Lisboa
Localización | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
Estado | Portugal | ||||||||||
Distritos | Distrito de Lisboa | ||||||||||
Capital de | |||||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||||
Poboación | |||||||||||
Poboación | 545.923 (2021) (5.456,5 hab./km²) | ||||||||||
Xeografía | |||||||||||
Parte de | |||||||||||
Superficie | 100,05 km² | ||||||||||
Bañado por | Río Texo | ||||||||||
Altitude | 100 m | ||||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||||
Datos históricos | |||||||||||
Precedido por | |||||||||||
Evento clave
| |||||||||||
Santo padrón | Antón de Padua | ||||||||||
Organización política | |||||||||||
• Alcalde | Carlos Moedas (pt) | ||||||||||
Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Lisboa (pt) , (Escano: 17) | ||||||||||
Membro de | |||||||||||
Identificador descritivo | |||||||||||
Código postal | 1000–1900 | ||||||||||
Fuso horario | |||||||||||
Outro | |||||||||||
Irmandado con | |||||||||||
Páxina web | cm-lisboa.pt | ||||||||||
Lisboa é a capital e maior cidade de Portugal, situada na foz do río Texo. Alén diso é tamén capital do distrito de Lisboa, da rexión de Lisboa, da área metropolitana de Lisboa, e é tamén o principal centro da subrexión estatística da Grande Lisboa. A cidade ten unha poboación de 545.245 habitantes (2011), mais a súa área metropolitana ten preto de 2,9 millóns, un 27% da poboación do país.
A cidade corresponde ao concello, que é pequeno cos seus 83,84 km². A densidade demográfica sobe a 6.518,1 hab./km². O concello subdivídese en 53 freguesías e está limitado ao norte polos municipios de Odivelas e Loures, ao oeste por Oeiras, ao noroeste pola Amadora e ao leste e sur polo estuario do Texo. A través do estuario, Lisboa lígase aos concellos da marxe sur: Almada, Seixal, Barreiro, Moita, Montijo e Alcochete.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Como monumentos e temas de interese turístico destacan, na Lisboa medieval:
- Castelo de San Xurxo, no outeiro máis alto do centro da cidade.
- Barrio de Alfama, de estreitas vielas e que sobreviviu ao terremoto de 1755.
- Sé de Lisboa.
- Convento do Carmo.
Da cidade da época dos descubrimentos podemos ver hoxe na zona de Belém, dúas construcións clasificadas pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade:
- O Mosteiro dos Xerónimos, mandado construír polo Rei D. Manuel I.
- A Torre de Belém, construción militar de vixía na barra do Texo.
Do comezo do século XVIII o monumento máis significativo é o Acueduto das Augas Livres. Despois do terremoto de 1755, no plano en grella aprobado polo Marqués de Pombal (Baixa Pombalina) para a zona central da cidade, construíronse as prazas do Comercio, xunto ao Texo, e maila praza do Rossio.
Nas proximidades e con interese histórico ou artístico están aínda a Praza dos Restauradores e o Elevador de Santa Justa, proxectado a fins do século XIX por Mesnier du Ponsard, un discípulo de Eiffel.
Tamén destacan os pazos reais das Necesidades e da Axuda, na parte Oeste da cidade.
A fins do século XIX os planos urbanísticos permitiron estender a cidade alén da Baixa para o val da actual Avenida da Liberdade. En 1934 é construída a Praza Marqués de Pombal, remate superior da avenida. Do século XX sobresaen os extensos planos urbanísticos das Avenidas Novas, da envolvente da Universidade de Lisboa, e da zona dos Olivais, e os máis recentes do Parque das Nacións e da Alta de Lisboa, aínda en construción. Os edificios do fin do século XX máis notábeis en termos de arquitectura inclúen, entre outros, as Torres das Amoreiras (1985, do arquitecto Tomás Taveira, o Centro Cultural de Belém (inaugurado en 1991), a Estación do Oriente (de Santiago Calatrava), a Torre Vasco da Gama e o Oceanario de Lisboa (de Peter Chermayeff), todos de 1998.
Historia
[editar | editar a fonte]Artigo principal Historia de Lisboa
Foi fundada polos gregos e foille dado o nome de Olissipo (nome supostamente derivado de Ulises). Co paso do tempo o nome foi derivando en Olissipona, Lissapona e finalmente Lisboa. Lisboa foi tomada no século VIII polos árabes provenientes do norte de África, e reconquistada polo primeiro rei de Portugal, Afonso Henriques no século XII. De Lisboa partiron numerosas expedicións na época dos Descubrimentos (ss. XV-XVII). Foi destruída o 1 de novembro de 1755 por un gran terremoto, e reconstruída segundo os planos trazados polo Marqués de Pombal (de aí que a parte central se coñeza como Baixa Pombalina).
Como monumentos e tópicos de interese turístico destacan o Castelo de San Xurxo, no outeiro máis alto do centro da cidade, a Praça do Comércio, o Mosteiro dos Jerónimos e Torre de Belém e o barrio que sobreviviu ó terremoto, chamado Alfama. A música tradicional de Lisboa é o fado, canción nostálxica acompañada pola guitarra portuguesa.
En Lisboa ocorreron a revolta republicana do 4 e 5 de novembro de 1910 e a Revolución dos cravos do 25 de abril de 1974.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Clima
[editar | editar a fonte]Datos climáticos de Lisboa | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima absoluta (°C) | 22,6 | 24,8 | 29,4 | 32,2 | 34,8 | 41,5 | 40,6 | 41,8 | 37,3 | 32,6 | 25,3 | 23,2 | |
Temperatura máxima media (°C) | 14,8 | 16,2 | 18,8 | 19,8 | 22,1 | 25,7 | 27,9 | 28,3 | 26,5 | 22,5 | 18,2 | 15,3 | |
Temperatura media diaria (°C) | 11,6 | 12,7 | 14,9 | 15,9 | 18,0 | 21,2 | 23,1 | 23,5 | 22,1 | 18,8 | 15,0 | 12,4 | |
Temperatura mínima media (°C) | 8,3 | 9,1 | 11,0 | 11,9 | 13,9 | 16,6 | 18,2 | 18,6 | 17,6 | 15,1 | 11,8 | 9,4 | |
Temperatura mínima absoluta (°C) | 1,0 | 1,2 | 0,2 | 5,5 | 6,8 | 10,4 | 14,1 | 14,7 | 12,1 | 9,2 | 4,3 | 2,1 | |
Precipitacións (mm) | 99,9 | 84,9 | 53,2 | 68,1 | 53,6 | 15,9 | 4,2 | 6,2 | 32,9 | 100,8 | 127,6 | 126,7 | |
Días de choiva medios (≥ 0.1 mm) | 15 | 15 | 13 | 12 | 8 | 5 | 2 | 2 | 6 | 11 | 14 | 14 | |
Horas de sol | 142,6 | 156,5 | 207,7 | 234,0 | 291.4 | 303,0 | 353,4 | 344,1 | 261,0 | 213,9 | 156,0 | 142,6 | |
Fonte: Instituto de Meteorologia (1981-2010) e Hong Kong observatory |
Economía
[editar | editar a fonte]Transportes
[editar | editar a fonte]Está ligada á outra beira do Texo por dúas pontes: a ponte 25 de Abril, no sur, inaugurada o 6 de agosto de 1966, que liga Lisboa e Almada e a ponte Vasco da Gama, inaugurada en maio de 1998, que liga o nordeste da capital (zona do Oriente e Sacavém) coa cidade de Montijo.
O aeroporto de Lisboa (aeroporto da Portela) localízase a 7 km do centro, na zona nordeste da cidade. Aprobouse no 2005 a construción dun novo aeroporto na zona da Ota, a 40 km ao norte da cidade.
O porto de Lisboa é destino de numerosos cruceiros e un dos principais portos turísticos europeos.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Parque das Nacións, creado no lugar da Expo98.
-
Fundación Calouste Gulbenkian, principal museo da cidade.
-
Palácio Palhavã, embaixada de España.
-
Torre de Belém, de arquitectura manuelina.
Cidades máis poboadas de Portugal[2] | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lisboa Sintra | |||||||||||
Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Posición | Localidade | Rexión | Pob. | Vila Nova de Gaia Porto | |||
1 | Lisboa | Lisboa | 555 733 | 11 | Oeiras | Lisboa | 172 120 | ||||
2 | Sintra | Lisboa | 377 835 | 12 | Gondomar | Norte | 168 027 | ||||
3 | Vila Nova de Gaia | Norte | 302 295 | 13 | Guimarães | Norte | 158 269 | ||||
4 | Porto | Norte | 237 591 | 14 | Seixal | Lisboa | 162 592 | ||||
5 | Cascais | Lisboa | 206 479 | 15 | Odivelas | Lisboa | 144 549 | ||||
6 | Loures | Lisboa | 205 054 | 16 | Coímbra | Centro | 143 396 | ||||
7 | Braga | Norte | 181 494 | 17 | Santa Maria da Feira | Norte | 139 312 | ||||
8 | Matosinhos | Norte | 175 478 | 18 | Vila Franca de Xira | Lisboa | 136 886 | ||||
9 | Amadora | Lisboa | 175 136 | 19 | Maia | Norte | 135 306 | ||||
10 | Almada | Lisboa | 174 030 | 20 | Famalicão | Norte | 133 832 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estatística, ed. (2011). "Estatísticas oficiais".
- ↑ Censo 2011 do Instituto Nacional de Estatística[1]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lisboa |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Camarinhas, Catarina. L'urbanisme de Lisbonne. París: L'Harmattan, 2012. ISBN 978-2-296-47915-9.
- França, José Augusto. Lisboa, História física e moral. Lisboa: Livros Horizonte. ISBN 978-972-24-1612-2
- Gea, Juan Carlos. El Temblor (Lisboa, sábado de santos de 1755. 2005. ISBN 84-9704-205-0
- Varios Autores. Lisboa (time out). 2005. ISBN 84-9801-028-4
- Varios Autores. Lisboa 2006 (Guías Visuales). 2006. ISBN 84-03-50156-0
- José-Luis Sainz Guerra, (Coord.), La remodelación de la ciudad europea. Valladolid: Publicacións da Universidade de Valladolid, 2007. ISBN 978-84-8448-417-2
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Câmara Municipal de Lisboa
- Visit Portugal – www.visitportugal.com
- Galegos no Mundo, Lisboa, programa da TVG.
Predecesor: Anveres |
Capital Europea da cultura 1994 |
Sucesor: Luxemburgo |