Maseru
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Lesoto | ||||
Subdivisións | Maseru (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 343.541 (2016) (2.489,43 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 138 km² | ||||
Bañado por | Rio Caledon (pt) | ||||
Altitude | 1.600 m | ||||
Creación | 1869 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Maseru é a capital de Lesoto. Situada sobre o río Mohokare, na fronteira coa República Surafricana, é a única cidade de tamaño do país, cunha poboación de cerca de 227,880 (2006). É a ademais capital do distrito de Maseru.
Maseru estabeleceuse inicialmente como un campamento policial e designada como capital logo de que o país se converteu nun protectorado británico en 1869. Cando o país accedeu á independencia en 1966, Maseru conservou o seu status de capital.
Nome
[editar | editar a fonte]O nome da cidade é un vocábulo sesotho que significa "lugar da arenisca vermella".[1]
Historia
[editar | editar a fonte]Maseru foi fundada polas autoridades británicas como un pequeno posto policial en 1869, logo da conclusión da Guerra do Estado Libre de Basotho e Basutolandia se tornou nun protectorado británico.[2][3] Maseru está situada no bordo dos "territorios conquistados" ao Estado Libre de Orange (actualmente Orange é unha provincia de Suráfrica), como parte dos acordos de paz. A localidade estaba situada no oeste do estado de Basotho a uns 24 km da fortaleza de Thaba Bosiu do rei Moshoeshoe I, de facto a antiga capital do país. Moi logo medrou un bulicioso mercado na área en torno á nacente cidade.[4]
Maseru inicialmente funcionou como capital administrativa do país entre 1869 e 1871, antes de que a administración de Basutolandia fose transferida para a Colonia do Cabo. Entre 1871 e 1884, Basutolandia foi tratada de xeito semellante a dos territorios que foran anexionados pola forza, o que causou amargura en Basotho.[5] Isto levou á Guerra do Cañón en 1881 e á queima de numerosos edificios en Maseru.[1] No ano 1884, foille devolto a Basutolandia o seu anterior status de colonia da Coroa, e Maseru foi restabelecida como capital. Posteriormente cando Basutolandia obtivo a independencia e pasou a ser o Reino de Lesoto, en 1966, Maseru permaneceu como capital do país.[3]
Con anterioridade á independencia de Lesoto, Maseru apenas medrou; estivo confinada dentro dos ben definidos límites coloniais e carecía de espazo para crecer, entanto os británicos tiveron pouco interese en desenvolver a localidade. Despois de 1966 Maseru experimentou unha rápida expansión: a súa área incrementou arredor de sete veces o seu tamaño, desde cerca de 20 km² até 138 km², incorporando aldeas da súa periferia.[1][3] A taxa de crecemento anual da poboación mantívose cerca do 7% durante varias décadas, para caer arredor do 3.5% entre 1986 e 1996.[3]
Logo de que en 1998 as eleccións parlamentarias en Lesoto levantasen sospeitas de fraude na votación e interviñese militarmente Suráfrica no país, gran parte da cidade sufriu desordes e pillaxes.[6] O custo das reparacións dos danos causados foi estimado en arredor de 20.000 millóns de rands (uns 350 millóns de dólares estadounidenses).[7] Os efectos dos desordes urbanos puidéronse constatar na cidade durante un decenio.[8]
Xeografía e clima
[editar | editar a fonte]Maseru está sita no noroeste de Lesotho, nos límites coa República Surafricana, marcados polo río Mohokare. Ambos países comunícanse pola Ponte Maseru, que salva as augas, e no que se ergue un posto fronteirizo. En Suráfrica, Ladybrand é a cidade máis próxima a Maseru. Esta érguese nun val pouco profundo aos pés de Hlabeng-Sa-Likhama, lombas das montañas Maloti.[1] Con todo Maseru está a 1600 m sobre o nivel do mar.[9] O seu casco urbano ocupa unha área de arredor de 138 km².[3]
Maseru ten un clima continental, caracterizado por veráns quentes e húmidos, e invernos secos. A media diaria da temperaturas estivais — que corresponde aos meses de decembro a marzo no hemisferio sur— é de 22 °C. Durante o inverno, entre xuño e setembro, a media de temperaturas é de 9 °C.[10] O mes máis cálido é xaneiro con temperaturas medias entre os 15 °C e os 33 °C.[11] Durante o mes máis frío, xullo, as temperaturas móvense entre -3 °C e 17 °C.[11] A media de precipitacións mensuais oscila entre os 7 mm de xuño e os 141 mm de febreiro.[11]
Demografía
[editar | editar a fonte]O último censo, en 2006, cifraba a poboación de Maseru en 227,880 habitantes, o que equivalía a unha décima parte da enteira poboación de Lesoto, é á metade da poboación urbana do país.[12][13] Desa cifra 103,520 correspondía ao sexo masculino e 124,360 ao feminino, ou en cifras relativas, significaba 100 mulleres por cada 83 homes.[13] A poboación da cidade era tan só de 28.000 habitantes en 1966, e xa de 110.000 cando o censo de 1986 census, o que demostra o veloz crecemento da cidade despois da independencia do país.[1]
Transporte
[editar | editar a fonte]Un ferrocarril e unha ponte, datada en 1905, cruza o río Mokohare River e une o distrito comercial setentrional de Maseru con Marseilles, Suráfrica e desde aí coa liña principal Bloemfontein/KwaZulu-Natal.[14] O longo convoi de 2.6 km é o único do país.
A Kingsway, a estrada que une o aeroporto Leabua Jonathan, actualmente coñecido Aeroporto Mejametalana, e o Pazo Real en Maseru, foi a primeira estrada pavimentada de Lesoto. O que era un camiño en estado lamentábel, foi renovado con ocasión dunha visita da familia rela británica en 1947.[15] Foi a única estrada pavimentada do país até que este obtivo a independencia no ano 1966.[1] Dúas estradas principais parten de Maseru actualmente, a Principal Norte 1 para o nordeste e a Principal Sur 1 para o sueste até Mazenod e Roma. O aeroporto internacional, denominado Aeroporto Internacional Moshoeshoe, fica próximo, en Thoteng-ea-Moli, Mazenod. A Universidade Nacional de Lesoto está localizada en Roma, a 32 km de Maseru.
Economía
[editar | editar a fonte]O comercio da cidade está centrado arredor da Kingsway (a estrada que liga a cidade co aeroporto internacional) e é a maior fonte de empregos. No distrito de negocios do oeste localízanse os maiores edificios de despachos, almacéns de venda e varios bancos. O distrito de negocios do leste é menor, pero posúe mercados e vendedores de rúa.[1]
A industria de Maseru desenvólvese en dúas áreas principais. Unha no norte da zona central de negocios, ao longo da Moshoeshoe Road, ten muíños de fariñas e outras empresas. O outro sector industrial está sito ao sur da zona central de negocios, no distrito Thetsane, e céntrase na industria téxtil e de calzado.[1]
Até 2004 Maseru gozou dunha industria téxtil expansiva, que tiña apoio e investimentos da China. Máis dsede a expiración do Acordo Multi Fibre, o sector téxtil de Lesoto declinou.[16] Outras industrias urbanas prósperas foron as de velas e alfombras, pero ficaron arruinadas pola competencia da industria de Suráfrica.
Cultura
[editar | editar a fonte]Arquitectura
[editar | editar a fonte]A maioría das tradicionais casas de adobes con tellados de colmo, chamadas rondavels, foron substituídas por edificacións modernas. Subsisten algunhas construcións de época colonial arredor do centro da cidade, entre as que callaría destacar a catedral católica de Nosa Señora das Vitorias e máis a igrexa anglicana de San Xoán.[1] Other sights include the Royal Palace, the Parliament building and the State House.[17]
Turismo
[editar | editar a fonte]Maseru conta en total con seis hoteis, dous dos cales, o Lesotho Sun e o Maseru Sun, posúen casinos.[18][19] Durante a década de 1960, antes das novas leis surafricanas sobre xogo, os casinos de Lesoto eran unha atracción popular para os visitantes surafricanos, pero desde entón ese intereses decaeu.[19]
Dúas das maiores atraccións turísticas de Lesoto, Lancer's Gap e máis Thaba Bosiu están preto de Maseru.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 Sam Romaya, Alison Brown (1999). "City profile: Maseru, Lesotho". Cities 16: 123–133.
- ↑ Baffour Ankomah, Khalid Bazid (2003). "Lesotho: Africa's Best Kept Secret". New African.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Karen Tranberg Hansen, Mariken Vaa (2004). Reconsidering Informality: Perspectives from Urban Africa. Nordic African Institute. pp. p. 180. ISBN 9171065180.
- ↑ Willie Olivier, Sandra Olivier (2005). Touring in South Africa: The Great SA Road Trip Guide. Struik. pp. p. 116. ISBN 1770071423.
- ↑ James S. Olson, Robert S. Shadle (ed.) (1996). Historical Dictionary of the British Empire. Greenwood Press. pp. p. 118. ISBN 0-313-27917-9.
- ↑ "It All Went Wrong". Economist 349: 49. 26 de setembro de 1998.
- ↑ "Lesotho billed for South African intervention". BBC News. 1998-10-09. Consultado o 2008-04-14.
- ↑ "Straw men". Mail & Guardian Online. 2007-03-15. Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2012. Consultado o 2008-04-14.
- ↑ Mary Fitzpatrick, Becca Blond, Gemma Pitcher, Simon Richmond, Matt Warren (2004). South Africa, Lesotho & Swaziland. Lonely Planet. pp. p. 521. ISBN 1741041627.
- ↑ "Maseru, Lesotho climate". myforecast.com. Consultado o 2008-04-14.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 "Lesotho: Basic data". The Economist Intelligence Unit. 30 de marzo de 2007.
- ↑ "Maseru District population statistics". GeoHive. Consultado o 2008-04-14.
- ↑ 13,0 13,1 "2006 census". Lesotho Bureau of Statistics. Arquivado dende o orixinal o 11 de xaneiro de 2019. Consultado o 2008-04-14.
- ↑ "Lesotho Travel Guide". World Travel Guide. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008. Consultado o 2008-04-14.
- ↑ Fitzpatrick et al. 2004, p. 522
- ↑ Peete Monolapo (2007). "Lesotho: The Promise of Africa". Foreign Policy.
- ↑ "SADC Summit 2006". Southern African Development Community. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2007. Consultado o 2008-04-15.
- ↑ "Maseru". seelesotho.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de abril de 2008. Consultado o 2008-04-15.
- ↑ 19,0 19,1 "The Mountain Kingdom". South Africa Travel Guide. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2012. Consultado o 2008-04-14.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Maseru |