Lusaca
Lusaka (en) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Zambia | ||||
Provincias | Provincia de Lusaca | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.467.563 (2017) (6.854,34 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 360 km² | ||||
Altitude | 1.279 m | ||||
Creación | 1905 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Chilando Chitangala (en) (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 02 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | lcc.gov.zm |
Lusaca, en inglés Lusaka, é a capital do país africano de Zambia, cunha poboación que superaba os 2 000 000 habitantes en 2005. Está situada ao sur do país, nun planalto de 1.300 metros de altitude.
Lusaca foi fundada en 1905 por colonos europeos da cando a construción da vía férrea. En 1935 substituíu a cidade de Livingstone en tanto que capital do que entón se denominaba Rodesia do Norte, colonia da Gran Bretaña. En 1964, ano da independencia de Zambia, pasou a ser a capital do novo estado.
Historia
[editar | editar a fonte]Lusaca foi fundada en 1905 por colonos europeos, sobre a localización dunha aldea de indíxenas. Grazas á vantaxe da súa localización central, converteuse, en 1935, na capital de Rodesia do Norte, no canto de Livingstone. Logo da federación das dúas Rodesias, a do Norte e a do Sur, en 1953, foi núcleo dun movemento de desobediencia civil que levaría á creación do estado independente de Zambia. En 1964, pasou automaticamente a ser a capital do estado xa indepedente de Zambia. Recentemente, Lusaca estase a converter nun centro popular para a maioría do zambianos e dos turistas. A súa situación central xunto coa extensión rápida das súas infraestruturas, permitiu o desenvolvemento en forma de creación de emprego, multiplicación das vivendas etc. En consecuencia, cóidase que con reformas económicas axeitadas e eficaces, Lusaca, así como Zambia, poderíanse desenvolver considerabelmente. Lusaca posúe unha forte concentración de poboación estranxeira, que traballan tanto nas industrias da cidade como nas diversas legacións diplomáticas.
Estrutura urbanística
[editar | editar a fonte]A principal arteria viaria da cidade é a Cairo Road (Estrada do Cairo), en torno á cal se aliñan os mercados de New City Market e Kamwala Market, centros comerciais, e o Zintu Community Museum. A área administrativa áchase sita na parte leste da cidade, preto da zona de Cathedral Hill e Ridgeway. Arredor da urbe despréganse numerosos suburbios, como Elizabetha Villa, Fairview, Kabulonga, Kabwata (no que se sitúa o Kabwata Cultural Centre), Madras, Manda Hill (sede de importantes estruturas comerciais), Northmead (con sona pola súa vida nocturna), Olympia Park, Rhodes Park, Roma, Thorn Park e Woodlands.
Lugares de interese
[editar | editar a fonte]Entre os lugares de interese cultural e turístico de Lusaca pódense sinalar os numerosos museos (os principais son o Lusaca National Museum, o Political Museum e o Zintu Community Museum), a Estatua da Liberdade, a sede do parlamento de Zambia (Zambian National Assembly), a fabrica de cerámicas Moore, a catedral da Santa Cruz (Holy Cross Cathedral) e os Xardíns botánicos do Munda Wanga Environmental Park.
A cidade é relativamente rica en estruturas recreativas, que inclúen, entre outras, un teatro (Lusaca Playhouse), un cinema, un club de golf, un centro deportivo (Lusaca Central Sports Club) e un zoo.
Comunicacións
[editar | editar a fonte]Lusaca é o centro de comunicacións do país. Hai estradas en dirección a todas as capitais provinciais de Zambia. Ten comunicacións ferroviarias con Livingstone, Ndola, Kasama e Nakonde. O Aeroporto Internacional de Lusaca, con enlaces internacionais, dista 26 quilómetros do centro da cidade.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lusaca |