Saltar ao contido

Discordianismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eris, a deusa grecorromana da discordia.

O discordianismo é unha relixión e subsecuente filosofía baseada na veneración ou adoración de Eris (tamén coñecida como Discordia), a deusa grecorromana do caos, ou arquetipos e ideais asociados con ela. Foi fundada en 1965 despois da publicación do seu primeiro libro sagrado, o Principia Discordia,[1] escrito por dúas persoas baixo os pseudónimos Malaclypse the Younger e Omar Khayyam Ravenhurst.

A relixión foi relacionada co zen, baseado nas semellanzas coas interpretacións absurdistas da escola Rinzai, así como na filosofía taoísta. O discordianismo céntrase na idea de que tanto a orde coma a desorde son ilusións impostas no universo polo sistema nervioso humano, e que ningunha desas ilusións de aparente orde ou desorde é máis acertada, obxectiva ou verdadeira que a outra.

  1. Wilson, Robert Anton (1992). Cosmic Trigger I: Final Secret of the Illuminati. Scottsdale, AZ: New Falcon Publications. p. 65. ISBN 978-1561840038.