da illa está constituída polo Pitón da Fournaise, un volcán moito máis recente (500.000 anos de antigüidade) que está considerado un dos máis activos do planeta. A parte emerxida da illa representa só unha pequena porcentaxe (un 3%) da montaña submarina que a forma.
Ademais do vulcanismo, o relevo da illa é moi irregular debido á erosión activa. O centro alberga tres vastos circos escavados pola erosión (Salazie, Mafate e Cilaos) e as abas da illa están surcadas por numerosos ríos que cavan barrancos, estimados en polo menos 600,[5] xeralmente profundos e cuxos torrentes cortan as laterais das montañas ata varios centos de metros de profundidade.
O antigo macizo do Pitón des Neiges está separado do macizo de La Fournaise por unha brecha formada pola chaira des Palmistes e a chaira des Cafres, un paso entre o leste e o sur da illa. Ademais das chairas, as zonas costeiras son xeralmente as rexións máis planas, especialmente no norte e oeste da illa. Non obstante, a costa do sur salvaxe é máis empinada.
Entre a franxa costeira e os Hauts, hai unha empinada zona de transición cuxa pendente varía considerablemente antes de chegar ás dorsais que establecen os circos ou o Enclos, a caldeira do Piton da Fournaise.
Economía
[editar | editar a fonte]O azucre de cana é o principal cultivo e produto exportado.
A Reunión depende da importación de comida e de enerxía. Ademais, o desemprego representa un serio problema. O seu Produto Interior Bruto por habitante é considerablemente inferior ao de Francia metropolitana. Por iso benefíciase dos fondos estruturais que outorga a Unión Europea ás zonas económicas menos favorecidas.
Demografía
[editar | editar a fonte]A poboación está composta nun 50% de descendentes africanos e malgaxes, un 25% de orixe asiática, sobre todo támiles, sendo o resto mestizos e europeos. A poboación e a agricultura concéntranse nas zonas costeiras. Conta con case 800 000 habitantes.
Na literatura contemporánea
[editar | editar a fonte]En 2014 a Editorial Galaxia publicou a novela A Diagonal dos Tolos, de Santiago Lopo, cuxa trama acontece integramente na illa de Reunión. No libro relátase o pasado escravista da illa utilizando o percorrido do ultramaratón coñecido como “La Diagonale des Fous”. A obra gañou o Premio Narrativa Breve Repsol en 2014. [6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ /metadonnees/cog/departement/DEP974-la-reunion "Département de La Reunion (974) – Code Officiel Géographique"
|url=
incorrecto (Axuda). INSEE. Consultado o 12 Novembro de 2021. - ↑ [1] Arquivado 07 de xuño de 2020 en Wayback Machine. Le Piton du Confinement on clicanoo.com
- ↑ Thomas Staudacher (7 de abril de 2007). "Reunion sees 'colossal' volcano eruption, but population safe". AFP. Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2007. Consultado o 18 de agosto de 2007. (Web archive)
- ↑ Emmanuel Tessier, Saint Denis, Thèse de doctorat sous la direction de Pascale Chabanet et Catherine Aliaume, 2005, 254 p
- ↑ Guy Dupont, Condé-sur-Noireau, L'Harmattan, juin 1990, 759 p. ISBN 2-7384-0715-3 p. 100.
- ↑ https://www.sermosgaliza.gal/articulo/cultura/santiago-lopo-gana-repsol-diagonal-tolos/20140926213904030933.html Arquivado 26 de maio de 2019 en Wayback Machine. "Santiago Lopo gaña o Repsol con “A diagonal dos tolos”, Sermos Galiza, 26/9/2014.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Departamento de Reunión |