Porto Novo
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Benín | ||||
Departamento | Oueme (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 264.320 (2013) (5.083,08 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 52 km² | ||||
Altitude | 38 m | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Candidato a Patrimonio da Humanidade | |||||
Data | 31 de outubro de 1996 | ||||
Identificador | 871 | ||||
Sitio web | villedeportonovo.com | ||||
Porto Novo,[1] Porto-Novo[2][3] ou Portonovo,[4] oficialmente Porto-Novo e tamén coñecido como Hogbonou e Adjacé, é a capital oficial da Benín. É un porto sito nun entrante do golfo de Guinea, na parte suroriental do país. Porto Novo é a segunda cidade máis grande de Benín, detrás de Cotonou, porén supéraa en importancia cultural e política. O transpaís de Porto Novo produce aceite de palma, algodón e kapok. Nos anos 1990 foi descuberto petróleo en augas fóra da costa, produto que se converteu nun importante motor das exportacións.
Historia
[editar | editar a fonte]Porto Novo foi probabelmente fundada a finais do século XVI polo pobo Gun. O actual nome foille dado polos portugueses, que aquí construíran unha feitoria no século XVII, con propósito de exportar escravos africanos para as Américas. O Reino de Porto Novo aceptou a protección francesa en 1863, como forma de rebater a intrusión británica. Porén, a presenza francesa non foi ben acollida polo veciño Reino de Abomey, o que resultou en guerra. En 1883, a mariña francesa desembarcou en Porto Novo e Cotonou, tendo Porto Novo sido incorporada á colonia francesa de Daomei, da cal se tornou capital en 1900. Varios anos despois da independencia, Dahomei trocou o nome para Benín.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Criterios para o uso da lingua (PDF). Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña. ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 05 de xaneiro de 2016.
- ↑ Diciopedia do século 21. Isaac Díaz Pardo, Víctor F. Freixanes, Antón Mascato (edición). Editorial Galaxia. 2007. ISBN 9788482893600.
- ↑ Santa María, Inés; Massó, Noé (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. ISBN 978-84-8289-328-0.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. ISBN 84-8158-266-2.