Templo grego
Aparencia
O templo grego é unha das tipoloxías arquitectónicas de maior relevo na Grecia antiga. Ten a súa orixe no mégaron, espazo existente nos anteriores palacios micénicos, exercendo unha forte influencia na posterior arquitectura da Roma antiga e no seu respectivo templo romano.
Áreas do templo
[editar | editar a fonte]- Pronao: esta é a antecámara que antecede ao naos e que se tranformará, máis tarde, no nártice.
- Naos ou Cella: neste espazo, delimitado por 4 paredes sen fiestras, é colocada a estatua da divindade e pode ser, por veces, organizado en 3 ás divididas por columnas. Nos templos de grandes dimensións o naos pode funcionar como un patio interior, sen cobertura.
- Áditon ou Abaton: espazo só accesible a sacerdotes para o culto ou colocación de ofrendas. Esta área pode funcionar de diferentes xeitos; como unha subdivisión do naos, aberta para el; como unha cámara illada no centro do naos; ou como un nicho na parede posterior do naos.
- Opistódomo: Cámara oposta ao pronao onde se atopa o tesouro e que tamén pode funcionar, como aditon.
-
Pronao
-
Naos
-
Áditon
-
Opistódomo
Tipos de templos
[editar | editar a fonte]Segundo o número de columnas na fachada
[editar | editar a fonte]- Tetrástilo: 4 columnas na fachada
- Pentástilo: 5 columnas na fachada
- Hexástilo: 6 columnas na fachada
- Octástilo ou octostilo: 8 columnas na fachada
- Decástilo: 10 columnas na fachada
- Dodecástilo:12 columnas na fachada
Segundo o número de filas de columnas
[editar | editar a fonte]- Monóptero: 1 fila de columnas. Tamén designa aos templos de planta circular rodeados por 1 fila de columnas e rematados por unha cúpula. Un monóptero con naos chámase tholos.
- Díptero: 2 filas de columnas
- Pseudodíptero: semellante ao díptero, aínda que as 2 filas de columnas non envolven a todo o templo (p. ex. a ringleira de columnas interior está pegada ás paredes do naos)
-
Monóptero
-
Díptero
-
Pseudodíptero
-
Pseudodíptero
Segundo a distribución de columnas
[editar | editar a fonte]- Períptero: o templo está completamente rodeado de columnas.
- Pseudoperíptero: cando unha ringleira ou máis de columnas está embebida nas paredes da naos.
- Próstilo: o templo só ten columnas na fachada principal.
- Anfipróstilo: o templo presenta columnas nas fachadas principal e posterior.
-
Períptero
-
Pseudoperíptero
-
Próstilo
-
Anfipróstilo
Segundo o espazo entre as columnas
[editar | editar a fonte]- Picnóstilo: Espazo reducido entre columnas de 3 módulos.
- Sistilo: Espazo entre columnas de 6 módulos.
- Diástilo: Espazo entre columnas de 6 módulos ou a medida dun diámetro da columna multiplicado por 3.
Un módulo é o raio da base do fuste da columna.
Segundo as ordes arquitectónicas
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Orde arquitectónica.
e Columna
Exemplos
[editar | editar a fonte]A maioría dos templos gregos clásicos eran hexástilos (fachada con seis columnas). Algúns exemplos coñecidos son:
- O grupo de Paestum, incluíndo o Templo de Hera (c. 550 AC), o Templo de Apolo (c. 450 AC), o primeiro Templo de Atenea («Basilica», c. 500 AC) e o segundo Templo de Hera (460-440 AC);
- O Templo de Afáia, máis tarde dedicado a Atenea en Exina (c. 495 AC);
- O templo E en Selinunte (465-450 AC), dedicado a Hera;
- O Templo de Zeus en Olimpia, actualmente en ruínas;
- O templo F ou o chamado «Templo da Concordia» en Agrigento (c. 430 AC), un dos templos clásicos gregos mellor conservados, mantendo case todo o perístilo e o entaboamento;
- O «templo inacabado» de Sexesta (c. 430 AC);
- O Templo de Hefesto baixo a Acrópole de Atenas, coñecido como «Templo de Teseo» (449-444 AC), o templo grego mellor conservado dende a antigüidade;
- O Erecteion no lado norte da Acrópole de Atenas, en honra aos deuses Atenea Poliás, Poseidón e Erecteo, rei mítico da cidade.
- O Templo de Poseidón no cabo Sunión (c. 449 AC);
- O Templo de Apolo Epicurio en Basas (c. 450 AC).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- CALADO, Margarida, PAIS DA SILVA, Jorge Henrique, Dicionário de Termos da Arte e Arquitectura, Editorial Presença, Lisboa, 2005, ISBN 20130007
- KOEPF, Hans; BINDING, Günther (Überarbeitung), Bildwörterbuch der Architektur, Alfred Kröner Verlag, Stuttgart, 1999, ISBN 3-520-19403-1
- MÜLLER, Werner, VOGEL, Gunther, dtv-Atlas Baukunst; Band 1 - Allgemeiner Teil. Baugeschichte von Mesopotamien bis Byzanz, Deutscher Taschenbuch Verlag, München, 2002, ISBN 3-423-03020-8
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Templo grego |