Nairobi
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Kenya | ||||
Condado (pt) | Nairobi (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.545.000 (2016) (7.966,95 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua masai lingua inglesa Lingua suahili | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 696 km² | ||||
Altitude | 1.661 m | ||||
Creación | 1899 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 020 | ||||
ISO 3166-2 | KE-110 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | Parintins (pt) Pingxiang (pt) Río de Xaneiro Colônia Tovar (pt) Kunming Denver (1975–) Raleigh (2022–) | ||||
Sitio web | nairobi.go.ke | ||||
Nairobi é a capital e a maior cidade de Kenya. O nome deriva da frase en lingua masai Enkare Nairobi, que significa 'lugar de augas frías', en referencia ao río Nairobi, que discorre pola cidade. Segundo o censo de 2019, tiña unha poboación de 4 397 073 habitantes,[1] mentres que a área metropolitana contaba cunha poboación estimada en 2022 de 10,8 millóns de persoas.[2] A cidade recibe o sobrenome de Cidade Verde baixo o Sol.[3]
Nairobi foi fundada en 1899 polas autoridades coloniais da África Oriental Británica, como un depósito ferroviario no ferrocarril Uganda - Kenya.[4] A cidade creceu rapidamente para substituír a Mombasa como capital de Kenya en 1907.[5] Despois da independencia en 1963, Nairobi converteuse na capital da República de Kenya.[6] Durante o período colonial de Kenya, a cidade converteuse nun centro para a industria do café, o té e o sisal.[7][8] A cidade atópase na parte central sur de Kenya, a unha altitude de 1.795 metros.
Nairobi é a sede dos edificios do Parlamento de Kenya e acolle miles de empresas kenyanas e máis de 1000 grandes empresas e organizacións internacionais, incluíndo o Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente e a Oficina das Nacións Unidas en Nairobi (UNON). Nairobi é un importante centro de negocios e cultura. A Bolsa de Valores de Nairobi (NSE) é unha das maiores de África e a segunda bolsa máis antiga do continente. É a cuarta bolsa máis grande de África en termos de volume de negociación, capaz de realizar 10 millóns de intercambios ao día. Tamén contén o Parque Nacional de Nairobi. Nairobi uniuse á Rede Mundial de Cidades da Aprendizaxe da UNESCO en 2010.
Historia breve
[editar | editar a fonte]Nairobi foi fundada en 1899 arredor dun depósito de aprovisionamento da Uganda Railway (Ferrocarrís de Uganda) no camiño de ferro que se estaba a construír entre Mombasa, na costa, e Uganda. A comezos do século XX foi reedificada por enteiro logo dunha epidemia de peste e o incendio do asentamento orixinario. Desde entón seguiu a medrar, ata se converter na capital da África Oriental británica en 1905. Máis tarde, en 1963, pasou a ser tamén a capital de Kenya ao acadar esta a independencia.
A escolla de Nairobi como capital derivou de que a súa altitude, por enriba dos 1.500 metros, facía o lugar menos vulnerable á malaria. A capitalidade converteuse nun dos factores do crecemento; o segundo foi o turismo, pois a cidade era o centro desde onde se organizaban expedicións de cacería.
En 1919, Nairobi converteuse nun concello. Entre 1920 e 1950, o número de moradores brancos na cidade pasou de 9.000 a 80.000. Porén aumentaron tamén os roces entre os novos asentados e os antigos poboadores. Nairobi acadou o status de cidade en 1954.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nairobi está situada entre as cidades de Kampala e Mombasa. Como Nairobi está adxacente ao bordo oriental do Val do Rift, ocasionalmente ocorren pequenos terremotos e tremores. Os outeiros de Ngong, situados ao oeste da cidade, son a característica xeográfica máis destacada da área de Nairobi. O monte Kenya está situado ao norte de Nairobi e o monte Kilimanjaro está cara ao sueste.
O río Nairobi e os seus afluentes cruzan o condado de Nairobi e únense ao río Athi no extremo oriental do condado.
A gañadora do Premio Nobel da Paz Wangari Maathai loitou ferozmente para salvar o bosque de Karura, no norte de Nairobi, que estaba baixo a ameaza de ser substituído por vivendas e outras infraestruturas.[9]
Os barrios occidentais de Nairobi esténdense desde o Hospital Nacional Kenyatta no sur ata a sede da ONU no suburbio de Gigiri, no norte, a unha distancia duns 20 quilómetros. A cidade articúlase arredor da Praza da Cidade, que está situada no Distrito Central de Negocios. Os edificios do Parlamento de Kenya, a Catedral da Sagrada Familia, o Concello de Nairobi, os Xulgados de Nairobi e o Centro de Conferencias Kenyatta rodean a praza.
Clima
[editar | editar a fonte]Segundo a Clasificación climática de Köppen, Nairobi ten un clima subtropical das terras altas (Cwb). A 1.795 metros sobre o nivel do mar, as noites poden ser frescas, especialmente na tempada de xuño/xullo, cando a temperatura pode baixar ata os 5 °C. Os meses entre decembro e marzo son os máis solleiros e cálidos do ano e as temperaturas medias son de vinte graos Celsius durante o día. A temperatura máxima media para este período é de 28 °C.[10]
Hai épocas de chuvia, pero as precipitacións poden ser moderadas. A parte máis anubrada do ano é xusto despois da primeira estación de chuvias, cando ata setembro o ceo adoita estar cuberto e con chuvieiras. Como Nairobi está situado preto do ecuador, as diferenzas entre as estacións son mínimas. As estacións denomínanse estación húmida e estación seca. O momento do amencer e do solpor varía pouco ao longo do ano polo mesmo motivo.[11]
Datos climáticos para Datos climáticos de Nairobi (Dagoretti) entre 1961–1990, 1955–1982 e 1984–presente | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 34,8 | 33,5 | 32,9 | 29,0 | 26,8 | 28,1 | 32,7 | 32,5 | 30,0 | 32,0 | 37,9 | 35,6 | 32,7 |
Media máxima en °C | 25,5 | 26,7 | 27,7 | 25,8 | 23,5 | 22,5 | 22,0 | 22,7 | 25,0 | 25,7 | 24,0 | 24,5 | 24,5 |
Media diaria en °C | 19,7 | 20,2 | 21,0 | 19,5 | 17,8 | 16,3 | 15,6 | 15,9 | 17,3 | 18,5 | 18,4 | 18,1 | 17,8 |
Media mínima en °C | 12,7 | 12,7 | 13,8 | 14,0 | 12,1 | 10,0 | 9,2 | 9,1 | 9,7 | 11,3 | 12,7 | 11,7 | 11,1 |
Temperatura mínima en °C | 3,3 | 2,2 | 6,7 | 7,8 | 7,9 | 4,4 | 1,1 | 2,9 | 3,9 | 5,5 | 6,7 | 6,2 | 1,1 |
Precipitación media mm | 58,3 | 49,8 | 92,2 | 242,3 | 189,5 | 38,6 | 17,6 | 24,0 | 31,2 | 60,8 | 149,6 | 107,6 | 1 061,5 |
Media de días con precipitacións (≥ 1.0 mm) | 4 | 4 | 8 | 15 | 13 | 5 | 3 | 4 | 4 | 7 | 14 | 9 | 90 |
Humidade relativa media (%) | 60 | 56 | 62 | 71 | 73 | 73 | 73 | 71 | 64 | 63 | 71 | 66 | 67 |
Media de horas de sol mensuais | 288,3 | 266,0 | 267,0 | 204,0 | 189,1 | 159,0 | 130,2 | 127,1 | 180,0 | 226,3 | 198,0 | 257,3 | 2 492,3 |
Media de horas de sol diarias | 9,3 | 9,3 | 8,6 | 6,8 | 6,1 | 5,3 | 4,2 | 4,1 | 6,0 | 7,3 | 6,6 | 8,3 | 6,8 |
Fonte #1: NOAA[12] | |||||||||||||
Fonte #2: Deutscher Wetterdienst (de 1955 a 1982 e humidade, 1961–1990),[13] Meteo Climat (de 1984 até a actualidade)[14] |
Datos climáticos para Nairobi (Aeroporto Internacional Jomo Kenyatta) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 32,2 | 32,8 | 32,1 | 32,2 | 31,1 | 28,9 | 29,4 | 32,2 | 31,1 | 33,0 | 32,2 | 32,2 | 33,0 |
Media máxima en °C | 26,0 | 27,0 | 27,8 | 26,0 | 25,1 | 23,7 | 22,6 | 23,0 | 25,4 | 27,0 | 24,9 | 25,7 | 25,3 |
Media diaria en °C | 19,8 | 20,2 | 20,9 | 20,2 | 19,0 | 17,7 | 16,7 | 17,5 | 18,6 | 20,6 | 19,3 | 19,5 | 19,2 |
Media mínima en °C | 13,3 | 13,3 | 13,9 | 14,4 | 13,0 | 12,3 | 11,4 | 11,5 | 12,0 | 14,0 | 14,0 | 13,8 | 13,1 |
Temperatura mínima en °C | 4,7 | 7,2 | 7,2 | 9,8 | 6,3 | 6,1 | 4,6 | 4,4 | 4,2 | 5,4 | 7,8 | 7,9 | 4,2 |
Precipitación media mm | 42,1 | 48,3 | 68,8 | 157,2 | 114,3 | 26,5 | 11,5 | 13,6 | 24,8 | 43,3 | 120,9 | 79,8 | 745,1 |
Media de días con precipitacións (≥ 0.1 mm) | 4,9 | 3,7 | 6,5 | 13,0 | 11,1 | 6,2 | 5,2 | 5,0 | 5,1 | 6,8 | 13,6 | 9,0 | 89,7 |
Humidade relativa media (%) | 69 | 63 | 66 | 77 | 79 | 76 | 74 | 71 | 67 | 67 | 77 | 76 | 72 |
Media de horas de sol mensuais | 282,1 | 265,6 | 263,5 | 204,0 | 179,8 | 159,0 | 124,0 | 124,0 | 168,0 | 213,9 | 204,0 | 254,2 | 2 442,1 |
Media de horas de sol diarias | 9,1 | 9,4 | 8,5 | 6,8 | 5,8 | 5,3 | 4,0 | 4,0 | 5,6 | 6,9 | 6,8 | 8,2 | 6,7 |
Fonte: Deutscher Wetterdienst[15] |
Divisións administrativas
[editar | editar a fonte]A cidade de Nairobi goza da condición de condado administrativo completo.
A provincia de Nairobi difire en varios aspectos doutras rexións de Kenya. A comarca é totalmente urbana. Ten só un concello, o de Nairobi. A provincia homónima non se dividiu en "distritos" até o ano 2007, cando se crearon 3. En 2010, xunto coa nova constitución, Nairobi pasou a chamarse condado e consolidouse como cidade-condado.
O condado de Nairobi ten 17 circunscricións. O nome da circunscrición pode diferir do nome da división, de xeito que a circunscrición de Starehe é igual á División Central, a de Lang'ata á división de Kibera e a de Kamukunji á División de Pumwani en termos de límites.
Circunscricións
[editar | editar a fonte]Nairobi divídese en 17 circunscricións e 85 barrios,[16] que reciben maioritariamente o seu nome de zonas residenciais. A división de Kibera, por exemplo, inclúe o barrio de Kibera (o meirande de Kenya) así como o barrios de Karen e Langata.
Circunscrición | Barrios |
---|---|
Dagoretti Norte | Kilimani · Kawangware · Gatina · Kileleshwa · Kabiro |
Dagoretti Sur | Mutu-ini · Ng'ando · Riruta · Uthiru/Ruthimitu · Waithaka |
Lang'ata | Karen · Nairobi Oeste · Mugumo-ini · South C · Nyayo Highrise · Otiende · |
Kibra | Laini Saba · Lindi · Makina · Woodley/ Campo de Golf Kenyatta · Sarang'ombe |
Kasarani | Clay City · Mwiki · Kasarani · Njiru · Ruai · Kamulu |
Roysambu | Roysambu · Garden Estate · Ridgeways · Githurai · Kahawa Oeste · Zimmermann · Kahawa |
Ruaraka | Babadogo · Utalii · Mathare Norte · Lucky Summer · Korogocho |
Embakasi Central | Kayole Norte · Kayole Norte Central · Kayole Sur · Komarock · Matopeni/ Spring Valley |
Embakasi Leste | Upper Savanna · Lower Savanna · Embakasi · Utawala · Mihang'o |
Embakasi Norte | Kariobangi Norte · Dandora Area I · Dandora Area II · Dandora Area III · Dandora Area IV |
Embakasi Sur | Imara Daima · Kwa Njenga · Kwa Reuben · Pipeline · Kware |
Embakasi Oeste | Umoja I · Umoja II · Mowlem · Kariobangi Sur |
Kamukunji | Pumwani · Eastleigh Norte · Eastleigh Sur · Airbase · California |
Makadara | Maringo/ Hamza · Viwandani · Harambee · Makongeni · Mbotela · Bahati |
Mathare | Hospital · Mabatini · Huruma · Ngei · Mlango Kubwa · Kiamaiko |
Starehe | Nairobi Central · Ngara · Pangani · Ziwani/ Kariokor · Landimawe · Nairobi Sur |
Westlands | Kitisuru · Parklands/Highridge · Karura · Kangemi · Mountain View · |
Evolución demográfica
[editar | editar a fonte]Nairobi ten unha das maiores taxas de crecemento de todas as cidades de África. Dende a súa fundación en 1899, creceu ata converterse na segunda cidade máis grande da rexión dos Grandes Lagos Africanos, a pesar de ser unha das cidades máis novas da rexión. A taxa de crecemento de Nairobi é do 4,1% ao ano.[17] Estímase que a poboación de Nairobi chegará aos 5 millóns en 2025.[18]
Dado este alto crecemento da poboación, debido tanto á migración urbana como ás altas taxas de natalidade, a economía aínda non se puxo ao día. O desemprego estímase nun 40% dentro da cidade, principalmente nas zonas de alta densidade e baixos ingresos da cidade.[19]
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Nairobi está irmandada coas seguintes cidades:[20]
- Adís Abeba, Etiopía.[21]
- Denver, Estados Unidos.[22]
- Kunming, China.
- Lowell, Estados Unidos.[23]
- Raleigh, Estados Unidos.[24]
- São Luís do Maranhão, Brasil.[25]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Estatua de Jomo Kenyatta.
-
Nairobi ao amencer.
-
Auditorio KICC.
-
Casa do Estado.
-
Casa do concello de Nairobi.
-
Entrada do Parlamento.
-
Nairobi ao solpor.
-
Edificio NSSF.
-
Torres do aniversario.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "2019 Kenya Population and Housing Census Volume I: Population by County and Sub-County". Kenya Central Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2019. Consultado o 7 de novembro de 2019.
- ↑ Omwenga, Mairura (19 de setembro de 2010). Nairobi Emerging Metropolitan Region Development Planning and Management Opportunities and Challenges (PDF). Nairobi. pp. 1–5.
- ↑ "Not to be Missed: Nairobi 'Green City in the Sun'". Pulse Africa. Arquivado dende o orixinal o 28 de abril de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2007.
- ↑ Roger S. Greenway, Timothy M. Monsma, Cities: missions' new frontier, (Baker Book House: 1989), p.163.
- ↑ "History of Mombasa". mombasa.go.ke. 28 de xullo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xuño de 2019.
- ↑ "Nairobi History". britannica.com. Consultado o 18 de febreiro de 2020.
- ↑ "Production". East Africa Sisal. Consultado o 24 de maio de 2020.
- ↑ Rashid, Mahbub (16 de xuño de 2016). The Geometry of Urban Layouts: A Global Comparative Study (en inglés). Springer. ISBN 978-3-319-30750-3.
- ↑ "Karura: Are We Missing the Trees for the Forest?". nationmedia.com. 2 de novembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 14 de xuño de 2007.
- ↑ "Travel and Visa Information". unhabitat.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007. Consultado o 20 de xuño de 2007.
- ↑ Gaisma. "Nairobi, Kenya – Sunrise, sunset, dawn and dusk times, table". gaisma.com. Consultado o 22 June 2007.
- ↑ "WMO Climate Normals for DAGORETTI 1961–1990". National Oceanic and Atmospheric Administration. Consultado o 7 de xullo de 2015.
- ↑ "Klimatafel von Nairobi-Dagoretti (Obs.) / Kenia" (PDF). Deutscher Wetterdienst. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ "Station Nairobi". Meteo Climat. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ "Klimatafel von Nairobi-Kenyatta (Int.Flugh.) / Kenia" (PDF). Deutscher Wetterdienst. Consultado o 31 de agosto de 2016.
- ↑ [1] Arquivado 2013-03-19 en Wayback Machine.
- ↑ "The World Factbook". Cia.gov. Consultado o 28 de marzo de 2011.
- ↑ Oronje, Rose (27 de xullo de 2005). "Build cities to contain population explosion". The Standard. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2007.
- ↑ Oyugi, Maurice Onyango; K’Akumu, Owiti A. (2007). "Land use management challenges for the city of Nairobi". Urban Forum 18 (1). pp. 94–113. ISSN 1015-3802. doi:10.1007/BF02681232.
- ↑ "Official Report: Second County Assembly – Third Session" (PDF). nairobiassembly.go.ke. 20 de novembro de 2019. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de marzo de 2023. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "Ethiopia: Addis' sister cities, historical ties". Tuck Magazine. 11 de decembro de 2018. Consultado o 3 de agosto de 2021.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Across globe, building bridges". lowellsun.com. The Sun. 2012-06-03. Consultado o 2021-08-03.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2013. Consultado o 18 de xaneiro de 2014.
- ↑ "Declara cidades – irmas, São Luis e Nairobi. (de autoria da vereadora Rose Sales, projeto de lei nº 214/2011) – publicada (15.12.2016)". camara.slz.br. 4 de marzo de 2017. Consultado o 3 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nairobi |