Niamey
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Ɲamay (mis) Yamai (ha) ⵏⵉⴰⵎⵢ (mis) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Níxer | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.026.848 (2012) (4.291,05 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Língua tawellemmet (pt) Língua gourmanchema (pt) Língua zarma (pt) Lingua hausa Lingua fula Linguas tuaregs | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 239.300.000 m² | ||||
Bañado por | Río Níxer | ||||
Altitude | 207 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Barry Bibata Niandou (en) (2003–2004) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | NE-8 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Niamey é unha cidade africana, capital e cidade máis poboada do Níxer. Está situada sobre as marxes do río Níxer, no extremo oeste do país. En 2011 tiña 1 302 910 habitantes, cunha taxa de acrecentamento anual do 4,8 %. Desde o 24 de novembro de 1988 forma unha comunidade urbana, formada por 5 comunas.
Historia
[editar | editar a fonte]O barrio Mouray-Kwaratagui é o centro histórico de Niamey. A rexión de Niamey está habitada desde hai moito tempo por poboación voltaicas como os Gourmantches. Porén os fundadores da cidade de Niamey, parece que foron Maouris, vindos de Matankanri a fins do século XIX. Instaláronse sobre unha illa chamada Neni Goungou, en fronte do actual Niamey, antes de acabar por asentarse na beira esquerda do Níxer, dise que ao pé dunha árbore de cuxo nome sairía o da cidade: Niame, de Nia, o nome da árbore e me en zarma, que significa "río" ou ben "onde mana a auga".
A aldea de Niamey estaba habitada apenas por arredor de 600 persoas en 1901, cando chegou até alí a misión Lenfant. Niamey era por entón a cabeza da zona de Djerma que comprendía as rexións entre o río e Dallol Bosso. Niamey converteuse en capital do Níxer o 28 de decembro de 1926.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Abrangue unha superficie de 255 km², ocupando dúas mesetas que dominan o río Níxer, a 218 m de altitude.
O clima é de tipo subtropical saheliano, cunha pluviosidade que varía de 500 a 750 mm, segundo ano. Para combater a desertificación e máis as frecuentes tempestades de area que ameazan a cidade, arrastrada polo harmattan, un vento procedente do Norte, a municipalidade dispuxo, na década de 1960, un cinto de árbores de 2.500 ha (25 km de longo, nunha banda de 1 km de ancho). Porén, dado o éxodo rural e a urbanización crecente con bidonvilles (favelas), esta barreira non cesa de se reducir.
Economía
[editar | editar a fonte]Niamey acolle a maioría das industrias do país. É tamén o principal polo comercial do Níxer. Durante os derradeiros cinco anos exportáronse desde a cidade arredor de 200.000 toneladas de cobre e unha cantidade similar de ouro.
Cultura
[editar | editar a fonte]En Niamey está o Musée nationale du Niger (Museo Nacional do Níxer).
Relixión
[editar | editar a fonte]Un 80 % da poboación do Níxer é musulmá, estando en Niamey a maior mesquita do país. A cidade é sede ademais dun bispado católico.