Pharmakos
O pharmakos (grego: φαρμακός) é un ritual de purificación empregado na Grecia antiga. Para combater unha calamidade, escollíase a unha persoa para ser levada a rastro fóra da cidade, onde ás veces era sacrificada. Esta vítima inocente en si mesma, era considerada un bode expiatorio que cargaba con tódolos males da cidade. A súa expulsión debía permitir purgar a cidade do mal que a aqueixaba. O termo contiña unha gran ambigüidade, xa que que podía significar tanto «remedio» como «veleno».
O pharmakos foi obxecto de estudo por parte de varios filósofos modernos. Jacques Derrida analizou en La pharmacie de Platon os significados opostos do termo. René Girard converteuno nun dos fundamentos da súa teoría do bode expiatorio en La violence et le sacré.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Harrison, Jane Ellen (1903, reeditado en 1991). Prolegomena to the Study of Greek Religion. Princeton: Princeton University Press. pp. 152. ISBN 0-691-01514-7.